Pasar al contenido principal

#Dumbríaé, o concurso fotográfico para poñer en valor a identidade de Dumbría

cartel do concurso de fotografía #Dumbríaé do 2025

Fecha:

30 / 07 / 2025

Categorías:

Actividades Municipais
Camiño de Santiago
Cultura
Deporte
Eventos culturais
Eventos deportivos
Infancia e Mocidade
Recursos naturais
Territorio Vákner
Turismo
Vákner
Veciñanza

Etiquetas:

 

Amosa o mellor de Dumbría a través da túa cámara!

Atención a todos os amantes da fotografía! 📸 O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ 
Queremos ver o mellor de Dumbría a través da túa lente! Participa e amosa o que fai do noso lugar algo único: natureza, festividades, cultura, gastronomía, deporte, camiño, restauración, arte e moito máis!

Desde o 2011, #Dumbríaé converteuse nun símbolo de identidade local, un movemento de etiquetado social presente en fotos, vídeos e actividades nas distintas áreas que abrangue o concello: #DumbríaéDeporte, #DumbríaéTurismo, #DumbríaéCultura,
#DumbríaéNatureza, #DumbríaéHistoria, #DumbríaéCamiño...

A proposta busca recoller imaxes auténticas e xenuínas que reflictan a riqueza do territorio: paisaxes naturais, festas, tradicións, cultura, gastronomía, Camiño de Santiago, escenas cotiás ou actividades deportivas do concello. As fotografías poden ser antigas ou recentes, tomadas de día ou de noite, sempre que representen algunha faciana do municipio de Dumbría.

 


🗓️ Data límite: 30 de setembro de 2025.
🎁 Premios: 12 bonos de 100 € para gastar en establecementos locais
📍 Participación: Entra na web https://dumbria.gal/concurso-de-fotografiae onde están as BASES COMPLETAS DO CONCURSO Ee o FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN 


👉 Cada participante pode enviar un máximo de 5 fotos 
Esperamos as túas mellores fotografías! 📸
+info:  https://dumbria.gal/concurso-de-fotografiae 

 


#Dumbríaé #DumbríaéCultura #DumbríaéTurismo #DumbríaéDeporte #DumbríaéNatureza #DumbríaéPatrimonio #DumbríaéCamiño #Dumbría #ConcursoFotografía #PatrimonioDumbría #CulturaLocal #Fotografía #concurso #costadamorte #fotografía #galicia #españa #vákner #territoriovakner #caminodesantiago #buencamino #dumbríaé