Ir o contido principal

Sinte Dumbría: guía para VIVIR DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Queridos veciños e veciñas de Dumbría, quero darvos as GRAZAS
por axudarme a construír a Dumbría da que hoxe desfrutamos todos.


O que tedes nas mans é unha guía para SENTIR e VIVIR Dumbría;
nela atoparedes tódolos servizos e actividades á vosa disposición.
Seguide a facer uso deles, están feitos para vós.


Conseguimos unha Dumbría do século 21, un concello dinámico e unido,
e somos un referente na Costa da Morte. Durante anos traballamos duro
na creación de proxectos que dotasen de instalacións e infraestruturas
necesarias para levar a cabo tódolos servizos dos que hoxe gozamos.
Traballamos pola sanidade, os nosos maiores, os cativos, as familias, o
emprego, a cultura e o deporte; e conseguimos GRANDES TRIUNFOS
en tódolos proxectos que levamos a cabo, porque estamos unidos e
afrontamos o futuro sempre coa ILUSIÓN do primeiro día.


Apúntate ás actividades que máis che gusten, fai uso dos servizos
que precises, desfruta de cada recuncho coidado do Concello; e,
sobre todo, VALORA o que GAÑACHES e COIDA del para os que
veñen detrás.


GRAZAS POR FACERME SENTIR DUMBRÍA,
POR SENTIRME ORGULLOSO DESTE FERMOSO CONCELLO.

Preme no enlace para descargar a GUÍA SINTE DUMBRÍA 2019

Entroido 2019

Miniatura Noticia

O domingo 3 de MARZO dende as 17:00 da tarde Dumbría énchese de HUMOR!

Sae á rúa, colle 5 amigos e un pouco de imaxinación e xa tés unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E, sobre todo, ven gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, deus nos dea HUMOR!!.

BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2019

Das inscricións e das comparsas


1ª.- Para participar no concurso de comparsas de Entroido é condición imprescindible formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais con anterioridade ás 15 horas do 28 de febreiro de 2019. As comparsas que non se inscriban no seu debido tempo non poderán optar a ningún dos premios establecidos nin ás axudas por participación obxecto destas bases.


2ª.- As comparsas, para formalizar a súa inscrición no concurso, farán constar o nome da comparsa e o número de membros que a compoñen, así coma un teléfono de contacto da persoa representante da mesma.


3ª Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de 5 compoñentes que obrigatoriamente realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións, e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos.


4ª.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.

Disposicións finais


7ª.- Para poder optar ás axudas por participación sinaladas no capítulo anterior é imprescindible que as comparsas participen nos actos de entroido programados para o domingo, 3 de marzo e que comezarán coa concentración das comparsas ás 17:00 na praza do Concello de Dumbría.
8ª.- As comparsas teñen a obriga de participar no pasarrúas inicial ata a praza da Igrexa, lugar onde se levarán a cabo as actuacións.
9ª.- A orde de participación tanto no desfile de comparsas coma na posterior actuación rexerase segundo sorteo previo, a celebrar na Sala de Plenos da Casa do Concello o venres,1 de marzo de 2019, ás 17:00 h.


10ª.- Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes:
-1º clasificado: 1.000 €
-2º clasificado: 500 €
-3º clasificado: 300 €
-Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal.
No caso de producírense empates, os premios serán repartidos no modo que segue:
No caso de empate no 1º premio entre 2 comparsas, repartirase o 1º e 2º premio a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 1º premio entre 3 ou máis comparsas, repartiranse os 3 premios a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 2º premio entre 2 ou máis comparsas, xuntarase o 2º premio e o 3º premio e repartiranse a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 3º premio, repartirase este a partes iguais entre as comparsas empatadas.


11ª.-As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 150 € pola súa participación nos actos de entroido. Esta axuda non é acumulativa ós premios.


12ª.- O xurado será designado polo Concello de Dumbría. Na selección dos premiados o xurado terá en conta os seguintes aspectos:

  • Desfile: animación, complementos, carrozas, … (25% da puntuación).
  • Disfraces e maquillaxe: confección artesanal ou non, calidade e adaptación da maquillaxe … (25% da puntuación).
  • Actuación: posta en escena, música, coreografía, parodias, letras das coplas,…(50% da puntuación).
  • 13ª.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. O fallo do xurado será inapelable.

  • 14ª.- O concello resérvase o dereito de limitar o número de comparsas participantes no concurso.

