Debido á previsión meterolóxica de mañá, o Concello de Dumbría vese na obriga de pospoñer a celebración do Entroido prevista para este domingo 3 de marzo.
A NOVA CITA:
DOMINGO 10 DE MARZO.
NON FALTES!!!
Entroido de Dumbría, deus nos dea HUMOR!!.
+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros
e Actividades nas Bibliotecas 2019
Dende o Concello de Dumbría, continuando na liña de promoción e dinamización cultural no que vimos traballando desde fai décadas, achegamos un ano máis á veciñanza o programa + Q Libros.
Dende o 20 de abril ata o 17 de maio, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes espazos públicos dende outra perspectiva.
Durante estes días poderás participar de espectáculos de títeres, maxia e música tradicional, dunha solta de libros e de obradoiros de cociña e maxia.
As bibliotecas en Dumbría son +Q libros.
PROGRAMA
> 20 abril
17:30 h
Instalacións do Conco - Dumbría.
Maxia.
Espectáculo e obradoiros de maxia para nenos/as.
Entrada de balde.
> 23 abril
Casas Culturais, Centro médico e Albergues do concello de Dumbría..
Solta de libros.
Dentro da iniciativa Libros Libres da Deputación da Coruña, celebraremos o Día do Libro, co agasallo simultáneo de libros en diferentes espazos municipais:
Centros de saúde ás 11:00 h.
Albergues municipais e Casas Culturais ás 18:00 h.
Benvido/a ás xornadas de obradoiros e actividades nas bibliotecas do Concello de Dumbría.
Dende o 21 de abril ata o 19 de maio durante tódolos sábados, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes marabillosos espazos públicos dende outra perspectiva.
Durante estes días poderás participar de espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades.
As bibliotecas en Dumbría son +Q libros.
PROGRAMA
> 21 abril
17:30 h
Instalacións do Conco - Dumbría.
Títeres: A Festa de Barriga Verde. Espectáculo de títeres para nenos.
> 28 abril
17:30 h
Casa Cultural de Buxantes.
Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 26 abril
> 5 maio
17:30 h
Casa Cultural de Berdeogas
Maxia: Apren-Deimi.
Obradoiro de maxia + actuación.
No obradoiro poñeranse en práctica xogos como: desaparición de moeda en vaso, ilusións con gomas elásticas, aparición e desaparición de moedas en panos, corda estragada e recomposta…
Número de maxia que abarca: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello, maxia con lume, levitacións, mentalismo, .... Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.
Obradoiro en colaboración enmarcado no programa Cultura no Camiño 2018.
> 12 maio
17:30 h
Casa Cultural de Olveira
Obradoiro infantil de manualidades. Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 10 maio.
> 19 maio
17:30 h
Edificio Bitácora - O Ézaro
Títeres: Redoblante e Meñique. Conta o titiriteiro a historia do sabichoso Meñique, un neno tan pequecho que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba aos magos, xigantes e maleficios. O público é participe do espectáculo e o final.
O vindeiro xoves, 21 de xuño ás 20:00 h., terá lugar nas instalacións municipais do Conco a presentación da exposición fotográfica Reflexos de Dumbría.
Trátase dunha pequena recopilación das moitas imaxes que Santiago Garrido, xornalista de La Voz de Galicia, ten feito do noso concello.
A través destas fotografías, Santiago, ben seguro, vainos sorprender e descubrir recunchos da nosa terra descoñecidos para moitos.
Vainos sorprender con reflexos da Dumbría máis coñecida e tamén nos descubrirá unha gran descoñecida, amosándonola tal e como é, sen adornos nin filigranas, natural.
A exposición poderase visitar no Conco ao longo do verán.
Estades todas e todos convidadas/os á presentación, na que intervirán Santiago Garrido, autor das imaxes, e José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría.
Dumbría conmemora o 𝒔𝒂́𝒃𝒂𝒅𝒐 23 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐 𝒏𝒐 𝑬́𝒛𝒂𝒓𝒐 o centenario do paso de Ruth Matilda Anderson por Galicia.
Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, viaxou a España e á Costa da Morte fai un século. Esta viaxe levouna a coñecer e fotografar xentes, lugares e oficios do noso concello, conformando así unha importante memoria que chega ata os nosos días.
Por iso, desde Concello de Dumbría queremos conmemorar esta data e poñer en valor o importantísimo e minucioso labor realizado por Anderson.
Esta xornada quere, tamén, botar unha ollada á nosa historia, reivindicando o importante papel da muller galega na construción da sociedade que hoxe coñecemos.
Unha xornada na que, ao longo de todo o día, diferentes profesionais e a propia veciñanza tomarán o relevo de Ruth Matilda para rememorar a Dumbría do primeiro terzo do século pasado.
