Ir o contido principal

Ler Conta Moito 2020

Miniatura Noticia

As bibliotecas do Concello de Dumbría acolleron ao longo deste último mes varias actividades de animación enmarcadas no Programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo, e dirixido á dinamización das bibliotecas pertencentes á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Debido á excepcional situación que estamos vivindo a causa da COVID-19, as condicións nas que se desenvolveron foron ben distintas ao que estamos acostumados. Máscara, distancia social, ...

Por isto, temos que agradecer a todos os/as profesionais que visitaron as nosas bibliotecas e moi especialmente que nos permitisen a retransmisión en directo das súas actuacións a través das redes sociais do Concello. Os directos en Facebook e Instagram tiveron moito seguimento por parte da veciñanza.

Na ALM de Berdeogas, estiveron o Mago Teto, xunto con 4500 anos da incrible historia da Maxia, e Brais das Hortas, que nos achegou uns Contos para caghar patatillas.

Na BPM do Ézaro, os encargados de animar as tardes foron o Mago Pedro Bugarín, con Nova maxia para todxs, e Pavís Pavós, que nos achegaron as Historias da Marquesa.

En Olveira, pasaron pola ALM o Mago Albert, que ten moito conto, e Pinconús Teatro, que nos achegou á biblioteca de Don Basilio.

Na ALM de Buxantes, Pedro Brandariz achegounos moitos Contos de Michos, e Larraitz Urrusola fíxonos partícipes da súa Festa dos monicreques.

Tamén en Dumbría se levaron a cabo actividades ben entretidas. Co Ilusionista Mago Marco aprendemos Maxia. Coñecemos os Ovos de Conto, da man de Pedras. Artesanía e Patrimonio. E tamén nos adentramos no mundo da stop-motion da man de Minia, de Gargallando.

#Dumbría #BibliotecasdeDumbría #lercontamoito #bibliotecas #DumbríaéCultura

DENDE DUMBRÍA ATA MAUTHAUSEN

Miniatura Noticia

En 2006, no primeiro ano de conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto, o Concello de Dumbría celebrou un acto na Casa Cultural de Berdeogas na que se homenaxeaba a figura de Máximo Ingilde Maceiras (natural de Olveiroa), heroe da Resistencia francesa na loita contra os alemáns; así coma as dos veciños de Dumbría dos que tiñamos constancia que faleceran nos campos de exterminio nazi, Silvestre Alvite Miranda (de Regoelle), Manuel Piñeiro Agulleiro (de Alvarellos) e o propio Manuel Rodríguez Louro (do Ézaro).

O domingo 13 de setembro a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica - ARMH organiza no Ézaro un acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, nacido no Ézaro en 1916. Ás 11:00 h, no Edificio Bitácora presentarase o libro "Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen", obra de Francisco Fernández Naval. Ás 12:00 h, na Casa de Pedra, CIR Monte Pindo, descubrirase unha placa na súa honra.

Manuel era mariñeiro. Na primavera de 1937 fuxiu con outros moitos mozos ao monte Pindo. Escapou por mar e chegou a Bristol no mes de outubro. De alí é deportado á España republicana, entrando en Cataluña dende Francia. Despois da derrota das tropas republicanas, cruza a Francia, onde foi mobilizado nos batallóns de traballo do exército francés. Trala derrota de Francia e a ocupación alemá, foi deportado ao campo de exterminio de Mauthausen, onde, como di Luis Lamela no artigo ligado máis abaixo, foi escravizado ata a extenuación.

Acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, veciño do Ézaro deportado ao campo de concentración de Mauthausen.

📆 DOMINGO 13 SETEMBRO DE 2020

📌Edificio Bitácora. Ézaro ⏰11:00 h

📌Casa de Pedra. CIR Monte Pindo. Ézaro ⏰12:00 h

❗️AFORO LIMITADO como medida de precaución ante a covid19

+ info: Deixámosvos ligazóns a artigos da Voz de Galicia, falando da historia de vida destes veciños:

👉 El exterminio nazi en los vecinos de la Costa da Morte. Luis Lamela: https://bit.ly/3i8Au8v

👉 Los caídos en Mauthaysen: Manuel Rodríguez Louro, de O Ézaro. Luis Lamela: https://bit.ly/2ZbLhY4

👉 Los caídos en Mauthausen: Manuel Piñeiro, de Berdeogas. Luis Lamela: https://bit.ly/35d47SL

👉 Los fallecidos en Mauthausen. Silvestre Alvite Miranda, de Olveira. Luis Lamela: https://bit.ly/2R1jAgj

👉 Un dumbriés puso contra las cuerdas a los nazis en Francia. Máximo Ingilde Maceiras. E.E: https://bit.ly/3h4x0mf

