#DumbríaÉ 📸 O noso concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ está en pleno apoxeo e queremos ver as túas mellores capturas de Dumbría! 🌟
📸✨ O tempo corre! A túa oportunidade de participar no concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ está a piques de esgotarse. Este é o momento de mostrar o teu talento. É rápido, é sinxelo e podes gañar grandes premios! 🌳🏞️🎉
🗓️ Data límite: 30 de setembro de 2024.
🎁 Premios: 12 bonos de 100 € para consumir en establecementos locais.
🌳🏞️🎉
📅 Data límite: 30 de setembro de 2024.
📍 Participación: Só tes que rexistrarte e enviar ata 5 fotos con título ou descrición. É fácil!
Non deixes pasar esta oportunidade! Comparte a túa visión de Dumbría e axúdanos a celebrar a nosa cultura. 📸✨
<<Vidas Transgresoras« é o último libro de Ana Escudero Canosa.
Son 34 biografías de personas trans elixidas ao longo da historia. É un libro co que se quere darlles voz e visibiliade, resaltando os seus logros, desafíos e contribucións á sociedade.
Cada biografía é unha ventá á diversidade e complexidade das experiencias trans, abranguendo diferentes contextos culturais e momentos históricos. Ademais, o libro invita a reflexionar sobre a identeidade, o amor e a loita pola aceptación, ofrecendo unha mirada fonda e conmovedora sobre as vivencias destas persoas que desafiaron as normas e expectativas para vivir autenticamente.
O libro foi ilustrado por Anna Solà e gañou o primeiro premio do concurso organizado pola editorial Malas compañías "La gente trans también cuenta", que busca darlles voz a colectivos silenciados.
A AUTORA
Ana Escudero Canosa é filla dunha dumbriesa e dun manchego. Naceu en Barcelona en 1975 e traballa nunha fundación social desde 2007.
Como escritora ten publicados varios libros: Solamente Peter, Nunca visites al dentista al lunese Si no sabes qué leer. Relatos y microrrelatos; os tres coescritos coa súa irmá Belén. Juicio a un alma atormentadaé a súa primeira novela en solitario. Algunhas destas obras foron traducidas a outros idiomas coma o inglés, o portugués ou o italiano.
Máis recentemente publicou dous álbums infantís ilustrados: Nanac, el caramelo espacial e Hay un dragón bajo mi cama.
En 2024 publica a súa primeira obra de non fición, Vidas TRANSgresoras, álbum ilustrado por Anna Solà e editado pola editorial Libros de Las Malas Compañias, obra gañadora do III Concurso La gente también cuenta.
Tamén publica en 2024 El castillo de Nalda, obra coescrita coa súa irmá Belén e ilustrada por Anna Solà, cola editorial Siníndice, obra gañadora do IX Concurso de literatura ilustrada Villas de Nalda e Islallana.
Por outra banda, Ana coordinou tres antoloxías solidarias: 39 Saltos en el charco, para a Fundación Pere Tarrés; Un salto en el recuerdoe Un salt en el record, destinados a Alzheimer Catalunya Fundación. Tamén colaborou con varios relatos noutras antoloxías solidarias.
Premios
• Primeiro premio, IX Concurso de literatura ilustrada villas de Nalda e Islallana, da editorial Síndice e o Municipio de Nalda e Islallana, coa obra «El castillo de Nalda».
• Primeiro premio, III Concurso de álbum ilustrado “La gente también cuenta” da editorial Libros de las Malas Compañías, coa obra «Estrellas que brillaron en un mundo sin colores». (Vidas Transgresoras)
• Primeiro premio, 1º Jocs Florals da Fundación Pere Tarrés coa obra «Matilde».
• Segundo premio no Concurso de microrrelatos ilustrados 2021 da Universidad de Jaén coa obra «¿Me escuchas?».
PRESENTACIÓN DO LIBRO <<Vidas TRANSgresoras>> en Dumbría
Ana presenta o seu novo libro na Biblioteca do Conco - Dumbría o xoves 22 de agosto de 2024, ás 19:30 h
Baixo a luz da lúa poñéndose no Atlántico e aos pés do Monte Pindo reloce a ardentía, o MAR DE ARDORA, no Ézaro - Dumbría.
