Pasar al contenido principal

O Mar de Ardora na Praia do Ézaro, en Dumbría

mar de ardora na praia do ézaro en Dumbría

Fecha:

26 / 08 / 2025

Categorías:

Recursos naturais
Turismo

Etiquetas:

Mar de ardora na praia do Ézaro, Dumbría.
Posta da lúa no mar
Máxico.
Co Monte Pindo, as illas Lobeiras, ou Fisterra ao fondo. Baixo un ceo cuberto de estrelas
Basilio Bello agosto de 2024 na Praia do Ézaro

Na Costa da Morte puidemos disfrutar neste mes de agosto de novo da preciosidade do Mar de Ardora e das Perseidas, e volvemos a compartir este video do verán pasado no areal do Ézaro, en Dumbría.

Ver en Youtube 

O Mar de Ardora é un fenómeno natural producido polas algas. Un fenómeno máis propenso a producirse no verán. Para que se dea son varios os factores que inflúen: a estabilidade do mar, a estabilidade meteorolóxica, os ventos e as correntes. De feito, non sempre ten lugar nas mesmas praias.

No caso de querer ir velo é importante cando se visiten as praias de noite que non se lles engada unha maior presión medioambiental a un ecosistema virxe, que é tan fráxil.

Que se debe facer? Estacionar nos lugares habilitados, deixar ás aves tranquilas (pois é o seu momento de descanso) e non deixar lixo na praia.

Que NON debes facer? Subirse ás zonas dunares xa que é un lugar de anidamento das aves, nin tampouco levar cans ás praias que non o permitan en horario diúrno.


#DumbríaéTurismo #Dumbríaé
#Dumbría #Ézaro #DumbríaéNatureza #mardeardora #mar #luz #costadamorte #galicia #dumbriaparati #Dumbría #Ézaro #DumbríaéNatureza #mardeardora #mar #luz