Ir o contido principal

ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO 2024

Miniatura Noticia

🌊🎧 CONTOS DO MAR DUMBRÍA

Miniatura Noticia

A mañá do sábado 8 de xuño, celebrouse no Ézaro a presentación da audioguía ficcionada de Dumbría enmarcada dentro do proxecto Contos do Mar.

En dita presentación participaron o alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González, a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís Soledad Agra, a técnica de Turismo do Concello de Dumbría Ada González, a actriz do Grupo Chévere Patricia de Lorenzo, a Concelleira de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría María Lema e as participantes dos Contos do Mar do Ézaro: María Genoveva, Alejandro, María Luísa, Joaquín, Manuela, María del Carmen, Celina, Ovidio, Mari Ángeles, Manola, Nieblas, Efigenia e Lupe (en representación de seu pai Julio).

Aproveitouse a presentación para que Isaura, a protagonista da audioguía interpretada por Patricia de Lorenzo, coñecese en persoa ás súas amigas de Dumbría.

Así mesmo, en agradecemento pola súa colaboración e participación no proxecto fíxoselle entrega dunha escultura da Pedra do Brazal e dun diploma a cada unha das protagonistas.

https://www.youtube.com/watch?v=XfuNO5YXKq8&t=9s

Foi a ocasión para que as protagonistas puidesen descubrir a audioguía ficcionada na que se agochan as historias do Ézaro: cando se ía á arte, cando non había ponte e había que cruzar o río nunha barca, cando ían cos cestos de peixe á cabeza para ir vendelos a centos de quilómetros, cando ían cas toradas na cabeza, cando traballaron no túnel de Salto Castrelo, cando se ía a angula, … Moitas historias, moitas delas vividas polas propias protagonistas e outras para lembrar ás que xa non están. Porque cando non se fala dun suceso, este esquécese e pérdese nas vindeiras xeracións… É por isto a importancia de contar con estas mulleres bravas, que algunha xa roza os cen anos.

Un proxecto que quedara aparcado pola pandemia e que volveu recuperarse para poñelo en valor. A idea é que funcione como un desestacionalizador; é dicir, como oferta cultural e turística en tempada baixa tanto para a poboación visitante coma para a local. Un recurso máis para ampliar o abano de opcións a quen desexe coñecer a súa terra, as súas orixes e o patrimonio inmaterial do Ézaro, porque a identidade dun lugar comeza pola súa xente.

📹 VÍDEOS CONTOS DO MAR

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2024

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

💻PREINSCRICIÓNS ata o 21 de xuño, cubrindo o formulario: https://forms.gle/zGkA5GPmKP5i9Ytu6

PRAZAS LIMITADAS!

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬.

+ info Concello: 📞 981 744 001

Actividade financiada a través do Programa Corresponsables 2024 da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte

MAIO DE LETRAS

Miniatura Noticia

Ao longo das vindeiras semanas teremos varias citas coas Letras e en diversos formatos.

As Letras achegaranse ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría en varias datas:

  • 3 de maio, contacontos con Duende Sico, que unirá as Letras e o Deporte, o proxecto educativo no que vén traballando todo o centro educativo ao longo deste curso.
  • 9 de maio, Kalopsia: un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con intérprete de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con Kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior.
  • 14 de maio, o alumnado fará unha visita guiada á biblioteca do Conco e participará na actividade E a ti...que che contaban?, con Vero Rilo, programada a través do Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O sábado 4, ás 19 horas, teremos o prato forte desta programación: o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes, entre outros moitos recoñecementos, visita a Fervenza do Ézaro.

Da súa man, faremos un percorrido por parte da súa obra e tamén pola tradición oral e escrita galega.

Todo iso acompañado dunha actuación con música tradicional e nunha paraxe máxica como é a desembocadura do río Xallas, ao pé da súa senlleira fervenza.

Do 16 ao 19 de maio, viaxaremos ata terras de León e Zamora, con visitas guiadas a diferentes cidades, pobos e enclaves naturais.

E, para rematar esta celebración das Letras, o 4 de xuño, o alumnado do colexio de Dumbría participará nunha andaina convertida en roteiro literario, na que terán a oportunidade de coñecer un pouco mellor a figura do Vákner e achegarse á Dumbría que está agochada nas letras de quen a ten habitado ou visitado, autores e autoras que nola amosarán a través da súa particular mirada. Unha maneira activa de coñecer un chisco máis o Territorio Vákner.

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦

Miniatura Noticia

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦 · 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗗𝗨𝗠𝗕𝗥𝗜́𝗔

Contacontos, música, títeres, ciencia, robótica, manualidades... Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

A través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, chegan novas actividades ás bibliotecas.

Nas nosas bibliotecas tes, tamén, ao teu dispor milleiros de libros. Entra visitarnos e bótalle un ollo!

PROGRAMACIÓN ABRIL DE LIBROS nas CASAS DE CULTURA do Concello de Dumbría⤵

 

🎶📕MARTES 16 · 18h · BERDEOGAS· CANTAR E CONTAR - GRANDES ÉXITOS 2004-2024 · Caxoto

🖋👩‍🎨VENRES 19 · 18h · BUXANTES· DEBUXAR LETRAS · Alba Farto (+ 7 anos)

🎨 MARTES 23· 18h · DUMBRÍA· COAS MANS NA MASA · OQO Editora

🧪VENRES 26 · 18h · O ÉZARO· DE CIENCIAS OU DE LETRAS? EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA · Antía Yáñez

🤖MARTES 30· 18h · OLVEIRA· ROBÓTICA NA BIBLIOTECA · Átomos

#DumbríaéCultura #LerContaMoito

Premiados no Entroido de Dumbría 2024

Miniatura Noticia

Entroido de Dumbría 🏅

👏👏👏Parabéns aos gañadores desta edición, e grazas ás 7 comparsas que concursaron, e tamén a comparsa municipal de Dumbría, que aínda que non concursaba axudou a crear o Entroido máis MOLÓN!!!

Primeiro Premio:

🎭Os da Charca de Fisterra

Segundo Premio:

🎭Os Enjominados de Cee

Terceiro Premio:

🎭Os Trotamúsicos de Fisterra

Accésit:

🎭Cansorriño de Camariñas

🎭Os Parrandeiros de Vimianzo e Zas

🎭Sogras de Negreira

🎭O Campo do Bo Rollo de Corcubión

🏅Mellor disfraz individual para A nena con disfraz de aneis de latas de Coca-Cola.

Poder ver fotos do ENTROIDO 2024 no álbum do Facebook Entroido 24

#entroido#carnaval#dumbría#costadamorte#galicia

#DumbríaéEntroido

#DumbríaéCultura

#DumbríaParaTi#entroido2024

Entroido 2024

Miniatura Noticia

🎭Entroido Dumbría 2024

📌 No pavillón polideportivo do Conco - Dumbría

📆 Domingo 11 de febreiro

🕔 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.

Concurso de disfraces individuais e de comparsas.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 8 de febreiro.

Bases⬇

https://acortar.link/KqkACl

ℹ️ Oficinas Municipais - 981 74 40 01

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéEntroido #TerritorioVákner #entroido

Modesto García Quintáns e Nieves García Centeno

Miniatura Noticia

Decembro de 2023

OS AUTORES:

Datos biográficos

  • No eido profesional, Modesto, sabemos que es enxeñeiro topógrafo e que traballaches no Instituto Xeográfico Nacional. Dumbría tela máis que pateada, recollendo non só datos xeográficos, senón tamén a nivel de toponimia, de lendas, de alcumes, de datos históricos,... Pódese resumir todo iso?
  • Nieves, xornalista, historiadora. Por que esa elección profesional e que camiño, camiños, percorreches para chegar ata hoxe?

O LIBRO:

O libro que nos ocupa, O monte do Pindo ao descuberto: Rutas e Lendas.

Sobre o Monte do Pindo tense escrito moito, pero queda máis por descubrir. Neste libro déixase o Pedregal ao descuberto e cada apartado dá para outro volume, pois se abarcan de maneira sinxela aspectos  como a xeografía e a hidrografía, os ríos e as fontes, os datos da poboación, a historia e lendas, e as rutas que o percorren para chegar á Moa ou a Peñafiel, pasando polos petóns, puntos de interese, covas e refuxios, ríos, muíños, e todos xeorreferenciados con coordenadas UTM. Información inédita en moitos aspectos, como a toponimia do Monte, con máis de 800 topónimos, e todo acompañado por fotografías e un mapa en cor con esas rutas, feito polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), que é inédito tamén.

  • Como xorde en vós a idea de escribir este libro e como se repartiron as tarefas para sacar adiante esta publicación, como vos organizastes?
  • Imaxinamos o laborioso traballo de campo, de documentación, de recollida e organización de datos que conleva unha publicación deste tipo. Moito tempo investido, non?

SOBRE O EIDO DAS LETRAS:

  • De Modesto coñecemos de preto outras publicacións, sabemos de colaboracións habituais en medios de comunicación,... Algo novo sempre no horizonte, Modesto?
  • En canto a Nieves, como combinas ese binomio entre a historia e o xornalismo? Sabemos da túa afección ás viaxes. Máis alá do desfrute e do enriquecemento persoal, son tamén unha ferramenta máis de traballo?
  • Que libro ou libros estás/estades lendo neste momento?
  • Gústavos ler en dixital ou preferides en papel?
  • Que autor ou autora da Costa da Morte, ou de fóra dela, che gustaría recomendar?

Desde o Concello de Dumbría queremos felicitar a Modesto e Nieves pola publicación deste novo libro e agradecemos que elixisen a súa casa, Dumbría, para facer a súa presentación ao público, así coma que accedesen a esta entrevista para o blog do departamento de Cultura.

Deixamos abaixo a ligazón para acceder á entrevista que nos concedeu, en abril de 2012, Modesto García con motivo da celebración do Día do Libro. Nela falaba da publicación do libro El Ayuntamiento de Dumbría : historia, tradiciones y costumbres (Deputación da Coruña, 2008):

Encóntranos nas redes

Vídeos, imaxes, novas... todo sobre o Concello