Clases de gaita


O Concello de Dumbría en colaboración coa Asociación de Veciños Marco do Couto ofrece este ano unha nova actividade cultural: clases de gaita.
Será gratuíta para tódolos veciños/as de Dumbría que queiran iniciarse neste instrumento ou integrarse no grupo de gaitas xa existente.
As clases serán en Buxantes, nun principio os sábados. Podes inscribirte nas Oficinas Municipais,
Teléfono: 981 744 001 e nas Casas Culturais ata 0 15 de decembro.
O grupo Gaiteiros de Buxantes está composto por máis de 20 persoas que manteñen viva a tradición e o folclore no noso concello.
Para as persoas todo son é importante; e cando ese son é musica tradicional coa que pode experimentar sentimentos e emocións coas que se sinte identificado, fai que sexa aínda máis especial.
O son dunha gaita ou dunha pandeireta; a música tradicional que nunca debemos esquencer.