Ir o contido principal

🔠📕 O RECUNCHO DAS LETRAS

Miniatura Noticia

Paula, normalizadora lingüística do concello de Dumbría, tamén estivo presente nas nosas redes durante estes meses tan especiais e "raros" que nos tocou vivir.

Tróuxonos preciosas historias e tamén algún consello ben interesante.

Botádelle un ollo!

🐱 O GATO ZARPAS:

https://www.youtube.com/embed/GBiJ17xQ5wg

👵🛶 HISTORIAS VIVAS. O BARQUEIRO ENTRE O ÉZARO E O PINDO:

https://www.youtube.com/embed/u8Thewzt40Y

📕👶👧👦 A IMPORTANCIA DOS CONTOS:

https://www.youtube.com/embed/P9mwwG7JLK4

🔠👅 LETRAS GALEGAS. CARVALHO CALERO E AS ALUMNAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS.

https://www.youtube.com/embed/ppRXRUPHRFg

🔠👅 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. AS CRIANZAS DE DUMBRÍA TAMÉN O CELEBRARON.

https://www.youtube.com/embed/THkCHNVNVqU

📕🐦🐦🦅 PIPA, PIPO, SALITRE E AS SÚAS AVENTURAS:

https://www.youtube.com/embed/-LiZ8_B_qYU

🇬🇧 Dumbría Speaks na casa

Miniatura Noticia

Ao longo destes último meses tan diferentes, Natalia, a nosa teacher, quixo estar preto dos nenos e nenas de Dumbría, compartindo con eles algunhas das cancións que os sábados cantabamos no Dumbría Speaks do Conco.

🇬🇧🎵👋 Goodbye Song:

Vocabulario de accións básicas: clap your hands, turn around, jump up high, sit down, stand up, goodbye, see you again....

https://www.youtube.com/embed/I1CAJwvVVrI

🇬🇧🎵👆 One Little Finger:

Para aprender o nome dalgunhas partes do corpo: chin, arm, leg, foot,...

https://www.youtube.com/embed/d_dGgk4nDdw

🇬🇧🎵😃💪🦵🦶 HEAD, SHOULDERS, KNEES & TOES

Repasamos o nome de diferentes partes dos corpo?

https://www.youtube.com/embed/zQpj9vLbHWY

🇬🇧🎵🖐 Finger Family Song:

Para repasar o nome dos membros da Finger Family: daddy, mommy, brother, sister and baby finger.

https://www.youtube.com/embed/0Iahb30iDb0

🇬🇧🎵🖐👊 Open Shut Them:

Para traballar os opostos: open/shut, big/small, please/no thank you, fast/slow, loud/quiet,...

https://www.youtube.com/embed/ftZrOtWMkWI

🇬🇧🎵😃☹️ How Are You Today?:

Sobre as emocións: happy, sad, hungry...

https://www.youtube.com/embed/SfXpPaeOiDk

🗺 A Ponte Olveira – ED

Miniatura Noticia

A Ponte Olveira é un pobo que, xunto co lugar de Olveiroa, pertence á parroquia de Santiago de Olveiroa.

O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía arranca no Concello de Dumbría a través da ponte da Ponte Olveira; unha ponte romana situada sobre o Río Xallas.

Neste enclave tivo lugar unha encarnizada loita o 12 de abril de 1809 cunha tráxica derrota dos dumbrieses.

https://www.youtube.com/watch?v=nG1ArvAokJI
Explora Dumbría – A Ponte Olveira - Olveiroa – Dumbría

A chegada do exército francés a Galicia, perseguindo ao inglés, capitaneado por Moore, deu lugar o 16 de xaneiro de 1809 á encarnizada batalla de Elviña, na Coruña.

Parte deste exército dirixiuse a Santiago e, dende alí, á comarca de Fisterra. Os veciños, coñecedores do seu paso polo río Xallas no lugar da Ponte Olveira, organizáronse para facerlle fronte a través da creación dunha Xunta de Defensa con domicilio en Corcubión. Nela participou, entre outros, o cura do Ézaro, Juan Domingo Pizpieiro.

A feroz batalla na Ponte Olveira traduciuse nunha brutal derrota e perda de vidas humanas por parte da veciñanza. Moitos dos cadáveres foron recollidos varios quilómetros río abaixo. O exército francés, formado por uns 2.000 soldados eufóricos pola vitoria, continou o camiño cara Cee e Corcubión deixando tras de si máis mortes e destrución. Queimaron os arquivos parroquiais de Olveira e Olveiroa. Esnaquizaron a capela, o cruceiro e parte do lugar de Hospital. Aniquilaron aos habitantes e o caserío do lugar de Casas de Maias, queimaron a capela e mataron aos habitantes do lugar de Fonte Santa, en Buxantes.

