Apps para aprender inglés

No Concello de Dumbría impartimos clases de inglés en tódolos centros culturais. Están dirixidas a nenos/as e pretenden ser unha ferramenta de apoio educativo e de reforzo da aprendizaxe do idioma.
Pero os pais e nais tamén temos un papel moi importante nesa aprendizaxe e podemos facilitarlles ferramentas para que esta se produza dun xeito fluído e natural.
Desde a configuración do televisor para ver as películas en versión orixinal ou os debuxos animados en inglés (Clan in English) ata as aplicacións para móbiles que se poden descargar de maneira gratuíta nos móbiles ou tablets. O uso das tabletas entre os máis pequenos estendeuse gracias á venda de dispositivos con deseños que inclúen os seus personaxes de televisión ou debuxos animados preferidos.
Os verbos, as cores, os números, o abecedario e ata a pronunciación, son aspectos que os nenos poden aprender de maneira natural en inglés a través das aplicacións.
Pili Pop é unha app dirixida a nenos/as a partir de 6 anos. Mediante un sistema de recoñecemento de voz, esta aplicación avalía a pronunciación dos pequenos e axúdalles a perfeccionala. Dispón de xogos ambientados en diferentes países para traballar distintos conceptos e mellorar a comprensión .
Wood Puzzles Collection combina o xogo coa aprendizaxe, neste caso de novas palabras. Os crebacabezas son o medio elixido para descubrir dun modo intuitivo os nomes de letras, animais, profesións, ou medios de transporte.
Os libros para nenos/as MeeGenius son contos en inglés para pais, nais e fillos/as, onde se lles pode ler os contos e, de paso, mellorar o seu dominio do idioma. A app está dirixida a nenos/as de 0 a 8 anos e os contos teñen ilustracións coloridas, textos sinxelos e palabras destacadas.
Outra opción é Playtales Gold con contos clásicos e personaxes actuais como Pocoyó.
CandyCount céntrase nas cores e nos números, dous conceptos básicos cos que poden aprender inglés. O seu principal atractivo reside en que para aprender, recurren a caramelos... Así eles gozan dos doces sen consumilos nin mancharse.
Colouring Book é unha app composta por debuxos que os nenos/as han de colorear.