Ir o contido principal

Fervenza do Ézaro

Miniatura Noticia

Webcam Fervenza do Ézaro en STREAMING!

Existe un lugar onde o río se funde co Océano Atlántico, un lugar de lendas, un lugar máxico onde o río se convirte en fervenza para abrazar así a auga salgada do mar.

río Xallas ou Ézaro determina o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano; a denominada Fervenza do Ézaro, conformando o único exemplo de desembocadura fluvial deste tipo en Europa.

Antes de converterse en fervenza, o río é retido por catro encorosA Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Destacan as pías ou caldeiras que se atopan entre o último encoro e a propia fervenza, que son cavidades naturais construídas ao longo dos séculos polo río.  No último tramo do río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros.

Ata mediados do s.XIX, o río Xallas e a súa fervenza coñecíanse como Río Ézaro ou Lézaro. Así se constata nas fontes cartográficas da época. De feito, a primeira referencia cartográfica coa denominación Ézaro aparece na Descrición do Reyno de Galizia (ano 1598).

Dende abril de 2011 a Fervenza do Ézaro está constantemente con agua; as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Un espectáculo que paga a pena ver, unha combinación máxica de auga, natureza, luces de cores e música. A comezos de cada ano, o Concello de Dumbría publica o calendario de iluminación da Fervenza na web municipal, nas redes socias e nos medios de comunicación. Confírmase que durante a Semana Santa de 2023 a Fervenza do Ézaro non vai ter iluminación nocturna.

Así mesmo, dende a web http://www.dumbria.com podes acceder á webcam da Fervenza do Ézaro para poder vela en directo sen moverte da casa!

CONSELLOS:

  • Evitar empregar un navegador ou GPS (nesta zona non axuda, soe recomendar a peor estrada).
  • Se ves da zona de Santiago – Rías Baixas – Ourense. 2 opcións:
    • Estrada de costa: autovía ata Noia, continuar á dereita pola estrada de costa AC-550 dirección Cee, despois de pasar polo pobo do Pindo, xusto despois da ponte hai un cruce á dereita que indica Fervenza do Ézaro.
    • Estrada de interior e costa: estrada AC-441 dirección Negreira – Muxía, en Boudañeira xirar á esquerda dirección Berdeogas, chegados ao cruce coa estrada AC-552 dirección Fisterra – A Coruña xirar á esquerda dirección Fisterra, ao chegar a Cee xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Se ves da zona da Coruña – Lugo:
    • Autopista AG-55 dirección Arteixo – Carballo, continuar pola autovía dirección Fisterra, continuar pola AC-552 dirección Fisterra, chegados a Cee, xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Unha vez chegados á zona do porto deportivo do Ézaro, aparcar na zona adoquinada que vai paralelamente ao longo da estrada, é aparcadoiro. Non na explanada, posto que é zona amarela. Continuar un leve paseo a pé a carón do río, enlazando coa pasarela de madeira ata os pés da Fervenza do Ézaro onde poderás incluso tocar a súa auga.

https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m14!1m8!1m3!1d11688.438752828532!2d-9.1163295!3d42.9127276!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0x0:0x348ea1e9c2ee249c!2sFervenza%20de%20%C3%89zaro!5e0!3m2!1ses!2ses!4v1544716296069

+INFO:

Mail: turismodumbria@gmail.com

Teléfono: 662 346 927 

Facebook:  facebook.com/ConcelloDeDumbria

Twitter: @ConcelloDumbria

#DumbríaéNatureza #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica

EVENTOS DEPORTIVOS 2023

Miniatura Noticia

Os eventos deportivos converten Dumbría nunha aposta segura para as federacións deportivas, para a celebración de competicións de carácter autonómico e nacional.

#DumbríaéDeporte

CALENDARIO DE FESTAS DO CONCELLO DE DUMBRÍA 2023

Miniatura Noticia

XANEIRO

  • 6 DÍA DE REIS

FEBREIRO

  • 19 ENTROIDO DE DUMBRÍA

MARZO

  • 19 SAN XOSÉ en San Crimenzo e Santa Uxía.

