Pasar al contenido principal

FESTIVAL ESCENA MULLER #FEM2025

FEM 2025

Fecha:

10 / 10 / 2025

Categorías:

Actividades Municipais
Cultura
Eventos culturais

Etiquetas:

FEM 2025 chega á Costa da Morte con teatro, memoria e cultura en feminino

 

A quinta edición de FEM – Festival Escena Muller celébrase este ano  na Costa da Morte, cunha programación que aposta pola creación en feminino, a memoria das mulleres e a cultura como ferramenta de transformación social. O festival desenvolverase nos concellos de Camariñas, Dumbría e Vimianzo ao longo do mes de outubro.

A programación inclúe espectáculos escénicos, accións de rúa, obradoiros comunitarios, funcións escolares, regueifas, conversas e unha exposición comisariada polo Museo do Pobo Galego.

FEM 2025 está impulsado pola compañía aAntena Teatro, baixo a dirección de Xosé Leis e Bernardino Martínez, e conta co apoio da Deputación da Coruña, que fai posible a súa implementación nos espazos rurais da provincia.

 

Un festival con perspectiva, impacto e raíces

FEM naceu como espazo de visibilización das mulleres creadoras e consolidouse como proxecto cultural e social de referencia en Galicia, con foco na igualdade, a creación contemporánea e a conexión co territorio.

Esta edición aposta pola Costa da Morte como escenario vivo, recoñecendo o potencial cultural de concellos como Camariñas, Dumbría e Vimianzo, e a súa relación histórica co saber popular, a palabra e a resistencia das mulleres.

 

Exposición central: “Coreografías do facer”

Un dos actos máis destacados da edición será a exposición Coreografías do facer. Imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen, comisariada polo Museo do Pobo Galego, que poderá visitarse durante todo o mes de outubro no Albergue Municipal do Conco (Dumbría).

A mostra reúne fotografías documentais tomadas entre 1965 e 1968, que capturan o traballo cotián, os xestos e os vínculos das mulleres galegas do rural, convertendo o corpo e a transmisión en patrimonio cultural.

 

PROGRAMACIÓN NO CONCELLO DE DUMBRÍA:

  • Todo o mes de outubro. Albergue do Conco - Dumbría: Exposición “Coreografías do facer” – Museo do Pobo Galego
  • Domingo 12 outubro. 13:00 h. O Ézaro. Paseo marítimo: Regueifa no Ézaro – Lupe Blanco
  • Domingo 12 outubro. 20:30 h. O Ézaro. Edificio Bitácora: Golpes – Estíbaliz Veiga (teatro documento)
  • Xoves 16 e 23 outubro. 18:00 h. Casa Cultural de Berdeogas: Tecendo Fíos Femininos – Noelia Darriba
  • Venres 17 outubro. 20:00 h. Casa Cultural de Berdeogas: Bailan as vellas – Vero Rilo e Atenea García (oralidade)

Galería de imágenes