Pasar al contenido principal

NADAL 2024_2025

NADAL 2024_2025

Fecha:

11 / 12 / 2024

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

activida
cultura
festa
maxia
música
nadal
títeres
xogos

🎄NADAL 2024/25🎄

📫Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.

·

🎅Do 13 ao 19 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas 5 aulas de informática, de 16 a 20 h.

E, neses mesmos días, de 18 a 19 h, teremos obradoiros infantís de manulidades de Nadal en madeira con Muxiarte. (Consultade cartel).

·

🎉O luns 23, gran Festa Infantil de Nadal no Conco, con xogos, música, manualidades, pintacaras, chapas, globoflexia, fotomatón, visita de Papá Noel, xantar, transporte,... e con The Show Moscón, (Duende Sico) e Notas de cores (Garabatos).

Estes dous últimos, cofinanciados a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

❗️Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.

Podes descargar aquí a solicitude⬇️

https://drive.google.com/file/d/1lN-SMLrUSUz2BCRagbefLetr29SiwgYG/view?usp=drive_link

·

🎨🧑‍🍳👩‍🍳 Nestas semanas de Nadal as casas culturais de Olveira, Berdeogas, Buxantes e O Ézaro abrirán de 10 a 14 h e O Conco farao polas tardes, de 16 a 20 h.

Alí, a rapazada poderá participar en obradoiros de manualidades, cociña, xogos de mesa, e outros moitos divertimentos.

·

🎼🎭🎩 As tardes de vacacións escolares, ás 18:30 h, teremos actuacións de maxia, títeres e novo circo en todas as Casas Culturais.

·

👑 E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

#DumbríaéCultura #Nadal #Nadal2024 #RedeCultural #culturadadeputaciondacoruna