Pasar al contenido principal

Dumbría é teatro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia

Fecha:

03 / 12 / 2012

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
casas culturais
infantil
maxia
teatro
Comezamos as nosas xornadas culturais de decembro falando do teatro e da maxia  que teremos no concello nos vindeiros días. 


A Compañía TI MÁIS EU TEATRO representará " A bruxiña da sorte" na Casa de Cultura de Buxantes o día 6 de decembro ás 12 da mañá. O espectáculo está dirixido ós máis pequenos e consitirá nunha representación con marionetas no que unha bruxa "boa" fará que se cumpran os desexos de todos. 



Ó día seguinte, o 7 de decembro, teremos unha sesión de maxia con GRANPEDRINI E O MAGO DA BOINA  na Casa de Cultura de BerdeogasÉ unha función para tódolos públicos cuxo título, "Tempo de maxia", se representará ás 7 da tarde


No Centro Cultural de Ézaro terá lugar a actuación do mítico grupo da Costa da Morte TALÍA TEATRO, baixo a dirección do artista local Artur Trillo  co seu espectáculo "Pelos na lingua"; obra que foi galardoada cos premios María Casares e Max ó mellor texto teatral en galego. A historia encadea unha serie de gags que convidan a reflexionar, con retranca e ironía, sobre os ataques que sofre a lingua e as situacións tan incribles que vive ésta. A cita é o día 8 ás 7:30  da tarde.


Será a mesma compañía ( TALÍA TEATRO) quen cerrará as actuacións teatrais da ponte de decembro coa súa nova produción "O método Grönholm" obra que comeza na sala de reunións dunha empresa  multinacional na que comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante. Todos eles foron convocados a unha última proba na que a empresa decidirá quen dos catro é o elexido para o posto. Non vos perdades esta importante cita, será no Centro Cultural de Olveira o día 9 de decembro ás 7 da tarde.

Cara finais de mes, o día 22 de decembro ás 6 da tarde, terá lugar a representación da obra "O señor das dunas", espectáculo incluído no programa FalaRedes da SX de Política Lingüística; nas instalacións do Conco en Dumbría ás 6 da tarde. Cunha duración de 50 minutos, a actuación componse dunha sucesión de contos ilustrados con debuxos en area proxectados  nunha pantalla.  

  



 Xa para rematar, e unido coa celebración da FESTA INFANTIL DE NADAL, nas instalacións do Conco en Dumbría o día 28 de decembro ás 14:30 da tarde, TALÍA TEATRO porá en escena a sua obra "Pequena", comedia infantil que fala das grandes pequenas e grandes pequenos que poden cambiar o mundo ó seu xeito.