Podes descargar as bases en PDF en

Almanaque 2019. Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Quero que SINTADES DUMBRÍA en cada páxina
deste almanaque, que sintades a súa natureza, o seu
amor polo deporte, pola cultura, polas festas, polos
detalles máis pequenos que fan TAN GRANDE este
CONCELLO.
Sentídea no corazón, porque Dumbría é un sentimento.

Baby Class Dumbría Speaks

Miniatura Noticia

Mañá sábado día 12 de xaneiro retomamos o #DumbríaSpeaks.

Achégate ó Conco e aprende a falar inglés desde o primeiro día, con profesores nativos e a calquera idade

E abrimos grupo para nenos e nenas menores de 3 anos! Anótate chamando ao 981744001. As clases son de balde.



QUE É DUMBRÍA SPEAKS?

Situado no Conco, DUMRÍA SPEAKS é un espazo de comunicación, aprendizaxe e dinamización en lingua inglesa. Un espazo para falar, xogar, divertirse e escoitar música ou ver películas. Un espazo para tomar un café…de idiomas.

Para pais, para bebés, para nenos/as pequenos e maiores. Un espazo para empresas, traballadores ou persoal desempregado. Un espazo para mozos, estudantes, emprendedores ou amas de casa.

O inglés é a lingua do futuro e só aquelas persoas que poidan comunicarse de xeito fluído neste idioma terán posibilidades de éxito.

No concello de Dumbría somos conscientes diso, por iso poñemos en marcha este proxecto de inmersión lingüística en inglés; DUMBRÍA SPEAKS é un ESPAZO PARA TODOS.





QUE VAS APRENDER?

Persoal nativo en lingua inglesa que ofrece clases de speaking cunha metodoloxía propia, para falar inglés desde o primeiro día.

– Se necesitas falar o básico para comunicarte no teu negocio.

– Se queres nocións básicas para poder atender ao público neste idioma.

– Se queres introducir os teus fillos neste idioma desde pequenos e que o poidan aprender como a súa lingua propia.

– Se vas viaxar ao estranxeiro ou se tés unha entrevista de traballo.

– Se xa sabes o idioma e queres falalo con outros que tamén o saben.

EVENTOS DEPORTIVOS

Miniatura Noticia

Ademais das actividades deportivas que o Concello de Dumbría ofrece a longo de todo o ano, tamén ten eventos anuais que xa son un clásico e un referente na Costa da Morte, son eventos a nivel nacional e internacional do mundo do deporte. Pensandos para todos!

FÚTBOL

PESCA

SLALOM e KAIAK

VOLEIBOL

SALVAMENTO e SOCORRISMO

CICLISMO

#DumbríaéDeporte

#DumbríaéDeporte

Miniatura Noticia

Ao longo de todo o ano, o Concello de Dumbría ofréceche unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Goza do deporte durante os 365 días do ano.

Ximnasia de mantemento, zumba, fútbol, voleibol, ciclismo, piragüismo e actividades dirixidas Dumbría-DAFIT son as propostas deportivas que ofrece o concello.

En canto ás instalacións deportivas, o Concello de Dumbría conta co Polideportivo Municipal do Conco en Dumbría, o Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira, o Ximnasio Municipal de Olveira, a Pista de Pádel do Ézaro, as Pistas Polideportivas descubertas nas parroquias do concello e de forma eventual, nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.

Ademais, o Concello de Dumbría dispón de escolas deportivas de fútbol, voleibol, ciclismo e piragüismo para que non haxa excusa á hora de practicar deporte na Costa da Morte!

#DumbríaéDeporte

Feliz 2019

Miniatura Noticia

SINTE DUMBRÍA, sinte a súa natureza, o seu amor polo deporte, pola cultura, polas festas, polos detalles máis pequenos que fan TAN GRANDE este CONCELLO.

Síntea no corazón, Dumbría, un SENTIMENTO. https://youtu.be/a4fqj2jvlAs

ALOXAMENTO EN DUMBRÍA

Miniatura Noticia

DUMBRÍA

  • ALBERGUE PÚBLICO DE PEREGRINOS DE DUMBRÍA - 981 74 40 01
  • PENSIÓN O ARGENTINO – 981 74 40 51

CHEO – DUMBRÍA

CAFORRA – DUMBRÍA

  • ALBERGUE CASA CREGO – 881 083 471 / 679 579 232

HOSPITAL – DUMBRÍA

  • ALBERGUE O CASTELIÑO – 981 74 73 87

O LOGOSO

  • PENSIÓN A PEDRA – 981 72 76 02 / 652 864 623
  • ALBERGUE O LOGOSO – 981 72 76 02 / 659 505 399

OLVEIROA

  • ALBERGUE PÚBLICO DE PEREGRINOS DE OLVEIROA - 658 045 242
  • PENSIÓN CASA LONCHO – 981 74 16 73 
  • ALBERGUE HÓRREO – 981 74 16 73 
  • PENSIÓN AS PÍAS – 981 74 15 20
  • ALBERGUE CASA MANOLA– 981 74 17 45

