Encontro con mulleres escritoras
O FEM, Festival Escena Muller 2026, xa está en marcha… e ábrense as inscricións para «Creando panos»!
📍 Dumbría · 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐎𝐥𝐯𝐞𝐢𝐫𝐚
📅 28 e 29 de outubro
🕕 de 18:00 a 20:00 h
Un obradoiro con Noelia Darriba: un encontro para mulleres de todas as idades no que compartir historias, rir e crear xuntas.
Ao longo de dúas sesións, Noelia acompañaranos nunha conversa entre vivencias e lembranzas. Esas palabras irán tomando forma en panos con frases e mensaxes propias.
Un tempo para nós, para expresarnos, escoitarnos e descubrir o que nos une entre xeracións. Os panos creados formarán parte das mostras do FEM, porque as nosas historias tamén fan cultura.
📝 Participación gratuíta con inscrición previa:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScSZx0tI7j0VjIh1d0z3s2pUrzqpFkBANPcgVXOT9UJ8yIEJA/viewform
Reserva un tempo para ti. Agardámoste!
#FEM2026 #CreandoPanos #CostaDaMorte #aculturaéundereito #Dumbría
V Torneo de xadrez Ézaro · Concello de Dumbría
Celebrarase o sábado 19 setembro de 2026, no edificio Bitácora do Ézaro (Dumbría).
Máis información en www.galichess.com , ou teléfono 617 234 383
Torneo valedeiro para o X Circuito intercomarcal da Coruña 2026
Do 1 ao 11 de setembro, as casas culturais estarán pechadas.
Teredes ao voso dispor as instalacións do Conco para o uso da biblioteca, da aula de informática e mais do ximnasio, nos horarios indicados no cartel.
Continúan as actividades do servizo de conciliación para a rapazada dumbriesa. Consultar cartel!
Aberto o prazo para as solicitudes ata o 30 de setembro:
https://forms.gle/UqJaS5hfaUnYpf2t7
Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+info: oficinas municipais. Teléf.: 981 744 001
Prazas limitadas en todas as actividades.
Prioridade para empradroadas/os.
Unha vez tramitadas as solicitudes, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.
--
Proxecto cofinanciado pola Unión Europea, o Fondo Marítimo da Pesca e Acuicultura 2023-27. Galp Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible. Xunta de Galicia. Consellería do Mar
O vindeiro mércores, 26 de agosto, o acceso á Fervenza do Ézaro estará cortado tanto para o tráfico rodado como para os peóns.
Tan só terán permitido o acceso a veciñanza residente no Río do Barco, persoal de Xeal, do Concello de Dumbría, usuarios do pantalán e postos de venda da pérgola.
Desculpen as molestias.