🌞UN RETO DE SOPROS - DC

Miniatura Noticia

Descripción:DIVERCONCO 18. UN RETO DE SOPROS

🌞👧👦  Hoxe no #diverconco lanzámosvos outro reto.

https://www.youtube.com/embed/aMLbOmE4Ogk

Ánimo! 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #reto #sopros

🌞XOGO TRADICIONAL: A MARIOLA - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 17. XOGO POPULAR: A MARIOLA
🌞👧👦  Hoxe no #diverconco toca lembrar un xogo tradicional, a mariola. Un xogo con múltiples variantes, segundo o lugar no que nos atopemos.
Este é un xogo tamén coñecido con outros nomes, por exemplo, cabezote ou cabesote.
Ti como lle chamas?

https://www.youtube.com/embed/2S5nG3fYdb0

Pasádeo ben! 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #xogo #mariola #cabezote #cabesote

🌞COCIÑAMOS POLIÑOS DE OVO - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 16. COCIÑAMOS POLIÑOS DE OVO

🌞👧👦  No #diverconco, hoxe cociñamos unha receita ben sinxela.
Lembrade que cando cociñan os peques, sempre é bo que haxa supervisión dunha persoa adulta.

https://www.youtube.com/embed/0Ot0gfApR8A

Bo proveito!
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #cociña #infantil

🌞CONSTRUÍMOS UN 3 EN RAIA - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 12. CONSTRUÍMOS O NOSO XOGO DO 3 EN RAIA.

🌞👧👦  Neste #diverconco imos construír o noso propio xogo do 3 en raia.

Algunha parte do proceso precisa da axuda e supervisión dunha persoa adulta.

https://www.youtube.com/embed/6sySo-f2cds

Desfrutádeo 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #xogo #3enraia #reciclaxe 

🌞PALMA DE FLORES - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 15. PALMA DE FLORES

🌞🌹💐 Hoxe, o #diverconco vai para as persoas adultas; aínda que, se cadra, algún peque tamén se anima... Imos facer unha palma de flores.

Así lembramos de novo os cursos que se desenvolveron este ano nas casas culturais.

https://www.youtube.com/embed/lCJPMgGbn0I

Agardamos que vos guste!
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #flores

🌞LABIRINTO DE BÓLAS - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 14. LABIRINTO DE BÓLAS

🌞👧👦  Hoxe no #diverconco construímos un labirinto de bólas.

https://www.youtube.com/embed/wHzdHRu7Q2c

A construír e a xogar! 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #xogo #labirintodebólas

🗺 Pedra do Brazal -ED

Miniatura Noticia

O granito forma parte do carácter de Dumbría. Así o demostra o carácter caprichoso da natureza á hora de crear esculturas que retan ao vento mentres manteñen un perfecto equilibrio. Exemplo de capricho natural é a Pedra do Brazal, tamén coñecida como Pedra Cabalgada.

Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía e Director do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, mantén que se trata dun magma granítico que fai 330 millóns de anos ascendeu á superficie da terra e que ao arrefriarse transformouse en rocha, deténdose a 24km de profundidade.

Dende entón a erosión realizada pola chuvia, o vento e os ríos foi levando a terra e as rochas que a cubrían, ata que fai 200 millóns de anos viu por primeira vez a luz do sol. Foi un ascenso lento, a unha velocidade de 5 centímetros por ano, o equivalente ao tamaño dun limón por ano.

https://www.youtube.com/watch?v=4syFHic5p4Y
Explora Dumbría na Pedra do Brazal - Buxantes – Dumbría

A Pedra do Brazal foi quen de soportar a furia das catástrofes naturais como a chuvia, o vento e os terremotos. Ten unha superficie mínima de apoio de 0,5m de radio soportando un peso de máis de 150 toneladas (algo así como o peso de 15 elefantes africanos… case nada). Na parte superior ten concavidades (pías); algo moi característico do granito en Galicia. A súa forma en capas horizontais débese ao rozamento da rocha cando ascendía dende os 24km de profundidade cara a superficie da terra.

A modo anecdótico, comentar que o trofeo que gañou Joaquím Rodríguez “Purito” tras facerse co título da décimo segunda etapa de La Vuelta 2012 foi unha réplica deste capricho da natureza, obra creada polo escultor, afincado en Carnota, Nacho Porto.

#DumbríaéTurismo #DumbríaéNatureza #ExploraDumbría #PedradoBrazal #PedraCabalgada

🌞RETO CON MOEDAS - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 13. RETO CON MOEDAS

🌞👧👦  Hoxe no #diverconco lanzámosvos un reto, para pequenos e para maiores tamén.

https://www.youtube.com/embed/sp4_EPhXEz0

Ánimo! 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #reto #moedas