Juan Louro fainos entrega dunha fotografía da colección Ao Cabo

O fotógrafo local Juan Louro, do Ézaro, fixo entrega ó Concello de Dumbría dunha foto pertencente á colección itinerante Ao Cabo (2012) como agradecemento á colaboración do Concello na posta en marcha desta colección.
A Expoción fotográfica aborda a situación actual da frota pesqueira da Costa da Morte e está a percorrer distintas cidades do mundo.
Arrancou a súa andaina no Outono Fotográfico 2012, no Museo Municipal de Ourense, viaxou logo ó Pazo de Dom Manuel, en Évora(Portugal) e, máis tarde, recalou na vila francesa de Millau, Midi-Pyrénées.
Juan leva retratando o Concello de Dumbría e a Costa da Morte dende fai moitos anos. Podedes ver algunhas instantáneas no seu blog : ezaroenfotos.blogspot.com.
![]() |
Foto: Lúa Louro |
Podedes ver a foto desta colección na Oficina de Información Turística do Ézaro.
A imaxe, retrata os restos dun barco situado na zona da Corbeira (O Ézaro), na desembocadura do Xallas e a uns metros da fervenza.
Moitas gracias Juan!!