Pasar al contenido principal

Eclipse Xolar. Unha oportunidade única?. Charla informativa

Eclipse Xolar. Unha oportunidade única?. Charla informativa

Fecha:

11 / 06 / 2026

Categorías:

Casas de Cultura
Cultura
Turismo

Etiquetas:

O xoves 11 de xuño, ás 19:30 h, terá lugar no edificio Bitácora, no Ézaro, unha charla informativa sobre o eclipse solar que viviremos este verán.

Óscar Blanco Varela, Director do Centro astronómico Trevinca, astrofotógrafo, monitor Starlight e cazador de eclipses, contaranos como debemos prepararnos para vivir este fenómeno natural que terá lugar o vindeiro 12 de agosto.

Recomendamos  á cidadanía que acuda a esta charla, xa que convén estar preparado para vivir unha eclipse, coñecer os riscos e recomendacións a seguir, saber atopar unha boa ubicación para poder desfrutalo con seguridade,...

O acceso será libre ata completar aforo