Pouco máis adiante da ponte, continuando en territorio dumbriés, hai unha finca onde tiña lugar unha primitiva feira de gando, xa desaparecida en 1955.

#DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #PonteOlveira #Olveiroa #Dumbría

Fervenza Accesible

Miniatura Noticia

𝐅𝐄𝐑𝐕𝐄𝐍𝐙𝐀 𝐃𝐎 𝐄́𝐙𝐀𝐑𝐎 𝐀𝐂𝐂𝐄𝐒𝐈𝐁𝐋𝐄 𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐫𝐢𝐚 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚:

Claudia é unha muller de Negreira que con 21 anos tivo un infarto medular de orixe descoñecida.

<< 𝒰𝓃 𝒹í𝒶 ℯ𝓈𝓉ℴ𝓇𝓃𝓊𝒹é, 𝓎 𝒶 𝓁𝒶𝓈 𝒹ℴ𝓈 𝒽ℴ𝓇𝒶𝓈 𝓎𝒶 𝓃ℴ 𝒶𝓃𝒹𝒶𝒷𝒶. ℱ𝓊𝒾 𝒶𝓁 𝒽ℴ𝓈𝓅𝒾𝓉𝒶𝓁 𝓎 𝓂ℯ 𝒽𝒾𝒸𝒾ℯ𝓇ℴ𝓃 𝓂𝓊𝒸𝒽𝒶𝓈 𝓅𝓇𝓊ℯ𝒷𝒶𝓈, 𝓅ℯ𝓇ℴ 𝓃𝒶𝒹𝒾ℯ ℯ𝓃𝒸ℴ𝓃𝓉𝓇𝒶𝒷𝒶 ℯ𝓁 ℴ𝓇𝒾ℊℯ𝓃 𝒹ℯ ℯ𝓁𝓁ℴ. 𝒜 𝒹í𝒶 𝒹ℯ 𝒽ℴ𝓎 𝓈ℯℊ𝓊𝒾𝓂ℴ𝓈 𝓈𝒾𝓃 𝒸ℴ𝓃ℴ𝒸ℯ𝓇 ℯ𝓁 ℴ𝓇𝒾ℊℯ𝓃 ℯ𝓍𝒶𝒸𝓉ℴ. >>

Antes disto estaba a estudar o posgrao de turismo e, tras recuperarse, retomou os estudos.

<< ℳℯ 𝒹𝒾 𝒸𝓊ℯ𝓃𝓉𝒶 𝒹ℯ 𝓆𝓊ℯ 𝓁ℴ 𝓆𝓊ℯ 𝒶𝓃𝓉ℯ𝓈 𝓃ℴ 𝓂ℯ 𝒸𝓊ℯ𝓈𝓉𝒾ℴ𝓃𝒶𝒷𝒶, 𝒶𝒽ℴ𝓇𝒶 𝓅ℴ𝒹í𝒶 𝓈𝓊𝓅ℴ𝓃ℯ𝓇 𝓉ℴ𝒹ℴ 𝓊𝓃 𝓇ℯ𝓉ℴ 𝓅𝒶𝓇𝒶 𝓂í >>

O pasado 6 de xuño cumpríu un dos seus soños...

<< 𝒟ℯ𝓈𝓅𝓊é𝓈 𝒹ℯ 𝓉𝒶𝓃𝓉ℴ𝓈 𝒶ñℴ𝓈 𝒶𝓁 𝒻𝒾𝓃 𝓅𝓊ℯ𝒹ℴ 𝓋ℯ𝓇 𝓁𝒶 𝓅𝓇ℯ𝒸𝒾ℴ𝓈𝒶 𝒸𝒶𝓈𝒸𝒶𝒹𝒶 𝒹ℯ É𝓏𝒶𝓇ℴ 𝒹ℯ 𝒸ℯ𝓇𝒸𝒶 >>

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA CLAUDIA!!
Moitas grazas por respectar a normativa vixente con relación á COVID19! Agardamos unha nova visita! Para o ano terás que vir ver a Fervenza do Ézaro iluminada 😉

#DumbríaéTurismo #DumbríaéAccesible

🗺 Muíño Louredo – ED

Miniatura Noticia

Facendo esta ruta visitarás algunhas das zonas de maior interese etnográfico do Ézaro, entre as que destaca o reconstruído Muíño de Louredo.

