Pasar al contenido principal

ROSALÍA PEQUENIÑA. Concerto de Uxía Senlle

Miniatura Noticia

Fecha:

22 / 08 / 2013

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
ézaro
casas culturais
música
O vindeiro martes, 27 de agosto, coincidindo co paso de La Vuelta ciclista polo Ézaro, celebrarase un concerto na Casa Cultural.

Ás 20.00 horas, poderemos asistir ó concerto no que Uxía Senlle nos agasalla con adaptacións á música máis actual dos versos de Rosalía de Castro, no 150º aniversario da publicación de Cantares gallegos.

A ritmo de blues, muiñeira ou rock, poderemos gozar dun concerto divertido con alta calidade artística e aprender cancións en galego para cantarmos xuntos

Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Despois do concerto, de 23.00 a 00.30 horas, poderemos contemplar a iluminación da Fervenza do Ézaro.

Non volo perdades!  Agardámosvos!