ABRIL

  • 6 XOVES SANTO
  • 7 VENRES SANTO

MAIO

  • 1 TRABALLO
  • 17 LETRAS GALEGAS
  • 29 SANTA LUCÍA de Olveira

XUÑO

  • 24 SAN XOÁN en Olveira e Berdeogas
  • 29 SAN PEDRO en Buxantes

XULLO

  • 25 SANTIAGO APÓSTOLO en Olveiroa e Berdeogas
  • 30 FESTA DA FAMILIA en Berdeogas

AGOSTO

  • 5-6 FESTA DA PRAIA no Ézaro
  • 7* SAN MAMEDE en Salgueiros
  • 15 ASUNCIÓN
  • 26-27 O CARME de Dumbría

SETEMBRO

  • 8* VIRXE DAS NEVES de Buxantes
  • 12 SANTA UXÍA
  • 12-13 NOSA SEÑORA DO MAR no Ézaro

OUTUBRO

  • 12 HISPANIDADE

NOVEMBRO

  • DÍA DE TODOS OS SANTOS
  • 11 SAN MARTIÑO en Olveira
  • 29 SAN SADURNIÑO no Ézaro

DECEMBRO

  • 6 CONSTITUCIÓN
  • 8 INMACULADA CONCEPCIÓN
  • 10 SANTA BAIA en Dumbría
  • 13 SANTA LUCÍA en Berdeogas
  • 25 NADAL
*FESTIVO LOCAIS 2023: 
- 7 Agosto · San Mamede de Salgueiros.
- 8 Setembro · Virxe das Neves de Buxantes.

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo #Dumbríaestádefesta

ENTROIDO 2023

Miniatura Noticia

📌 No pavillón polideportivo do Conco - Dumbría

📆 Domingo 19 de febreiro

🕔 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.

Concurso de disfraces individuais e de comparsas.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 16 de febreiro.

As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo.

Consulta as BASES

+info: Oficinas Municipais - 981 74 40 01

#DumbríaéCultura #DumbríaéEntroido #TerritorioVákner

NADAL 2022/23

Miniatura Noticia

🎄NADAL 2022/23🎄

📫Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.

🎅A vindeira semana Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática.

Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.

👨‍🍳👩‍🎨Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e doces de Nadal.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.

🎼🎭🎩Asistiremos a actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.

🎉Ademais, este Nadal recuperamos a Festa Infantil no Conco. Así que toca xuntarnos todos alí e compartir un día completo de xogos, obradoiros, risas e diversión.

Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.

Podes descargar aquí a solicitude

👑 E, por último, tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

#DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #Nadal #Nadal2022

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa música, co teatro, coa maxia, coas letras, coa arte, cos libros,...

Este outono, tes unha cita coas bibliotecas do Concello de Dumbría!

PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!

CHAMA AO CONCELLO PARA RESERVAR A TÚA. Telf.: 981 744 001.

Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2022/2023

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

  • Apoio escolar
  • Inglés
  • Informática
  • Teatro Infantil (mín. 6 anos) e Xuvenil
  • Gaita (mín. 8 anos) e percusión (mín. 4 anos). Gaiteiros de Buxantes
  • Zumba infantil ( de 4 a 14 anos)
  • Fútbol e Fútbol Feminino (para nenos e nenas de mín. 4 anos)
  • Voleibol (mín. 8 anos)
  • Piragüismo (mín. 8 anos e nadar)

ACTIVIDADES ADULTOS

  • Informática
  • Teatro
  • Manualidades
  • Clases de apoio Educación Secundaria Adultos
  • Gaita e Percusión. Gaiteiros de Buxantes
  • Pilates (+ 14 anos)
  • Zumba (+ 14 anos)
  • Fútbol e Fútbol Feminino
  • Voleibol


 𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 7 𝐝𝐞 outubro cubrindo o formulario premendo nesta ligazón

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+ info Concello: 981 744 001

PRAZAS LIMITADAS EN TODAS AS ACTIVIDADES

Prioridade para empadroadas/os en Dumbría.
Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.

ILUMINACIÓN NOCTURNA FERVENZO DO ÉZARO 2022

Miniatura Noticia

Calendario da iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro.

XUÑO:

  • xoves 23
  • sábado 25

XULLO:

  • sábado 2
  • sábado 9
  • sábado 16
  • sábado 23
  • domingo 24
  • sábado 30

AGOSTO:

  • sábado 6
  • sábado 13
  • domingo 14
  • sábado 20
  • sábado 27

SETEMBRO:

  • sábado 3
  • sábado 10
  • sábado 17

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2022

Miniatura Noticia

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2022

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

PREINSCRICIÓNS ata o 24 de xuño, cubrindo o formulario: https://bit.ly/39anAIb

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬.

+ info Concello: 📞 981 744 001

#Dumbría#DumbríaéCultura#DumbríaéDeporte