Ir o contido principal

OBRADOIROS Memoria e Estimulación Cognitiva

Miniatura Noticia

🧠 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗗𝗢𝗜𝗥𝗢𝗦 de 𝗠𝗘𝗠𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗲 𝗘𝗦𝗧𝗜𝗠𝗨𝗟𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗖𝗢𝗚𝗡𝗜𝗧𝗜𝗩𝗔

🧓 Dirixido a persoas con maiores de 65 anos. Impartirase nas 3 Casas Culturais:

📍 Berdeogas
📍 Buxantes
📍 O Conco
📍 O Ézaro
📍 Olveira

É necesario inscribirse nas Casas Culturais ou nas Oficinas Municipais.

Para máis información chamar ao 981 74 40 01.

#DumbríaéParaTodos #envellecementoactivo #contraasoidadenondesexada #memoria #estimulacióncognitiva 

Deputación da Coruña. Programa de actividades de envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada.

Galería de imaxes

💻 📱 𝙲𝙻𝙰𝚂𝙴𝚂 𝙳𝙴 𝙸𝙽𝙵𝙾𝚁𝙼𝙰́𝚃𝙸𝙲𝙰

Miniatura Noticia

Impartiranse nas 5 casas culturais do Concello de Dumbría:

📍 Berdeogas
📍 Buxantes
📍 O Conco
📍 O Ézaro
📍 Olveira

𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦 ata o 10 de xaneiro cubrindo o seguinte formulario https://acortar.link/56yMsA ou ben nas Casas de Cultura.

Para máis información, chamar ao 981 74 40 01

Clases de Informática no Concello de Dumbría

#DumbríaéCultura #DumbríaParaTodos #informática #clases #formación #tecnoloxía #tecnología #ordenador #smartphone #tablet

NADAL 2024_2025

Miniatura Noticia

🎄NADAL 2024/25🎄

📫Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.

·

🎅Do 13 ao 19 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas 5 aulas de informática, de 16 a 20 h.

E, neses mesmos días, de 18 a 19 h, teremos obradoiros infantís de manulidades de Nadal en madeira con Muxiarte. (Consultade cartel).

·

🎉O luns 23, gran Festa Infantil de Nadal no Conco, con xogos, música, manualidades, pintacaras, chapas, globoflexia, fotomatón, visita de Papá Noel, xantar, transporte,... e con The Show Moscón, (Duende Sico) e Notas de cores (Garabatos).

Estes dous últimos, cofinanciados a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

❗️Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.

Podes descargar aquí a solicitude⬇️

https://drive.google.com/file/d/1lN-SMLrUSUz2BCRagbefLetr29SiwgYG/view?usp=drive_link

·

🎨🧑‍🍳👩‍🍳 Nestas semanas de Nadal as casas culturais de Olveira, Berdeogas, Buxantes e O Ézaro abrirán de 10 a 14 h e O Conco farao polas tardes, de 16 a 20 h.

Alí, a rapazada poderá participar en obradoiros de manualidades, cociña, xogos de mesa, e outros moitos divertimentos.

·

🎼🎭🎩 As tardes de vacacións escolares, ás 18:30 h, teremos actuacións de maxia, títeres e novo circo en todas as Casas Culturais.

·

👑 E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

#DumbríaéCultura #Nadal #Nadal2024 #RedeCultural #culturadadeputaciondacoruna

XORNADA RUTH MATILDA ANDERSON

Miniatura Noticia

❞𝙈𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨, 𝙢𝙚𝙢𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙚 𝙙𝙞𝙜𝙣𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚❞. 𝙐𝙣𝙝𝙖 𝙭𝙤𝙧𝙣𝙖𝙙𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙢𝙚𝙢𝙤𝙧𝙖𝙩𝙞𝙫𝙖 𝙙𝙖 𝙥𝙧𝙞𝙢𝙚𝙞𝙧𝙖 𝙫𝙞𝙖𝙭𝙚 𝙙𝙚 𝙍𝙪𝙩𝙝 𝙈𝙖𝙩𝙞𝙡𝙙𝙖 𝘼𝙣𝙙𝙚𝙧𝙨𝙤𝙣 𝙖́ 𝘾𝙤𝙨𝙩𝙖 𝙙𝙖 𝙈𝙤𝙧𝙩𝙚

Dumbría conmemora o 𝒔𝒂́𝒃𝒂𝒅𝒐 23 𝒅𝒆 𝒏𝒐𝒗𝒆𝒎𝒃𝒓𝒐 𝒏𝒐 𝑬́𝒛𝒂𝒓𝒐 o centenario do paso de Ruth Matilda Anderson por Galicia.

Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, viaxou a España e á Costa da Morte fai un século. Esta viaxe levouna a coñecer e fotografar xentes, lugares e oficios do noso concello, conformando así unha importante memoria que chega ata os nosos días.

Por iso, desde Concello de Dumbría queremos conmemorar esta data e poñer en valor o importantísimo e minucioso labor realizado por Anderson.

Esta xornada quere, tamén, botar unha ollada á nosa historia, reivindicando o importante papel da muller galega na construción da sociedade que hoxe coñecemos.

Unha xornada na que, ao longo de todo o día, diferentes profesionais e a propia veciñanza tomarán o relevo de Ruth Matilda para rememorar a Dumbría do primeiro terzo do século pasado.

Participantes:

𝑨𝒍𝒃𝒂 𝑹𝒐𝒅𝒓𝒊́𝒈𝒖𝒆𝒛. Tradutora e editora técnica en Afundación. Integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. Profesora visitante na Universidade de Kent en Canterbury e na University College Dublin.

𝑨𝒏𝒂 𝑪𝒂𝒃𝒂𝒏𝒂. Profesora titular do Departamento de Historia da USC. Integrante do Grupo de Investigación Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).

𝑷𝒂𝒕𝒓𝒊𝒄𝒌 𝑳𝒆𝒏𝒂𝒈𝒉𝒂𝒏. Doutor en Filosofía. Curador de gravados e fotografías na Hispanic Society of America. Intervirá desde os Estados Unidos por videochamada.

Moderará a xornada 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝑮𝒂𝒓𝒓𝒊𝒅𝒐. Xornalista. Moito do seu traballo xornalístico céntrase na análise e documentación da idiosincrasia da Costa da Morte.

Pola tarde, teremos un faladoiro coa 𝒗𝒆𝒄𝒊𝒏̃𝒂𝒏𝒛𝒂 no que conversaremos sobre a Dumbría dos últimos cen anos.

  • Programa:

Sábado 23 de novembro.

Edificio Bitácora – O Ézaro.

10.30 h - Apertura da xornada

11.00 h - «O país das mulleres de Ruth Matilda Anderson. Unha ollada en clave de xénero cara a Galicia do 1º terzo do século XX» por Ana Cabana

11.30 h - «Ruth Matilda Anderson, tradutora e reivindicadora das mulleres galegas e da Galicia longamente ocultada» por Alba Rodríguez

12.10 h - Pausa café

13.00 h - Intervención de Patrick Lenagham

13.30 h - Peche da sesión matinal coa posta en común de conclusións. Modera Santiago Garrido

16.00 h - Faladoiro: Conversando cos nosos maiores sobre a Dumbría dos últimos cen anos

Clausura da Xornada.

Máis aló da conmemoración do paso de Ruth Matilda por terras dumbriesas, esta xornada convértese, coa participación da veciñanza de Dumbría, nunha reivindicación do valor do noso patrimonio inmaterial, das nosas tradicións.

Como primeira acción, o Concello de Dumbría xuntou as mulleres do Ézaro de hoxe para recrear unha das máis icónicas imaxes da fotógrafa americana no areal do lugar, tirando polos cabos da arte. 

Retratou o momento unha nova Ruth Matilda de hoxe, que leva anos inmortalizando a Costa da Morte. Ana García, fotoxornalista da Voz de Galicia reproduciu esta réplica /nova interpretación da imaxe de Anderson.

Os nosos maiores terán todo o protagonismo na tarde desta Xornada, na que revivirán a memoria doutros tempos desta nosa terra.

𝑨 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒂𝒅𝒂 𝒔𝒆𝒓𝒂́ 𝒈𝒓𝒂𝒕𝒖𝒊́𝒕𝒂 𝒆 𝒂𝒕𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒑𝒍𝒆𝒕𝒂𝒓 𝒂𝒇𝒐𝒓𝒐

📸 GAÑADORES #DUMBRÍAÉ 2024

Miniatura Noticia

Foron 150 as fotografías participantes no concurso fotográfico #Dumbríaé 2024.