Son varios os muíños que poden verse no Ézaro ao longo do curso do río Rosa. Un dato curioso é que os muíños herdaban os seus nomes de alcumes dos seus antigos propietarios, da súa antigüidade ou ben de nomes senlleiros, destacando nomes como: o Muíño da Rejacha, o de Roque, o Vello ou a Moíña, entre outros.

O emprazamento do Muíño de Louredo debía ser ideal para o mel, xa que existen restos de antigas alvarizas de pedra situadas ao seu carón, e tamén outras máis novas nos seus arredores.

https://www.youtube.com/watch?v=XRDLpRHitDE
Explora Dumbría – Muíño de Louredo – O Ézaro – Dumbría

Era habitual que o muíño fose de varios propietarios, tendo cada familia asignado un día determinado para ir moer o millo. No caso de non poderen acudir no seu día, debían agardar ata a quenda da semana seguinte.

O tramo do río onde se localizan o maior número de muíños tamén era empregado para lavar as roupas de cama e poñelas ao clareo.

Características da ruta CIR Monte Pindo - Muíño de Louredo.

  • Lonxitude do trazado: 4.000m (+/-)
  • Pendente media: 6%
  • Cota de inicio: 7 msnm
  • Cota de fin: 91 msnm
  • Desnivel: 84 m
  • Dificultade: media - baixa
  • Duración: 1:30h (ida)

Funcionamento do muíño:

A auga do río é canalizada ata o embude que se atopa detrás, no caso do Muíño de Louredo. Esta auga cae batendo contra o rodicio activándoo e poñendo en movemento, a través do eixo, a pedra circular chamada "moa"; a encargada de desfacer o millo mentres choca coa outra pedra chamada "pe" e saíndo así a fariña.

Xa o teríamos todo para comezar a amasar e a facer empanadas de millo... mmmm... Quen se apunta??

#DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #MuíñoLouredo #Ézaro #Dumbría

🗺 Pozo Encantado – ED

Miniatura Noticia

O Pozo Encantado de Salgueiros é tamén coñecido como O Pozo Negro. Está emprazado no río Bustelo, preto da desembocadura do Río Castro.

O pozo foi feito como consecuencia dunha fervenza duns 4 metros de alto que, co paso dos séculos perforou a rocha ata crear unha enorme pía, ao mesmo tempo que parte do caudal lograba fuxir por un camiño estreito provocando un pozo con abundantes remuíños.

https://www.youtube.com/watch?v=1cXLnZxRQY8
Explora Dumbría – Pozo Encantado – Salgueiros – Dumbría

Na súa beira dereita está unha gran rocha que sostén un antigo muíño fariñeiro coñecido como Muíño do Pozo. Este muíño é anterior ao 1753 e era propiedade do presbítero Roque de Noya, do lugar de Prado (Salgueiros).

Os veciños da comarca cren que o muíño está enmeigado e así o transmitiron de xeración en xeración , creando medo na xente que pregunta por el. Hai quen di que pola noite aparecían luces brillantes que manaban do pozo, acompañadas de choros e lamentos na contorna da fervenza. Todo este medo debeu xurdir tralo afogamento dun veciño a finais do século XIX en estrañas circunstancias.

Na metade do século XX suicidouse unha muller, tirándose do alto da rocha e os lugareños de Pazo e Cernado pasaron moitos traballos para recuperar o corpo.

Este lugar é coñecido como Leiras da Prata e na súa contorna había catro cruceiros. Antes da Guerra Civil, xurdiron acontecementos misteriosos... O Cruceiro de Reboredo, o do Petón dos Muíños e a Cruz de Pazo desapareceron sen deixar rastro. Segundo xente maior do lugar de Prado, o Cruceiro de Ceáns estaba nunha finca privada. O dono rompeuno para pechar unha leira e a partires dese momento esa familia comezou a sufrir tremendas desgrazas ata desaparecer toda ela.

Todas estas historias quedaron moi gravadas na memoria da xente do lugar e así o foron transmitindo de xeración en xeración, creando un halo de misterio e de medo arredor do Pozo Encantado.

#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #PozoEncantado #Salgueiros


🌍 TURISMO &amp; COVID-19

Miniatura Noticia

Se nos visitas vindo de fóra da comunidade autónoma galega, sexas ou non de Galicia 👇

https://www.youtube.com/watch?v=QFeICslwcFE

💦 FERVENZA DO ÉZARO & COVID19

En Dumbría temos en marcha un programa de protección e información directa á veciñanza pola COVID-19. Un plan participativo, en beneficio de todos, e queremos seguir sendo un concello seguro.

