Pasar al contenido principal

#DumbríaEntreLiñas: Libros e bibliotecas queimadas

Miniatura Noticia

Fecha:

12 / 06 / 2017

Categorías:

Etiquetas:

bibliotecas quemadas
club de lectura
Dumbriaentreliñas
fuego
hogueras de libros
libros
libros quemados
quema de libros
 “[…] el fuego destruye todo, libros incluidos, pero nunca puede destruir los sentimientos, el saber y la Memoria”. Mempo Giardinelli


No mes de San Xoán imos dedicar esta sesión do club lector ós libros e ó lume, os libros queimados, ás bibliotecas queimadas e censuradas, ás fogueiras de libros, a autores en chamas, e a grandes libros flamígeros dos últimos tempos. 


Que os libros atraen ao lume é a conclusión á que pode chegarse ao estudar a historia da desaparición das bibliotecas. A lista de bibliotecas destruídas polas chamas é enorme e, como nos bosques, un tipo especial de piromanía foi causante destes incendios. E é que unha característica común do fanatismo foi o desprezo polos libros. Na súa loita contra o coñecemento, os fanáticos axudáronse dunha ferramenta eficaz: o lume

Pequena introducción sobre a Festa de San Xoán 

A  Festa de San Xoán celébrase o día 24 de xuño, dando comezo a vésperas da mesma. A relación desta celebración con elementos coma o lume, a auga e as plantas foi dende fai moito tempo un motivo apaixoante de curiosidade e investigación para cantos se preocupan polo estudo do home, das súas crenzas e da cultura en xeral.  O elemento máis característico destas festas son as cacharelas de San Xoán. Na tarde  da véspera do día 24, os mozos e mozas de cada aldea de cada aldea e de cada barrio amontoan leña, toxo, xestas, piornos, nun lugar céntrico do pobo, se é posible nunha encrucillada de tránsito de persoas e animais. O máis importante de todo, contan na parroquia de Olveira (A Coruña),  é coller a cabeza dun animal e cravala na punta dun pau de loureiro ben alto, e amorear a leña da cacharela arredor.  Ao anoitecer, cando xa toda a xente do lugar se atopa arredor da cacharela, préndeselle lume, e todos corren arredor danzando e en canto se consume o suficiente, terminar saltando enriba das últimas chamas. Nalgún lugar, coma na parroquia de Toba (A Coruña), se di cando se salta:


“Salto por encima
del fuego de San Juan
Para que non me morda
Cadela nin can,
nin bicho vivente
Que ande polo chan”.


A cacharela non se debe apagar –din en Oliveira-ata que a cabeza do  animal se volva borralla. O día seguinte antes de saír o Sol, faise pasar o gando e ás persoas por enriba dos tizóns e a borralla, que quedaron  coma restos da mesma e  recitan o  conxuro. 

Abordamos a sesión desta semana partindo de 4 puntos de vista: 

1. BIBLIOTECAS QUEIMADAS

Dende a Biblioteca do Palacio Xianyang, a primeira biblioteca da que se ten constancia que foi queimada, no 206 a.C. ata a Biblioteca Biblioteca Nacional de Irak  na que se queimaron   durante a invasión no 2003 máis dun millón de libros, pasando pola Biblioteca de Alejandría, unha das máis importantes da historia;  a Biblioteca do Congreso de EEUU,  a Biblioteca de Raglan en Gales, a Biblioteca Nacional de San Cirio, en Sofía, Bulgaria, a Biblioteca de Bosnia-Herzegovina....unha gran cantidade de lugares de culto queimados ó longo da nosa historia. A última delas, como vedes, non pasaron aínda moitos anos. 

Breve historia das Bibliotecas queimadas e censuradas http://detrasdelabiblioteca.blogspot.com.es/2016/01/breve-historia-de-bibliotecas-quemadas.html, premendo no enlace encontraredes a lista das bibliotecas queimadas



2. FOGUEIRAS e DE LIBROS


A queima de libros é a práctica, xeralmente promovida por autoridades políticas ou relixiosas, de destruír libros ou outro material escrito; está vinculada ao fanatismo ideolóxico e adoita acompañar moitos conflitos bélicos. A práctica xeralmente é pública e está motivada por obxeccións morais, políticas ou relixiosas ao material publicado. En tempos modernos, outras formas de almacenamento de información, como gravacións, discos de vinilo, CD, DVD, videocasetes e páxinas da internet, incluíronse dentro desta práctica.

