📕🖋#DumbrÃaNaHistoria. A lingua galega no Concello de DumbrÃa

Sabes cando se escribiu a primeira acta de sesión do Pleno municipal de DumbrÃa en lingua galega?
O galego é a lingua vehicular por antonomasia dentro da casa do concello de DumbrÃa, ao igual ca en todo o territorio municipal.
Para o conxunto da veciñanza é algo normalizado facer as súas xestións, ou tramitar calquera documentación, en lingua galega.
No que ao falar se refire, esta situación non é nova no Concello. Hai ben tempo que isto é asÃ...na fala. Caso distinto é na escrita.
A algúns puidéralles parecer, por exemplo, que as actas de sesión do Pleno municipal se escriben en lingua galega desde sempre, posto que os nosos concelleiros eran galegofalantes.
Pero non é asÃ. En realidade fai apenas trinta e un anos que isto ocorre.
O 1 de marzo de 1990 redactábase por primeira vez en lingua galega unha acta de sesión do Pleno Municipal en DumbrÃa.
Naquel Pleno extraordinario, presidido por José Manuel Pequeño, como alcalde, e ao que asistÃan como concelleiros Ovidio Trillo, Marcos Puente, Jesús RodrÃguez M., ElÃas Edreira, Domingo Alvela, JoaquÃn González, Evaristo Lema, Jesús RodrÃguez L., José Mª RodrÃguez, JoaquÃn RodrÃguez, Modesto Senra e Josefa Toba; abordábase o Plan Provincial de Obras e Servizos para o ano 1990, a través do cal se farÃan melloras en distintos camiños e prazas das parroquias dumbriesas.
A modo de curiosidade, contareivos que o que redactaba esta acta era un Secretario de fóra de Galicia, un estremeño, Eduardo González, que ocupou ese cargo neste Concello ata finais do ano 1995 e ao que moitos/as veciños e veciñas recordaredes.
Eduardo escribiu aquel documento nun máis ca correcto galego para aqueles tempos, empregando, por exemplo, a segunda forma do artigo mellor do que moitos oriúndos do paÃs conseguiron facelo nunca.
Contábame estes dÃas Montse, auxiliar administrativa deste Concello, que naqueles anos se anotaran os dous a todos cantos cursos de galego atoparon.
O 17 de maio, celebramos o DÃa das Letras Galegas. Esta conmemoración naceu, en 1963, desde a RAG, como a data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Todos, aÃnda que non nos dediquemos ao mundo literario, á escrita, podemos contribuÃr a que a lingua galega perdure e medre. E, por suposto, as administracións tamén teñen moito que aportar neste senso.
Normalizar o uso da lingua galega, tanto na fala coma na escrita, dentro das administracións debe ser, ao meu entender, tarefa diaria.
Recentemente cumpridos trinta e un anos desa primeira acta de sesión escrita integramente en lingua galega, deséxovos a todos e todas un saudable e feliz dÃa das Letras Galegas.
Ana Casais. Técnica de Cultura do Concello de DumbrÃa.