LETRAS GALEGAS 2013: actividades

Este ano o día das Letras adícase a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor de teatro español (Santiago de Compostela 1950 - Santiago de Compostela 2002). Podedes consultar algunhas das súas obras máis importantes nas nosas Bibliotecas.
Ó longo da vindeira semana os nenos e nenas de Dumbría poderán participar en actividades de animación á lectura que se desenvolverán en tódas casas culturais do concello para celebrar o día das Letras Galegas 2013.
Sesións de contacontos e diferentes manualidades entre as que se inclúen a creación dun móbil de letras para decorar as vosas habitacións: podedes crear o nome que queirades!
Aquí vos deixamos o cartel das actividades