⚠ AVISO ⚠

ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO - SEMANA SANTA 2019
Para que a Fervenza do Ézaro sexa accesible para todo tipo de visitantes é preciso construir unha pasarela que evite ter que empregar as escaleiras actuais.
Como este ano, 2019, vaise levar a cabo a construcción da pasarela accesible NON haberá iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro en Semana Santa para poder garantir a seguridade dos usuarios.
Unha obra necesaria para todos, que implicará un cambio en relación ao evento de iluminación este ano, pero que suporá un antes e un despois para todos e cada un de vós.
#DumbríaéTurismo #DumbríaAccesible