Ir o contido principal

🎄 PROGRAMACIÓN NADAL 2021/2022

Miniatura Noticia

🎅 Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.

Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.

📫 Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.

👨‍🍳👩‍🎨 A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.

🎼🎭🎩 Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.

👑 A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.

😷 Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.

#DumbríaéCultura #Dumbría

HORARIOS ACTIVIDADES CURSO 2021/2022

Miniatura Noticia

Aquí atoparás un resumo dos horarios das actividades culturais e deportivas que se están desenvolvendo nas casas culturais ao longo deste curso.

Estes horarios poden ser modificados ao longo do ano para unha mellor prestación dos servizos.

Para máis información, contacta coas oficinas municipais, de luns a venres, de 8:00 a 15:00 h.

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2021/2022

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

  • Apoio escolar
  • Inglés
  • Informática
  • Teatro Infantil (mín. 6 anos) e Xuvenil
  • Gaita (mín. 8 anos) e percusión (mín. 4 anos). Gaiteiros de Buxantes
  • Pandeireta. ACDR As Neves
  • Zumba infantil ( de 4 a 14 anos)
  • Fútbol (para nenos e nenas de mín. 4 anos)
  • Escola fútbol feminino (nacidas de 2008 a 2013)
  • Voleibol (mín. 8 anos)
  • Piragüismo (mín. 8 anos e nadar)

ACTIVIDADES ADULTOS

  • Informática
  • Teatro
  • Manualidades
  • Clases de apoio Educación Secundaria Adultos
  • Gaita e Percusión. Gaiteiros de Buxantes
  • Pandeireta. ACDR As Neves
  • Pilates (+ 14 anos)
  • Zumba (+ 14 anos)


 𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 8 𝐝𝐞 outubro cubrindo o formulario https://bit.ly/3EAE7jr

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+ info Concello: 981 744 001

(Se queres que che axudemos a cubrir o formulario, pasa polas Casas Culturais ou chama ao Concello).

PRAZAS LIMITADAS DEBIDO Á NORMATIVA ANTI-COVID.
Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.

ACTUACIÓNS CULTURAIS OUTONO 2021 NAS BIBLIOTECAS

Miniatura Noticia

Este outono continuamos coa programación de actividades nas bibliotecas financiadas a través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Actividades organizadas pola Biblioteca e as Axencias de Lectura Públicas do Concello de Dumbría.

ACTUACIÓNS CULTURAIS VERÁN 2021

Miniatura Noticia

Recollemos aquí as actuacións culturais previstas para este verán 2021 no concello de Dumbría, que iremos actualizado cada semana.

PREINSCRICIÓN ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2021

Miniatura Noticia

Actividades infantís deportivas e culturais_ xullo e agosto 2021

  • Xogos e dinámicas para o tempo libre
  • Actividades na natureza
  • Rutas de sendeirismo
  • Iniciación a diversas disciplinas deportivas (fútbol, volei, kaiak...)
  • Cursos de natación
  • Obradoiros de ciencia, manualidades, animación á lectura...


📆 𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨 cubrindo o formulario 👉https://bit.ly/2Sa8zO5

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+ info Concello: 981 744 001


Dirixidas a nenos e nenas nacidos/as entre 2007 e 2017.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá, preferentemente.

Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, o funcionamento exacto e as localizacións das actividades.

👣Polas beiras do Fragoso. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Polas beiras do Fragoso
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Verde, auga, natureza, paz...

https://www.youtube.com/embed/yd8BoamxovM

#Dumbría #ríoFragoso #TerritorioVákner #DumbríaéNatureza

👣Río Fragoso I. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Río Fragoso I (Dumbría)
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Hoxe, un cachiño do noso paseo polo río Fragoso. Auga, verde, pedra,... Unha pontella feita polas mans dos nosos devanceiros.

https://www.youtube.com/embed/Lr9VhXK_u6g

#Dumbría #ríoFragoso #TerritorioVákner #DumbríaéNatureza

👣Albergue de Olveiroa. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Imos ata #Olveiroa para ver o albergue público de peregrinos.

https://www.youtube.com/embed/Grc5NjLoxHo

#albergue #DumbríaéCamiño #CamiñoFisterraMuxía #TerritorioVákner

📕🖋#DumbríaNaHistoria. A lingua galega no Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Sabes cando se escribiu a primeira acta de sesión do Pleno municipal de Dumbría en lingua galega?

O galego é a lingua vehicular por antonomasia dentro da casa do concello de Dumbría, ao igual ca en todo o territorio municipal.

Para o conxunto da veciñanza é algo normalizado facer as súas xestións, ou tramitar calquera documentación, en lingua galega.

No que ao falar se refire, esta situación non é nova no Concello. Hai ben tempo que isto é así...na fala. Caso distinto é na escrita.

A algúns puidéralles parecer, por exemplo, que as actas de sesión do Pleno municipal se escriben en lingua galega desde sempre, posto que os nosos concelleiros eran galegofalantes.

Pero non é así. En realidade fai apenas trinta e un anos que isto ocorre.

O 1 de marzo de 1990 redactábase por primeira vez en lingua galega unha acta de sesión do Pleno Municipal en Dumbría.

Naquel Pleno extraordinario, presidido por José Manuel Pequeño, como alcalde, e ao que asistían como concelleiros Ovidio Trillo, Marcos Puente, Jesús Rodríguez M., Elías Edreira, Domingo Alvela, Joaquín González, Evaristo Lema, Jesús Rodríguez L., José Mª Rodríguez, Joaquín Rodríguez, Modesto Senra e Josefa Toba; abordábase o Plan Provincial de Obras e Servizos para o ano 1990, a través do cal se farían melloras en distintos camiños e prazas das parroquias dumbriesas.

A modo de curiosidade, contareivos que o que redactaba esta acta era un Secretario de fóra de Galicia, un estremeño, Eduardo González, que ocupou ese cargo neste Concello ata finais do ano 1995 e ao que moitos/as veciños e veciñas recordaredes.

Eduardo escribiu aquel documento nun máis ca correcto galego para aqueles tempos, empregando, por exemplo, a segunda forma do artigo mellor do que moitos oriúndos do país conseguiron facelo nunca.

Contábame estes días Montse, auxiliar administrativa deste Concello, que naqueles anos se anotaran os dous a todos cantos cursos de galego atoparon.

O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Esta conmemoración naceu, en 1963, desde a RAG, como a data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Todos, aínda que non nos dediquemos ao mundo literario, á escrita, podemos contribuír a que a lingua galega perdure e medre. E, por suposto, as administracións tamén teñen moito que aportar neste senso.

Normalizar o uso da lingua galega, tanto na fala coma na escrita, dentro das administracións debe ser, ao meu entender, tarefa diaria.

Recentemente cumpridos trinta e un anos desa primeira acta de sesión escrita integramente en lingua galega, deséxovos a todos e todas un saudable e feliz día das Letras Galegas.

Ana Casais. Técnica de Cultura do Concello de Dumbría.