Participantes:
𝑨𝒍𝒃𝒂 𝑹𝒐𝒅𝒓𝒊́𝒈𝒖𝒆𝒛. Tradutora e editora técnica en Afundación. Integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. Profesora visitante na Universidade de Kent en Canterbury e na University College Dublin.
𝑨𝒏𝒂 𝑪𝒂𝒃𝒂𝒏𝒂. Profesora titular do Departamento de Historia da USC. Integrante do Grupo de Investigación Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
𝑷𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒌 𝑳𝒆𝒏𝒂𝒈𝒉𝒂𝒏. Doutor en Filosofía. Curador de gravados e fotografías na Hispanic Society of America. Intervirá desde os Estados Unidos por videochamada.
Moderará a xornada 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝑮𝒂𝒓𝒓𝒊𝒅𝒐. Xornalista. Moito do seu traballo xornalístico céntrase na análise e documentación da idiosincrasia da Costa da Morte.
Pola tarde, teremos un faladoiro coa 𝒗𝒆𝒄𝒊𝒏̃𝒂𝒏𝒛𝒂 no que conversaremos sobre a Dumbría dos últimos cen anos.
Programa:
Sábado 23 de novembro.
Edificio Bitácora – O Ézaro.
10.30 h – Apertura da xornada
11.00 h – «O país das mulleres de Ruth Matilda Anderson. Unha ollada en clave de xénero cara a Galicia do 1º terzo do século XX» por Ana Cabana
11.30 h – «Ruth Matilda Anderson, tradutora e reivindicadora das mulleres galegas e da Galicia longamente ocultada» por Alba Rodríguez
12.10 h – Pausa café
13.00 h – Intervención de Patrick Lenagham
13.30 h – Peche da sesión matinal coa posta en común de conclusións. Modera Santiago Garrido
16.00 h – Faladoiro: Conversando cos nosos maiores sobre a Dumbría dos últimos cen anos. Clausura da Xornada.
Máis aló da conmemoración do paso de Ruth Matilda por terras dumbriesas, esta xornada convértese, coa participación da veciñanza de Dumbría, nunha reivindicación do valor do noso patrimonio inmaterial, das nosas tradicións.
Como primeira acción, o Concello de Dumbría xuntou as mulleres do Ézaro de hoxe para recrear unha das máis icónicas imaxes da fotógrafa americana no areal do lugar, tirando polos cabos da arte.
Retratou o momento unha nova Ruth Matilda de hoxe, que leva anos inmortalizando a Costa da Morte. Ana García, fotoxornalista da Voz de Galicia reproduciu esta réplica /nova interpretación da imaxe de Anderson.
Os nosos maiores terán todo o protagonismo na tarde desta Xornada, na que revivirán a memoria doutros tempos desta nosa terra.
O Concello de Dumbría presenta e comeza coas actividades de Verán 2018, que este ano terán unha duración de 6 meses consecutivos.
Aquí tes un verán de 6 meses, pensado para ti e para todos, 6 meses de verán sen pausa, 6 meses de actividades e eventos!!
Para que desfrutes de todo o que che apeteza facer, probar, descubrir e compartir; imos realizar unha grande variedade de actividades: ciclismo, campionatos, eventos culturais e deportivos, actividades de verán no Conco, piscina, kaiak, torneos, viaxes, maxia, teatro, andainas, festas... e moitas sorpresas.
Toda unha gran variedade para todos os públicos, para os veciños de Dumbría, e para que a xente de fóra tamén poida participar dos eventos e así descubran e vivan a Costa da Morte.
FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID-19:
Os residuos do paciente, incluído o material desbotable (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo para o lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen facer ningunha separación para a reciclaxe.
Esa bolsa 1 debe cerrarse axeitadamente e introducirse nunha segunda bolsa (BOLSA 2), á saída da habitación, onde ademais se depositarán as luvas e a máscara empregados polo coidador, e cerrarase axeitadamente antes de saír da habitación.
A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa do lixo (BOLSA 3) correspondente ó cubo de fracción resto.
Inmediatamente despois farase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos durante 40 – 60 segundos.
A bolsa 3, pechada axeitadamente, depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.
FOGARES SEN POSITIVOS OU EN CORENTENA
A separación dos residuos farase como vén facéndose habitualmente, tratando de maximizar a separación para reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos contedores correspondentes.
Os guantes de látex ou nitrilo empregados para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto.
📌 No pavillón polideportivo do Conco - Dumbría 📆 Domingo 2 de marzo 🕔 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco · Concurso de disfraces individuais e de comparsas Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 27 de febreiro ℹ️ Oficinas Municipais - 981 74 40 01