Ir o contido principal

👣Río Fragoso I. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Río Fragoso I (Dumbría)
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Hoxe, un cachiño do noso paseo polo río Fragoso. Auga, verde, pedra,... Unha pontella feita polas mans dos nosos devanceiros.

https://www.youtube.com/embed/Lr9VhXK_u6g

#Dumbría #ríoFragoso #TerritorioVákner #DumbríaéNatureza

👣Albergue de Olveiroa. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Imos ata #Olveiroa para ver o albergue público de peregrinos.

https://www.youtube.com/embed/Grc5NjLoxHo

#albergue #DumbríaéCamiño #CamiñoFisterraMuxía #TerritorioVákner

📕🖋#DumbríaNaHistoria. A lingua galega no Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Sabes cando se escribiu a primeira acta de sesión do Pleno municipal de Dumbría en lingua galega?

O galego é a lingua vehicular por antonomasia dentro da casa do concello de Dumbría, ao igual ca en todo o territorio municipal.

Para o conxunto da veciñanza é algo normalizado facer as súas xestións, ou tramitar calquera documentación, en lingua galega.

No que ao falar se refire, esta situación non é nova no Concello. Hai ben tempo que isto é así...na fala. Caso distinto é na escrita.

A algúns puidéralles parecer, por exemplo, que as actas de sesión do Pleno municipal se escriben en lingua galega desde sempre, posto que os nosos concelleiros eran galegofalantes.

Pero non é así. En realidade fai apenas trinta e un anos que isto ocorre.

O 1 de marzo de 1990 redactábase por primeira vez en lingua galega unha acta de sesión do Pleno Municipal en Dumbría.

Naquel Pleno extraordinario, presidido por José Manuel Pequeño, como alcalde, e ao que asistían como concelleiros Ovidio Trillo, Marcos Puente, Jesús Rodríguez M., Elías Edreira, Domingo Alvela, Joaquín González, Evaristo Lema, Jesús Rodríguez L., José Mª Rodríguez, Joaquín Rodríguez, Modesto Senra e Josefa Toba; abordábase o Plan Provincial de Obras e Servizos para o ano 1990, a través do cal se farían melloras en distintos camiños e prazas das parroquias dumbriesas.

A modo de curiosidade, contareivos que o que redactaba esta acta era un Secretario de fóra de Galicia, un estremeño, Eduardo González, que ocupou ese cargo neste Concello ata finais do ano 1995 e ao que moitos/as veciños e veciñas recordaredes.

Eduardo escribiu aquel documento nun máis ca correcto galego para aqueles tempos, empregando, por exemplo, a segunda forma do artigo mellor do que moitos oriúndos do país conseguiron facelo nunca.

Contábame estes días Montse, auxiliar administrativa deste Concello, que naqueles anos se anotaran os dous a todos cantos cursos de galego atoparon.

O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Esta conmemoración naceu, en 1963, desde a RAG, como a data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Todos, aínda que non nos dediquemos ao mundo literario, á escrita, podemos contribuír a que a lingua galega perdure e medre. E, por suposto, as administracións tamén teñen moito que aportar neste senso.

Normalizar o uso da lingua galega, tanto na fala coma na escrita, dentro das administracións debe ser, ao meu entender, tarefa diaria.

Recentemente cumpridos trinta e un anos desa primeira acta de sesión escrita integramente en lingua galega, deséxovos a todos e todas un saudable e feliz día das Letras Galegas.

Ana Casais. Técnica de Cultura do Concello de Dumbría.

📕🖋#DumbríaNaHistoria. Combatendo unha pandemia cunha bañeira de zinc e unha máquina de cortar o pelo

Miniatura Noticia

Imaxinas confiar a túa vida e saúde ós poderes milagreiros dunha bañeira de zinc e unha máquina de cortar o pelo?

En marzo de 2020 viámonos inmersos nunha situación nova para nós. Unha pandemia mundial provocada por un coronavirus que nos confinaba nas nosas casas, sen poder saír máis que para o esencial.

Unha pandemia que, aínda hoxe, nos obriga a vivir baixo medidas extraordinarias de prevención.

Quen nos ía dicir días antes que teriamos que depender dunha máscara, ou de poñer distancia polo medio, para poder falar co veciño da porta?

Non foron poucas as veces que escoitei neste tempo: “todo nos pasa a nós” . Pero o certo é que nos pasa a nós e tamén aos demais.

O das grandes pandemias non é nada novo. Os nosos devanceiros xa tiveron que enfrontarse con elas. Pasou aquí, si, e non fai tanto tempo.

Imaxinades ter que enfrontarnos coa covid-19 cunha bañeira de zinc e unha máquina de cortar o pelo como únicas armas?

Pois en 1918, en Dumbría, ocorreu algo así.