Moita xente considera a práctica de queima de libros como algo ofensivo por diferentes razóns: para algúns, é unha forma de censura que os líderes políticos ou relixiosos aplican contra aqueles que se opoñen ás súas ideas. O exemplo máis famoso foi o da queima de libros durante o réxime de Hitler na Alemaña nazi acaecido na Bebelplatz de Berlín o 10 de maio de 1933. Aqueles que se opoñen á queima de libros comparan xeralmente este feito co ocorrido durante o goberno dos nazis.

Para outros, a queima pública de libros significa unha publicidade gratuíta cuxo efecto é atraer a atención sobre libros que doutra maneira quizá non chegarían a coñecerse amplamente. Por iso algunhas autoridades prefiren a destrución privada dos libros.

Queimar libros en forma premeditada indica o grao de barbarie a que pode chegar unha sociedade, como se evidenciou en diferentes momentos do século XX, algúns dos cales son evocados neste artigo. É importante rememorar os pormenores deste crime cultural agora que se cumpriron 80 anos da masiva combustión de obras escritas na Alemaña nazi e 35 anos da queima de libros en Bucaramanga por parte dun furibundo inquisidor católico que agora ocupa unha alta posición no Estado colombiano


A máis famosa Hoguera de las Vanidades aconteceu o 7 de febreiro de 1497, cando seguidores do monxe Girolamo Savonarola recolleron e queimaron en público miles de obxectos en Florencia (Italia) durante a festa do Martes de Entroido.

Esta destrución tiña como obxectivo a eliminación daqueles obxectos que se consideraban pecaminosos, obxectos de vaidade como espellos, maquillaxes, vestidos refinados e mesmo instrumentos musicais. Tamén tiña como obxectivo libros inmorais, manuscritos con cancións seculares e cadros. Entre os obxectos destruídos durante esta campaña había varias pinturas orixinais sobre temas mitológicos clásicos realizados por Sandro Botticelli, postas por el mesmo na fogueira[cita requirida].


Tales fogueiras non foron invento de Savonarola, senón que xa eran un acompañamento usual aos sermóns ao aire libre de Bernardino de Siena na primeira metade do século XV.







3. AUTORES EN CHAMAS. AUTORES QUE QUIXERON DESTRUIR A SÚA PROPIA OBRA


A destrución da literatura é algo tan antigo como a propia literatura, pero cando é o propio autor o que busca que a súa obra deixe de existir hai algo de perverso nese desexo que non chegamos a comprender ben do todo, coma se fose algo que vai en contra da natureza. Á fin e ao cabo, se como dixo Emile Cioran «un libro é un suicidio aprazado», ao destruílo o escritor destrúe tamén unha parte importante de si mesmo. Con todo, é algo sucedeu en repetidas ocasións ao longo da historia da literatura.
Virgilio, Kafka, Emily Dikinson, Saki, Mijail Bukgákov, Juan Ramón Jiménez, Nabokov; escritores que decidiron que algunha das súas obras non viran a luz

Enlace: http://lapiedradesisifo.com/2013/09/23/escritores-que-quisieron-destruir-o-que-destruyeron-su-propia-obra/

4. UN LIBRO FLAMÍGERO





Fahrenheit 451 é unha novela distópica, publicada en 1953 polo escritor estadounidense Ray Bradbury. O título fai referencia á temperatura na escala de Fahrenheit (°F) á que o papel dos libros se inflama e arde, equivalente a 232,8 ºC. A película homónima de 1966, baseada na devandita novela, foi dirixida por François Truffaut.

A trama vira ao redor de Montag, un bombeiro encargado de queimar os libros por orde do goberno. Todo cambia cando coñece a Clarisse, unha moza que lle xera dúbidas sobre a súa felicidade, e o amor pola súa esposa.

Resumo: http://www.shmoop.com/fahrenheit-451-en-espanol/resumen.html

Booktuberhttps://www.youtube.com/watch?v=UMIA7a2g-7A

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=w0PwQOr53SA