Imaxes de Basilio Bello - agosto 2024
https://youtu.be/Vd6lJD2UEZI
O Mar de Ardora é un fenómeno natural producido polas algas. Un fenómeno máis propenso a producirse no verán. Para que se dea son varios os factores que inflúen: a estabilidade do mar, a estabilidade meteorolóxica, os ventos e as correntes. De feito, non sempre ten lugar nas mesmas praias.
No caso de querer ir velo é importante cando se visiten as praias de noite que non se lles engada unha maior presión medioambiental a un ecosistema virxe, que é tan fráxil.
Que se debe facer? Estacionar nos lugares habilitados, deixar ás aves tranquilas (pois é o seu momento de descanso) e non deixar lixo na praia.
Que NON debes facer? Subirse ás zonas dunares xa que é un lugar de anidamento das aves, nin tampouco levar cans ás praias que non o permitan en horario diúrno.
Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.
Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR) e música para todos con Tanto Nos Ten (música tradicional), Cantando con Pinocho (público familiar) e Paty Lesta & The Hits versionando os grandes éxitos dos mellores artistas nacionais e internacionais de todos os tempos.
E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación pola tarde da orquestra Galilea.
O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ para promover o noso impresionante patrimonio cultural e natural. Queremos que amoses o mellor de Dumbría a través da túa cámara!
𝐓𝐞𝐦𝐚́𝐭𝐢𝐜𝐚:
Fotografía o que fai de Dumbría un lugar único: o seu patrimonio, natureza, festividades, eventos, tradicións, deporte, cultura, o Camiño de Santiago, ríos, montes, gastronomía local e hostalería. As imaxes poden ser antigas ou actuais, de día ou de noite.
𝐏𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧:
Para participar, segue o noso Facebook ou Instagram e envía ata 5 fotos con título e descrición. As imaxes deben ter boa calidade (mínimo 300x200mm a 300ppp) e estar en formato JPEG, PNG ou TIFF, en cor ou branco e negro. A participación é libre e gratuíta, para maiores de 14 anos.
𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬:
Temos 12 bonos de 100 € para gastar en establecementos hostaleiros e comerciais do concello. Cada participante pode gañar ata 3 premios. As fotografías gañadoras serán seleccionadas por votación popular e un xurado especializado.
𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨:
Envía as túas fotos antes do 30 de setembro de 2024.
Aproveitouse a presentación para que Isaura, a protagonista da audioguía interpretada por Patricia de Lorenzo, coñecese en persoa ás súas amigas de Dumbría.
Así mesmo, en agradecemento pola súa colaboración e participación no proxecto fíxoselle entrega dunha escultura da Pedra do Brazal e dun diploma a cada unha das protagonistas.
https://www.youtube.com/watch?v=XfuNO5YXKq8&t=9s
Foi a ocasión para que as protagonistas puidesen descubrir a audioguía ficcionada na que se agochan as historias do Ézaro: cando se ía á arte, cando non había ponte e había que cruzar o río nunha barca, cando ían cos cestos de peixe á cabeza para ir vendelos a centos de quilómetros, cando ían cas toradas na cabeza, cando traballaron no túnel de Salto Castrelo, cando se ía a angula, … Moitas historias, moitas delas vividas polas propias protagonistas e outras para lembrar ás que xa non están. Porque cando non se fala dun suceso, este esquécese e pérdese nas vindeiras xeracións… É por isto a importancia de contar con estas mulleres bravas, que algunha xa roza os cen anos.
Un proxecto que quedara aparcado pola pandemia e que volveu recuperarse para poñelo en valor. A idea é que funcione como un desestacionalizador; é dicir, como oferta cultural e turística en tempada baixa tanto para a poboación visitante coma para a local. Un recurso máis para ampliar o abano de opcións a quen desexe coñecer a súa terra, as súas orixes e o patrimonio inmaterial do Ézaro, porque a identidade dun lugar comeza pola súa xente.