Pasar al contenido principal

OS ECOS DO ÉZARO: ILUMINACIÓN DA FERVENZA DO ÉZARO 2025

iluminación da fervenza do ézaro 2025

Fecha:

07 / 07 / 2025

Categorías:

Turismo

Etiquetas:

A Fervenza do Ézaro (Dumbría) convértese este verán no escenario do innovador espectáculo nocturno de luz, son e narración visual O Eco do Ézaro, unha experiencia inmersiva que une patrimonio natural, tecnoloxía e mitoloxía galega.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o público poderá gozar deste evento gratuíto que transforma a fervenza nun escenario vivo, onde a lenda e a paisaxe se funden para dar vida a unha historia ancestral. Un relato visual entre a auga, o mito e o Camiño.

Cartel e programación do espectáculo 'O Eco do Ézaro' 

O Eco do Ézaro é unha viaxe simbólica e sensorial que parte das raíces culturais de Galicia e dialoga co presente a través da arte dixital. A historia toma como fío condutor a figura da Raíña Lupa, un personaxe da mitoloxía galaica asociada ao Camiño de Santiago e ao antigo Fin do Mundo atlántico.

Espectáculo inaugural de 'O Eco do Ézaro' / Concello de Dumbría

Ao longo das escenas animadas, a narrativa explora a transformación desta figura lendaria: desde a súa posición como gardiá misteriosa e desafiante ata a súa redención e alianza cos primeiros peregrinos. A través de luces láser, proxeccións sobre a auga, efectos sonoros e música orixinal, o espectáculo recrea episodios como o nacemento da fervenza, a proba dos camiñantes, o encontro do pagán e o sagrado, ou o renacemento da harmonía ao pé do océano.

A escenografía natural que rodea a caída do río Xallas na Fervenza do Ézaro, única en Europa por desembocar directamente no mar con este caudal de maneira ininterrompida, convértese nun lenzo máxico onde o público é testemuña dun rito contemporáneo que resoa coas tradicións da espiritualidade, a natureza e a identidade galega.

 

Fervenza do Ézaro iluminada / Concello de Dumbría

Dende ás 22:30 ata ás 00:30h dende o 5 de xullo do 2025 ao 20 de setembro, venres e sábado e víspera de festivos.

Acceso de balde

O espectáculo comezou o pasado sábado, día 5, e poderá contemplarse os días 11, 12, 18, 19, 24, 25 e 26 de xullo; o 1, 2, 8, 9, 14, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de agosto; e o 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de setembro, de 22.30 a 00.30 horas. Cada pase dura 15 minutos e repítese en bucle durante unha hora, con narración en tres idiomas (galego, castelán e inglés), para facilitar a súa accesibilidade ao público. O acceso é gratuíto.

Galería de imágenes