Pasar al contenido principal

Ler para ser libres: as nosas bibliotecas

Miniatura Noticia

Fecha:

23 / 04 / 2013

Categorías:

Etiquetas:

biblioteca
casas culturais
dia do libro
libros
         Libros, camiños e días dan ó home sabiduría 
(proverbio árabe)

O día 23 de abril celébrase cada ano o día do libro e os dereitos de autor. Elixiuse este día por coincidir coa data do pasamento dos escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, alá polo ano 1616.

Queremos amosarvos neste día a Biblioteca e as Axencias de Lectura do Concello de Dumbría, uns espazos que nos adentran non só no mundo dos libros senón que tamén son un acceso á cultura, á información e ó saber.

Dumbría ten unha Biblioteca Municipal que está situada no Ézaro e catro Axencias de Lectura que están situadas nas Casas de Cultura de Berdeogas, Olveira e Buxantes, e nas instalacións do Conco - Dumbría. 

Os servizos que ofrecen cada unha delas son:


  • Lectura en sala e sala de estudo.
  • Préstamo a domicilio.
  • Acceso a internet, aula de informática e impresora.
  • Axuda nas buscas de información
  • Ademais das actividades que nelas se ofertan regularmente (animación á lectura, apoio escolar, inglés, informática,...)

Para consultar que libros temos nas Bibliotecas, podédelo facer dende a casa, entrando no noso Blogue  (dumbriaecultura.blogspot.com) e despois pinchando na sección Bibliotecas. Unha vez dentro, accededes ó CATÁLOGO e abonda con saber o título ou o autor para buscar a  obra.
Unha vez localizada, só tedes que  achegarvos á Biblioteca e solicita-lo seu préstamo.
Se non está na biblioteca da vosa parroquia, pero si noutra do concello, facémosvolo chegar nun plis-plas. 

As bibliotecas do concello posúen máis de 20000 libros e 50 ordenadores para acceder tanto a coleccións dixitais coma a outra información de interese. No ano 2011 preto de 8000 visitas  á Biblioteca demostran a gran  importancia dun punto de acceso á información nun entorno rural coma Dumbría.

Nesta semana do libro recordarvos que podedes trocar os vosos libros no punto que encontraredes na Biblioteca "Libros libres: Troco de libros". 
Desta maneira os libros que non usedes teñen unha nova vida e serán libros para facer rir, chorar, soñar e vivir a outras persoas.


Ler para divertirse, para entreterse, para informarse ou aprender; nos libros, nos cadernos do colexio, nos xornais, nas revistas, nos ordenadores, na tablet ou no teléfono: 
LER PARA SER LIBRES