Estamos desexosos de volverte a ver polo noso Concello e compartir xuntos a fermosa Fervenza do Ézaro.

Por iso pedímosche a túa colaboración para seguir facendo de Dumbría un concello seguro para todos.

Sigue a recomendacións e goza Dumbría.

https://www.youtube.com/watch?v=vQtzNWx8LmE

Este ano non haberá iluminación nocturna para evitar aglomeracións, como medida de prevención fronte á COVID-19.

⚠ AVISO:

Durante as fins de semana do verán, o acceso á Fervenza do Ézaro estará regulado por membros de Protección Civil do Concello de Dumbría para tratar de ordear o espazo limitado do entorno da Fervenza do Ézaro, co fin de evitar atascos e fomentar unha mellor experiencia por parte de todos os visitantes.

😷Agradecemos de antemán a comprensión e non esquezan a máscara no coche!

OIT ÉZARO & COVID19

https://www.youtube.com/watch?v=fAeYsXpVa5s

A Oficina de Turismo do Ézaro, Dumbría, aposta polo TURISMO SEGURO e, para iso, ten en marcha un protocolo Covid19.

O seu bo funcionamento depende de todos: técnicas de turismo + visitantes + persoal de limpeza e desinfección.

🚽 ASEOS PÚBLICOS & COVID19

💦👏😷 Non esquezas a máscara nin desinfectar as mans antes de entrar aos WC públicos.

https://www.youtube.com/watch?v=F-tPJcPX2bo

👍 Gozar dun verán atípico pero fóra da casa depende de todos!

#DumbríaéTurismo

🗺 Vilafernández – ED

Miniatura Noticia

“A Fervenza, un punto de encontro para as aves e os seus amantes”

HIDROELECTRICIDADE

A enerxía hidráulica foi empregada dende a antigüidade para moer a fariña e para realizar outras tarefas. No Concello de Dumbría a hidroelectricidade ten unha marcada presenza.

Son catro os encoros existentes no río Xallas-Ézaro, cuxa principal función é a de controlar o caudal do río para o funcionamento das centrais hidroeléctricas e como abastecemento de auga para outros concellos da zona.

O encoro que se atopa no primeiro tramo do río é o Encoro da Fervenza, un dos máis importantes da provincia da Coruña. Abrangue terreos dos concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Foi construído en 1967.

Hai máis de 50 anos que gran parte da parroquia mazaricana dos Vaos quedou baixo as augas do río Xallas debido á construción do encoro. Ducias de familias tiveron que abandonar as súas vivendas e as súas terras. Agora só quedan a igrexa, o cruceiro e as sepulturas que foron trasladadas, pedra a pedra, ata a aldea do Niñán.

Esta presa xera parte da enerxía que emprega Xeal nas súas fábricas de ferroaleacións. Antigamente o que agora é o encoro da Fervenza, era unha canteira de rutilo ou óxido de titanio, un mineral estratéxico entón empregado sobre todo na soldadura como material para os eléctrodos. Aínda que tamén se empregaba na época como substituto do diamante para producir xemas ou como base de titanio metálico. Hoxe en día, este tipo de material emprégase na tecnoloxía láser.

https://www.youtube.com/watch?v=8tQqeA8sUe0
Explora Dumbría - Vilafernández - Olveira - Dumbría

OBSERVACIÓN DE AVES

Galicia está situada nun punto estratéxico da xeografía, a cabalo entre dous mundos diferentes, a rexión atlántica e a mediterránea, o que lle permite atopar nun reducido espazo especies características destas dúas áreas bioxeográficas.

AULA NATUREZA DE VILAFERNÁNDEZ

A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao carón do encoro da Fervenza. Esta área conta cun parque infantil, un refuxio con chemineas a disposición de calquera usuario previa reserva e sen custe, ademais de aseos e de varios puntos de observación de aves.

Dende o observatorio ornitolóxico pódese contemplar un amplo espazo natural poboado de aves acuáticas de diferentes especies onde atoparon un lugar no que vivir, especialmente no inverno, cando acolle aves procedentes de latitudes máis setentrionais.

A profundidade do Encoro da Fervenza non é moita, polo que é un bo lugar para observar aves que se alimentan no fondo e capturan peixes mergullándose.

MELLOR ÉPOCA: De decembro a marzo e de setembro a outubro.

