BUXANTES CALIDADE

Nace no entroido de 2005 da man dun grupo de rapaces, rapazas, nais e pais de Buxantes, ó que despois se van unindo veciños/as doutras parroquias.
Dende este espazo queremos recoñecer os grandes momentos que nos deron durante estes anos, tanto no Entroido de Dumbría coma nos doutros concellos da contorna, e recoñecer todo o traballo e esforzo que cada un dos seus integrantes e as súas familias poñen nisto día a día: ensaios, coreografías, vestiario, maquillaxe; horas e horas de adicación para deleitarnos cun espectáculo digno de representarse no mellor dos escenarios.
Parabéns, e que nos sigades sorprendendo e emocionando #BUXANTESCALIDADE