GALEGO DE CINE

O sábado, 9 de xuño, ás 10.30 h chegará ás instalacións do Conco a caravana de Galego de Cine.
Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos e as nenas participantes chegarán a construír o seu propio conto. Isto completarase cun vídeo-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.
METODOLOXÍA:
Duración de 3 horas
- Visión do filme.
- Actividade de comprensión do filme.
- Confección dun conto orixinal.
- Fase de vídeo-matón.Para participar é preciso cubrir unha ficha de inscrición e entregala no Concello antes do 7 de xuño.