Pasar al contenido principal

Dumbría: un concello cheo de tesouros. Axenda escolar curso 2025/2026

axenda dumbría un concello cheo de tesouros

Fecha:

02 / 09 / 2025

Categorías:

Cultura
Educación
Novas
Patrimonio
Veciñanza

Etiquetas:

 

Nos vindeiros días, as familias e o alumnado de Dumbría,  recibiredes nas vosas casas un pequeno agasallo: unha axenda escolar para este vindeiro curso 2025/2026 que preparamos con moito agarimo dende o Concello de Dumbría.

Non é unha axenda calquera: nela poderedes organizar as tarefas, exames, datas importantes e todo o que precisades para
levar o curso con orde e ilusión.
Pero esta axenda tamén garda un segredo especial: é un mapa de tesouros do noso
Concello.  Cada mes descubriredes un recuncho único de Dumbría, acompañado dunha
pequena historia ou lenda, e dun reto para compartir coa vosa familia. Así, ao mesmo tempo
que avanzades nos estudos, iredes coñecendo mellor a riqueza cultural, natural e humana
do lugar no que vivimos.


Agardamos  que as familias desfrutedes destas páxinas tanto coma os rapaces, e que a axenda
vos sirva para compartir paseos, conversas e aprendizaxes.


Desexámosvos un curso cheo de esforzo, ilusión e momentos felices!

#educación #dumbría #axendaescolar

Galería de imágenes