PUNTOS CHAVE:

  • Os campos que rodean o encoro en inverno son un bo sitio para observar o escaso pimpín do norte e os tordos reais.
  • Nas augas abertas do encoro é frecuente o mergullón cristado todo o ano e, no inverno, o pato chupón e o cormorán moñudo.
  • En primavera e outono podemos ver outras especies en migración como a gaivota escura ou o a gaivina negra.
  • En primavera podemos observar o millafre negro e o falcón peregrino.

É, sen lugar a dúbidas, un lugar paradisíaco para os amantes da ornitoloxía.

#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #EncorodaFervenza #Vilafernández

🗺 O Carboal - ED

Miniatura Noticia

Unha nova entrega do Explora Dumbría! Hoxe, gravado e non en directo, xa que a cobertura non nolo permitía.

A pequena central da Eléctrica Cereijo construíuse na beira dereita do río Brens, tamén chamado Río Buxantes, a comezos do 1.900; vinteséis anos máis tarde deixa de producir electricidade debido á súa baixa rendibilidade e ás dificultades de ampliación.

O industrial Ceense Juan Cereijo herdou en 1884 unha importante herdanza a cal lle serviu para levar a cabo na comarca diversos investimentos, entre os que destaca a pequena central termoeléctrica no río do Carboal ou de Buxantes, tamén chamado río de Brens. Juan Cereijo, ademais de ser o dono da sociedade “Electra Cereijo” tamén era alcalde de Cee, alá polo 1905.

A electricidade de Electra Cereijo serviu para que a vila de Cee desterrase os candís de aceite e os farois de petróleo, carburo e gas en 1905. Un ano máis tarde, en 1906, a electricidade chegaría a Corcubión e, pouco despois, a Fisterra.

https://www.youtube.com/watch?v=DYAqcUoEzdg&feature=youtu.be
Explora Dumbría - O Carboal - Buxantes - Dumbría

Para o aproveitamento hidroeléctrico construíuse unha presa no río, derivándose as augas pola marxe dereita por un canal duns 350m de lonxitude ata a cámara de carga. Dende ela, salvando un desnivel duns 35m, baixaba a tubaria metálica de algo máis de 170m de lonxitude ata a casa de máquinas, edificada unhas decenas de metros augas arriba do coñecido como Muíño de Pou.

Para paliar a irregularidade do curso fluvial e a forte variabilidade estacional, o equipamento hidráulico da Electra Cereijo complementábase cunha caldeira e unha máquina de vapor que accionaba o alternador cando a potencia da máquina hidráulica resultaba insuficiente para as necesidades do servizo.

Aínda que a concesión a favor da Electra Cereijo foi fixada en 20 anos, as frecuentes interrupcións do servizo farían que o Concello de Corcubión convocase un novo concurso para a subministración eléctrica nos comezos do 1926. Consecuencia disto, Juan Cereijo retiraría todas as lámpadas da vía pública da vila, argumentando que o concello lle debía 2 anualidades de subministración. O novo contrato seríalle adxudicado a Electra del Jallas.

En 1905 contaba cunha turbina hidráulica de reacción, tipo Francis de cámara aberta, que arrastraría o alternador. Posteriormente o aproveitamento contaría co complemento dunha caldeira alimentada con carbón que faría funcionar a máquina de vapor que arrastraba tamén o alternador eléctrico.

Ollo! É un lugar de moi complicado acceso. Non debe ir unha persoa soa. Débese acceder acompañado de alguén que coñeza a zona!

#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #Carboal

🗺 Chan das Lagoas -ED

Miniatura Noticia

Directo emitido desde o Chan das Lagoas, en Berdeogas, o punto de maior altitude do Concello de Dumbría, 530 msnm.

Aquí atópase a Estación de Control Marítimo, que pertence ao Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, un dos cinco mellores radares de control de tráfico marítimo do mundo. Foi construído como consecuencia do Prestige.

https://www.youtube.com/watch?v=0Pc3HBS4nPE
Explora Dumbría no Chan das Lagoas - Berdeogas - Dumbría

Aquí atoparás un impresionante miradoiro desde onde ver os montes de Malpica, o val de Soneira, a comarca do Xallas, a serra do Barbanza, o Monte Pindo, o cabo Fisterra, o litoral de Muxía, ... En días despexados, as antenas do Monte Pedroso en Santiago e o Pico Sacro de Boqueixón.

O Chan das Lagoas real está noutro lugar, a uns 1.600 m deste punto, onde nace o río Hospital. Este lugar era coñecido como o Alto da Cruz de Cabral. Pero tamén hai quen lle chama o Balcón da Costa da Morte.

Lugar estupendo para gozar dun día sen vento e despexado!


#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #ChanDasLagoas