Queremos agradecerlle á súa participación ás 41 persoas participantes e transmitirlle a noraboa ás persoas gañadoras.

𝗙𝗢𝗧𝗢𝗚𝗥𝗔𝗙𝗜́𝗔𝗦 𝗚𝗔𝗡̃𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔𝗦 CONCURSO FOTOGRÁFICO #𝗗𝗨𝗠𝗕𝗥𝗜́𝗔𝗘́ 𝟮𝟬𝟮𝟰 ⤵️

 ⛩️ “ACUEDUCTO PONTE PEÓN – Descubrindo os segredos de Dumbría” obra de OSCAR NAYA EDREIRA.

👧 “NENA FELIZ COAS VACAS EN ALVARELLOS –Tarde en Alvarellos vendo pastar as vacas” obra de SANTIAGO BAÑA PÉREZ.

🌿 “A MOA - Esta reliquia do ano 1922 que meu bisavó Francisco fabricou para afiar fouciños, coitelos… e agora eu conservo no meu xardín” obra de NAZARET CAPELO.

🐴 “NAI E FILLO REFRESCÁNDOSE – Alto de Miñóns” obra de LEONARDO MOREIRA LEMA.

☂️ “A CHUVIA EN DUMBRÍA É ARTE- Ponte Peón” obra de LUCÍA CAMBEIRO.

🐺 “TERRITORIO VÁKNER – Vákner, o lobishome que axexa aos peregrinos dende a idade media” obra de TANIA MATÍAS BOUZA.

🌄 “ÉZARO – Vista do Ézaro dende Miñóns” obra de ALBA CAMBEIRO.

🌆 “HORA DOURADA – Paseo marítimo de Pedramaior” obra de MAR GARCÍA GONZÁLEZ.

🚜 “EBRO POR ALVARELLOS – Preparando a finca en Alvarellos para plantar o millo” obra de SANTIAGO BAÑA PÉREZ.

🤹 “EQULIBRIO Ó SOLPOR – Pedra Cabalgada nun solpor do inverno” obra de MICHAEL GRILLE SANTIAGO.

🏞️ “CARBOAL - Nun dos lugares máis fermosos e secretos de Galicia, as fervenzas e as súas pozas sucédense para emocionar ao visitante” obra de UXÍA PEREIRA.

🌊 “ÉZARO – Cascada do Ézaro” obra de MAURO LOURO GONZÁLEZ.

#Dumbríaé #fotografía #concurso #foto #concursofotográfico #Dumbría 

BIBLIOTECAS SETEMBRO

Miniatura Noticia

Ao longo do mes de setembro atoparás diferentes actividades infantís nas bibliotecas municipais.
Achégate e participa nas que máis che gusten!

Actividade financiada a través do Programa Corresponsables 2024 da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia



#Dumbría #DumbríaéCultura

TALLER DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Miniatura Noticia

🧠👩‍🏫 Taller: Técnicas de estudo

Dirixido a alumnado de Secundaria e Primaria (a partir de 3º curso)

A actividade realizarase nas casas culturais cun número mínimo de inscritos.

Grupos segundo nivel académico.

PRAZAS LIMITADAS!

·

Solicitudes ata o 18 de outubro a través do formulario⬇️

https://forms.gle/eL4Fna5pURxWSXx88

+ info: Concello de Dumbría. Oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001) e casas culturais.

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2024

Miniatura Noticia

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h, tes unha cita coa ciencia, coa tecnoloxía, coa robótica, cos contos, coa regueifa, coa maxia, coa ilustración, coa arte, cos libros...

Este outono, tes unha cita coas 5 bibliotecas do Concello de Dumbría!

PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!

+INFO no Concello de Dumbría. Telf.: 981 744 001

Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Actividades culturais e deportivas curso 2024/2025

Miniatura Noticia

Aberto o prazo para as preinscricións:

✍️ 𝐚𝐭𝐚 𝐨 7 𝐝𝐞 outubro

⬇️

https://forms.gle/RDZ2EZJEzMjFLWYr5

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

+ info Concello: 981 744 001

PRAZAS LIMITADAS EN TODAS AS ACTIVIDADES

Prioridade para empadroadas/os en Dumbría.

Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte