Ir o contido principal

Abre o CIR - Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro

Miniatura Noticia

Comenza o verán e o Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo, abre as súas portas o público. Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro permanecerá aberto para ser visitado e informarse das diferentes rutas de acceso o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro.

O seu horario é:

Martes a Sábado: 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 h

Domingo: 11:00 a 14:00 h

A Radio Galega viaxa a Dumbría para homenaxear ao CF DUMBRÍA.

Miniatura Noticia

O martes 27 de febreiro ás 20:00 h, achégate á Casa da Cultura de Olveira e participa na homenaxe adicada ao mítico club de fútbol de Dumbría.

O xornalista de deporte Alfonso Pardo gravará unha edición especial do programa da Radio Galega Convivir Deportivo, no que se repasará a traxectoria do club, os seus logros e como afronta o presente e o futuro.

Dumbría en clave deportiva!!!

A praga da pataca REUNIÓN INFORMATIVA

Miniatura Noticia

Con motivo da declaración por parte da Consellería de Medio Rural de varias parroquias do concello de Dumbría como zona tampón demarcada pola presenza da praga de corentena denominada couza guatemalteca da pataca declarada en todo o término municipal de Muxía, convócase a tódolos veciños e veciñas do concello a unha reunión informativa, con asistencia de técnicos da Consellería, para informar da situación e medidas que hai que adoptar no concello de Dumbría.

DÍA > Xoves 5 de abril 2018

LUGAR > Casa de Cultura de Olveira

HORA > 19:00 h.

A ESQUIAR A MANZANEDA 2020

Miniatura Noticia

Campaña de inverno 2020. Deputación da Coruña.

Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda.

Dirixido a rapazas/ces empadroados, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019).

Preinscricións no concello ata o 4 de decembro.

+info: Departamento de Deportes do concello ou en https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui

AXUDAS

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA.

TIPO DE AXUDA:

Son axudas para sufragar parte dos gastos das estadías. Consisten nunha subvención de 35€/persoa/estadía de fin de semana para @s nen@s de 12 anos ou máis e adultos; e de 37,5€ para @s menores de 12 anos.

REQUISITOS: > A persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa. > Residir en Galicia. > O título de familia numerosa estea en vigor. > A renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500€ anuais.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: > Vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

> Xefaturas Territoriais da Consellaría de Política Social.

> PRAZO: até o 2 de decembro de 2019.

+INFO: Servizos Sociais do Concello de Dumbría.

A Deputación da Coruña financia a contratación ao longo do ano 2022.

Miniatura Noticia

 

"A Deputación da Coruña financia a contratación ao longo do ano 2022 do seguinte persoal municipal:


Técnico/a deportivo/a - Importe da subvención: 10.000 €


Técnico/a en animación cultural - Importe da subvención: 10.000 €


Normalizador/a lingüístico/a - Importe da subvención: 15.000 €







 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




37ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.

Miniatura Noticia


O 3 e o 4 de agosto,

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.


Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR) e música para todos con Tanto Nos Ten (música tradicional), Cantando con Pinocho (público familiar) e Paty Lesta & The Hits versionando os grandes éxitos dos mellores artistas nacionais e internacionais de todos os tempos.


E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación pola tarde da orquestra Galilea.




 

PROGRAMA SÁBADO



 

PROGRAMA DOMINGO




36ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.

Miniatura Noticia


O 5 e o 6 de agosto, trixésimo sexta edición da Festa da Praia do Ézaro.

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.

Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), música con Tanto Nos Ten e as actuacións do Pallaso Piter e do Mago Teto, cun espectáculo que mestura maxia e o mellor do rock, no Ézaro, Dumbría.

E o domingo Gran Sardiñada popular!!! E a actuación do Grupo Alkar!!!

 

PROGRAMA SÁBADO



 

PROGRAMA DOMINGO




3 Concertos históricos en Dumbría, PARA TI

Miniatura Noticia

O vindeiro 4 e 5 de agosto Dumbría pón a praia do Ézaro "en pé de festa". Durante a primeira fin de semana de agosto o Concello de Dumbría celebra a 33ª edición da Festa da Praia do Ézaro, e temos tres concertos de verán preparados para ti.

 

ACTUACIÓNS MUSICAIS "na festa da praia do Ézaro 2018"

Perry Mason

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"Perry Mason, firme defensor de los inocentes compositores, saca a la luz las fechorías de Iria, Pepe, Óscar y Javi. Perpetradas bajo la luz de neón y el calor de los locales de ensayo, llegan con ganas de quedarse y destripar temazos del funk, rock y blues al compas de los brindis y de los reencuentros. Indudablemente sentencian: culpables".

En Mala Hora​

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"En mala hora nace como una banda espontánea de versiones formada por músicos de dilatada trayectoria en el mundo de la música.

Con un directo lleno de energía, hacemos un repaso por los clásicos del Pop/rock y Blues de los 70 en adelante, tanto en castellano como en inglés".

Superglú

. Sábado 4 de agosto

. A partir das 19:30

. Praia do Ézaro (Concello de Dumbría)

"Grupo indie-pop en el que, mezclando temas propios con sus particulares versiones, que van desde Izal hasta Van Morrison, tratan de transmitir la energía, el buen rollo y el amor que sienten por la música y por la vida."

25 Aniversario Club de Fútbol de Dumbria.

Miniatura Noticia

 

Cumpridos 25 anos da creación do Club de Fútbol Dumbría queremos celebralo con vós e con todos os que pasaron polo noso club durante todos estes anos.


O CF Dumbría fundouse o 10 de febreiro de 1996, polo que o vixésimo quinto aniversario xa se cumpriu, pero a paralización de eventos e actividades derivados da pandemia fixo que non puidesemos celebrar antes.


Pero agora si, o Domingo 12 de febreiro ímolo festexar con un Gran Cocido no Conco dirixido a ex xogadores, xogadores, nais, pais, veciños e afecionados en xeral.


Todas as personas que queirades participar neste encontro deberedes realizar a inscrición e reserva a partir do xoves 12 de xaneiro.


Os tickets poderanse adquirir nas instalacións deportivas do Conco-Dumbría e tamén se poderá facer a reserva chamando ao teléfono 664316417.


Estamos preparando un programa de actos que vos permitirá gozar dun día inolvidable. Concello de Dumbría

 



 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




20 FESTA DA FAMILIA, estamos de volta!!!

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:


O vindeiro 31 de xullo na Carballeira de Berdeogas volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.


Este ano é un ano especial xa que a nosa festa máis querida e importante quedou en repouso durante dous anos.


Por iso este ano vai ser tan especial unha gran festa veciñal chea de amor unha gran romaría familiar onde convertemos a Carballeira de Berdeogas na gran casa onde todo o mundo é benvido.


Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar deste reencontro e aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos cheos de desesexos de alegría.

Dumbría, unha gran familia.

Un saúdo e boa festa a todos.

José M. Pequeño Castro

Alcalde de Dumbría

 

 

PROGRAMA

> SESIÓN VERMÚ: Orquestra “RITMO XOVEN”

> XOGOS INFANTÍS

> XANTAR NA CARBALLEIRA

> PULPEIRA na que se poderán comprar diversas racións.

Igualmente como en anos anteriores cada grupo tamén poderá levar a súa propia comida.

 

ACTUACIÓNS

> BANDA DE GAITAS INVERNÍA

> CHARANGA O RUMBO

> GAITEIROS FLOR DO TOXO

> AGRUPACIÓN CORAL CHAN DAS LAMAS

> A partir das 18:00 horas

. Grupo GARIBALDI

. Orquestra RITMO XOVEN

 

No concello non se dispensarán tickets SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do día 28 de xullo".