Mergullándonos nos arquivos do Concello, e rescatando os libros de actas de sesión dos plenos da Corporación municipal dese ano, atopámonos cun dato que nos dá boa conta dos escasos recursos cos que se contaba para superar situacións similares á actual.

O 11 de xuño de 1918 recibíase na alcaldía de Dumbría unha circular na que o Ministerio de Gobernación instaba ao Concello a montar un servizo de vixilancia e defensa sanitaria, indicándolle que, “ante todo”, debían mercar unha bañeira de zinc e unha máquina de cortar o pelo. Xa daquela a hixiene debía considerarse fundamental para previr a enfermidade.

Todo isto viña provocado pola persistencia do “tifus exantemático” (enfermidade do piollo verde) en Portugal e a aparición de casos en España.

Seguindo estas indicacións, o Concello, despois de reunirse a Corporación o día 15 dese mesmo mes, fixo tales compras.

A bañeira, xunto coa máquina de cortar o pelo (manual, non eléctrica, como imaxinaredes), ían ser a súa defensa ante a epidemia de tifo que se achegaba. Custaron centro trinta e sete pesetas.

Pero esa enfermidade non viría soa, posto que, nas actas das sesións ordinarias do 28 de decembro dese mesmo ano e do 8 de febreiro do ano seguinte aparecen referencias aos gastos que o Concello debe afrontar para “socorrer y suministrar medicamentos a los pobres del Distrito atacados por la última epidemia grippal”. Nisto investiron duascentas sesenta e tres pesetas.

Así que, con catrocentas pesetas, e a resignación por bandeira, enfrontaron os nosos o que lles viña enriba: tifo e gripe, todo nun.

Como vedes, a crise sanitaria que está provocando a covid-19 non é a primeira que sofre a nosa terra, nin, lamentablemente, ha ser a última.

Os avances científicos cos que hoxe contamos aquí tampouco teñen nada que ver cos de fai cen anos, afortunadamente. Aínda que, ben pensado, a situación non é tan distinta a aquela, aínda hoxe, se nos desprazamos a algúns lugares do planeta.

Imaxinades que cifras de mortalidade podería ter alcanzado esta pandemia se os medios seguisen a ser os mesmos?

Toca pois, ser positivos e fortes. Toca ser responsables e confiar que a ciencia, moito máis avanzada hoxe, sexa quen de  vencer o inimigo.

Cómpre igualmente, de vez en cando, botar unha ollada ao pasado para non esquecelo, para aprender del e para poñer en valor os méritos dos que nos precederon e valorar os avances que se foron logrando.

Xuntos habemos superar isto, tal e como se fixo sempre.

Iso si, desta vez, contando con algo máis que cunha bañeira de zinc.

*Similares aos desta imaxe, poderían ter sido os utensilios mercados polo Concello en 1918

Ana Casais. Técnica de Cultura do Concello de Dumbría.

👣Mirador do Ézaro. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Mirador do Ézaro.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Preciosa e impactante panorámica a que podemos gozar subindo ata o miradoiro. Foi escenario de varias etapas de La Vuelta. Un reto para os ciclistas.

https://www.youtube.com/embed/HjQsdj9ydxU

#Ézaro #MiradordoÉzaro #TerritorioVákner

👣Carballeira de Berdeogas. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
Carballeira de Berdeogas.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Acompáñanos ata a #DevesadaLúa, ata a carballeira na que os dumbrieses celebramos a Festa da Familia.

https://www.youtube.com/embed/64qx3FMBYOI

#Berdeogas #CarballeiradeBerdeogas #TerritorioVákner

👣Vilafernández. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Vilafernández, Olveira.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Hoxe achegámonos ata a área recreativa de #Vilafernández, na parroquia de #Olveira, situada ao carón do #encoro de Fervenza.

https://www.youtube.com/embed/C0BUmvDDbFg

#EncorodeFervenza #TerritorioVákner

👣San Martiño de Olveira. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Igrexa de San Martiño de Olveira.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Imos ata a parroquia de Olveira.

https://www.youtube.com/embed/BKgVIr7XjTs

#Olveira #TerritorioVákner

👣Ermida das Neves de Buxantes. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Ermida das Neves de Buxantes.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Imos ata a ermida da Virxe das Neves, en Buxantes. Situada en pleno #Camiño de Santiago a Fisterra

https://www.youtube.com/embed/Z7zUGd0pb6s

#Buxantes #AsNeves #igrexa #TerritorioVákner #CamiñoFisterra

👣Nosa Señora do mar do Ézaro. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
O Ézaro.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Imos ata a igrexa de Nosa Sra. do Mar do Ézaro.

https://www.youtube.com/embed/O-pY7xFvONM


#Ézaro #igrexa #TerritorioVákner