SANTA UXÍA

#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo 

CONCURSO FOTOGRÁFICO #Dumbríaé

Miniatura Noticia

Os Departamentos de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría lanzamos a nova edición do noso concurso de fotografía #Dumbríaé. Este ano decidimos cambiar de estación e buscamos fotografías do inverno. Dumbría ten unha chea de cousas bonitas, non só de verán, e por iso queremos que nos enviedes fotos desta época do ano!

Cando? Do 15 de decembro de 2018 ao 16 de xaneiro de 2019.

Onde? Nas redes sociais do Concello de Dumbría: Facebook,                           Twitter e Instagram.

Que sorteamos? 5 lotes de productos promocionais do Concello de Dumbría.

Que fotos / vídeos? Aqueles que amosen as actividades, os lugares,  as paisaxes, as persoas que viven en Dumbría,...

Anímate a participar!

Cartaz do concurso #Dumbríaé

BASES DO CONCURSO:

  • No concurso poden participar aqueles usuarios que promocionen e difundan o Concello de Dumbría realizando fotografías e vídeos representativos de Dumbría con calquera temática (patrimonio, natureza, festas, tradicións, deporte, persoas, etc). Fotos e vídeos feitos no propio concello ou fóra del e que o suban ás redes sociais do concurso (Facebook, Twitter ou Instagram)  coa etiqueta #Dumbríaé.
  • O concurso é valido para todas as fotografías / vídeos que se compartan e etiqueten entre o  15 dedecembro de 2018  e o 15 de xaneiro de 2019 (ámbolos dous inclusive) a Instagram, Facebook e Twitter co hashtag #Dumbríaé. Non se aceptarán fotografías compartidas fóra destas datas.
  • Entre todas as persoas participantes sortearemos 5 lotes de material promocional do Concello de Dumbría. O sorteo farase público unha vez finalizada a data de participación e os premios entregaranse nun acto público.
  • Só as fotografías / vídeos que cumpran coa temática do concurso e cos requisitos especificados nestas bases poderán entrar na fase de concurso.
  • A participación no concurso é de balde e non require inscrición algunha;  quedando supeditada a que o participante siga a mecánica de participación establecida nas distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter.
  • O Concello de Dmbría resérvase o dereito a denunciar ou pedir a eliminación da fotografía / vídeo, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
  • Para que unha fotografía /vídeo entre en concurso debe ser etiquetada co hashtag #Dumbríaé e compartila con perfil público en Instagram, Facebook ou Twitter. As fotos que non sexan etiquetadas polo seu autor con ese hashtag non participarán no concurso.
  • Cada participante pode subir tantas fotos como queira, dentro das datas do concurso.
  • O criterio para a elección das persoas gañadoras será un sorteo aleatorio creado por unha páxina de Internet.
  • Os concursantes ceden os dereitos de imaxe das súas fotografías / vídeos para que o Concello de Dumbría poida usar dito material para promoción en calquera canle ou medio de comunicación.
  • A participación no sorteo leva emparellada a autorización para publicar o nome e os apelidos da persoa gañadora nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza o Concello de Dumbría. Tamén conleva a aceptación da utilización dos seus datos conforme á Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea (GDPR).
  • A organización poñerase en contacto co gañador a través das redes sociais e polas vías ao seu alcance que considere oportunas.
  • A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e os comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais ou outros medios podan ser compartidos nos medios que o Concello de Dumbría estime oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que se difunde.

Non é necesario o rexistro previo mediante inscripción algunha. O Concello de Dumbría non recollerá ningún dato para a inscrición, xa que a participación é pública. Únicamente será necesaria a recollida de datos persoais das persoas gañadoras dos premios para a posterior entrega de premios.

BASES DE CONCURSO FOTOGRÁFICO 2018

RRSS do Concello de Dumbría 


Facebook: https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria
Twitter: https://twitter.com/ConcelloDumbria
Instagram: https://www.instagram.com/concellodedumbria/

#Dumbríaé #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura