Aproveitouse a presentación para que Isaura, a protagonista da audioguía interpretada por Patricia de Lorenzo, coñecese en persoa ás súas amigas de Dumbría.
Así mesmo, en agradecemento pola súa colaboración e participación no proxecto fíxoselle entrega dunha escultura da Pedra do Brazal e dun diploma a cada unha das protagonistas.
https://www.youtube.com/watch?v=XfuNO5YXKq8&t=9s
Foi a ocasión para que as protagonistas puidesen descubrir a audioguía ficcionada na que se agochan as historias do Ézaro: cando se ía á arte, cando non había ponte e había que cruzar o río nunha barca, cando ían cos cestos de peixe á cabeza para ir vendelos a centos de quilómetros, cando ían cas toradas na cabeza, cando traballaron no túnel de Salto Castrelo, cando se ía a angula, … Moitas historias, moitas delas vividas polas propias protagonistas e outras para lembrar ás que xa non están. Porque cando non se fala dun suceso, este esquécese e pérdese nas vindeiras xeracións… É por isto a importancia de contar con estas mulleres bravas, que algunha xa roza os cen anos.
Un proxecto que quedara aparcado pola pandemia e que volveu recuperarse para poñelo en valor. A idea é que funcione como un desestacionalizador; é dicir, como oferta cultural e turística en tempada baixa tanto para a poboación visitante coma para a local. Un recurso máis para ampliar o abano de opcións a quen desexe coñecer a súa terra, as súas orixes e o patrimonio inmaterial do Ézaro, porque a identidade dun lugar comeza pola súa xente.
Ao longo das vindeiras semanas teremos varias citas coas Letras e en diversos formatos.
As Letras achegaranse ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría en varias datas:
3 de maio, contacontos con Duende Sico, que unirá as Letras e o Deporte, o proxecto educativo no que vén traballando todo o centro educativo ao longo deste curso.
9 de maio, Kalopsia: un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con intérprete de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con Kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior.
14 de maio, o alumnado fará unha visita guiada á biblioteca do Conco e participará na actividade E a ti...que che contaban?, con Vero Rilo, programada a través do Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
O sábado 4, ás 19 horas, teremos o prato forte desta programación: o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes, entre outros moitos recoñecementos, visita a Fervenza do Ézaro.
Da súa man, faremos un percorrido por parte da súa obra e tamén pola tradición oral e escrita galega.
Todo iso acompañado dunha actuación con música tradicional e nunha paraxe máxica como é a desembocadura do río Xallas, ao pé da súa senlleira fervenza.
Do 16 ao 19 de maio, viaxaremos ata terras de León e Zamora, con visitas guiadas a diferentes cidades, pobos e enclaves naturais.
E, para rematar esta celebración das Letras, o 4 de xuño, o alumnado do colexio de Dumbría participará nunha andaina convertida en roteiro literario, na que terán a oportunidade de coñecer un pouco mellor a figura do Vákner e achegarse á Dumbría que está agochada nas letras de quen a ten habitado ou visitado, autores e autoras que nola amosarán a través da súa particular mirada. Unha maneira activa de coñecer un chisco máis o Territorio Vákner.
Contacontos, música, títeres, ciencia, robótica, manualidades... Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
A través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, chegan novas actividades ás bibliotecas.
Nas nosas bibliotecas tes, tamén, ao teu dispor milleiros de libros. Entra visitarnos e bótalle un ollo!
PROGRAMACIÓN ABRIL DE LIBROS nas CASAS DE CULTURA do Concello de Dumbría⤵
🎶📕MARTES 16 · 18h · BERDEOGAS· CANTAR E CONTAR - GRANDES ÉXITOS 2004-2024 · Caxoto
Parabéns aos gañadores desta edición, e grazas ás 7 comparsas que concursaron, e tamén a comparsa municipal de Dumbría, que aínda que non concursaba axudou a crear o Entroido máis MOLÓN!!!
Primeiro Premio:
Os da Charca de Fisterra
Segundo Premio:
Os Enjominados de Cee
Terceiro Premio:
Os Trotamúsicos de Fisterra
Accésit:
Cansorriño de Camariñas
Os Parrandeiros de Vimianzo e Zas
Sogras de Negreira
O Campo do Bo Rollo de Corcubión
Mellor disfraz individual para A nena con disfraz de aneis de latas de Coca-Cola.