Pasar al contenido principal

23 de xuño: noite de maxia

Miniatura Noticia

Fecha:

23 / 06 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

Dumbría
rituales
sanjuan


 
A noite máis máxica do ano estase achegando.  Unha noite especial, chea de maxia: a noite das meigas, porque "habelashainas". 

En #Dumbría haberá festa e cachelas en tódolos lugares para conmemorar
 o San Xoán, con festas en Berdeogas e Olveira  e tamén a  larada do Ézaro


Neste día  do solsticio de verán, a noite máis curta no Hemisferio Norte, encéndense grandes cacharelas sobre as cales a xente salta para purificarse, e nas que cada un "queima " todo o negativo que quere apartar da súa vida.
Son moitos os rituais que se poden levar a cabo nesta noite meiga e para aqueles que queren quedarse cun recordo do vivido e que queiran inmortalizar o momento, e tratándose dunha das noites máis fotoxénicas do ano, deixámosvos algúns consellos para fotografar as cacharelas da man dos expertos Naturpixel.com:

1. Decide o lugarbaralla as túas posibilidades e escolle cal encaixará mellor na túa reportaxe fotográfica.


2. Planifícate: Pensa que forma lle queres dar á túa serie de fotos, como queres contalo a través de imaxes.


3. Vai con antelación. Non esperes ata que chegue a noite. Vai con tempo para coñecer o terreo, coller sitio e fotografar a evolución da festa. Tal vez encontres bos motivos fotográficos antes de que acendan o lume que che axudarán a contar mellor a túa historia, á vez que terás máis material para que a túa reportaxe fotográfica sexa máis completa.


4. Non te obsesións co flash. En fotos concretas pódelle dar un toque, mesmo podes usalo para facer fotos creativas coa cortina traseira, pero non esquezas que o suxeito principal da noite é o lume, e deixa que sexa o que ilumine a escena. Sube un pouco o ISO se fai falta, aprende a facer fotos escuras, e busca eses pequenos espazos iluminados con esa pouquiña luz cálida. Tamén podes subexpoñer un pouco, para que o lume colla ese toque alaranxado-avermellado en lugar de quedar branco.


5. Busca siluetas. É o que máis doado vas  atopaar cando a xente estea a rodear o lume. De tódolos xeitos, procura estar atento en momentos decisivos e non fotografar siluetas porque si. Primeiro observa, despois decide e finalmente dispara.


6. Busca diferentes encadres. Fai fotos xerais, despois busca detalles, cámbiate de lugar, mestúrate coa xente... fai que as túas fotos sexan o máis variadas posibles, mira coa mentalidade de coleccionar instantes coa túa cámara para logralo.


7. Arríscate. Confía na túa creatividade, observa moito, e finalmente seguro que encontras puntos de vista que só se che ocorreu a ti. Así é como conseguirás que as túas fotos sexan especiais.





E ...cales son os teus trucos para sacar unhas fotos 


inesquecibles nas cacharelas de San Xoán? #SanJuan2015

Podedes subir as vosas fotos ás nosas redes