Ir o contido principal

ENTROIDO 2012

Miniatura Noticia

DOMINGO, 19 DE FEBREIRO

Ø    Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
Ø     Pasarrúas ata a praza da Igrexa.
Ø     Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
Ø     Como remate da festa, baile coa orquestra Fania Blanco Show

PREMIOS:
1º premio comparsas: 800 €
2º premio comparsas: 400 €
3º premio comparsas: 200 €
1º premio de 120 € ó disfraz individual máis orixinal.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 16 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.

As comparsas participantes terán un mínimo de 6 compoñentes e realizarán unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

Ademais, as comparsas pertencentes ó concello de Dumbría poderán optar a unha axuda económica, debendo cumprir os requisitos recollidos nas bases.

As bases poden consultarse nas oficinas municipais.


 
POR OUTRA BANDA:
a semana previa a este concurso, de luns a venres e en horario de tarde, en tódalas casas culturais do concello haberá talleres para a confección de caretas e disfraces.


DUMBRÍA É ENTROIDO



 

Acreditación profesional- Convocatoria de 2012

Miniatura Noticia

Baixo o lema "Pon en valor a túa experiencia profesional" a Concellería de Educación e Ordenación Universitaria pón en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo. Esta acreditación permite acreditar e convalidar a experiencia que se posúa nun determinado campo e equiparalo a un estudo de FP
  ( Formación Profesional). 
Os requisitos  son os seguintes:
  • Posuír nacionalidade española, ou tarxeta da Unión Europea ou titular dunha autorización de residencia en España. 
  • Ter 18 anos cumpridos para o nivel II e 20 anos para o nivel III.
  • Ter experiencia laboral  e/ou formación relacionadas coas competencias que se queiran convalidar:
  •  No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos 3 anos cun mínimo de 3000 horas traballadas, nos últimos 10 anos.
  • No caso de formación, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
  • As persoas interesadas non poderán estar matriculadas nin cursando un curso de formación profesional.
A documentación que é necesario presentar constará de: Para traballadores asalariados: Informe da Vida Laboral, contrato de traballo ou certificación da empresa; para traballadores autónomos; certificado dos períodos de alta da Seguridade Social no réximen correspondente e a descripción da actividade que se levou a cabo.

Podedes consultar toda a información do proceso e os títulos que se poden acreditar nesta convocatoria  na páxina web : http://www.edu.xunta.es/acreditacion.

O prazo de presentación será dende o 16 de xaneiro ó 15 de febreiro.

Podedes informarvos de todo o proceso nos centros de Cee
  • IES Agra de Raíces:    Rúa Buenaventura Castro Rial  Cee   981745950
  • IES Fernando Blanco   Avenida Fernando Blanco 99  Cee   981745350

Graduado en ESO

Miniatura Noticia
Rematou na presente semana o curso referido ó primeiro cuadrimestre da Educación Secundaria para Adultos.

Neste cuadrimestre obtiveron esta titulación 8 persoas que asistiron ás clases que o Concello imparte desde o mes de outubro. E xa son 18 veciños/as os que se graduaron desde que se puxera en marcha esta actividade en novembro do 2010.


A vindeira semana comeza un novo curso para a obtención do graduado en ESO.

As persoas interesadas serán inscritas no Instituto San Clemente de Santiago na modalidade de formación a distancia.

O Concello ofrecerá de novo ós veciños/as interesados/as a posibilidade de asistir a clases nocturnas para axudarlles a supera-las probas para aobtención de dita titulación.

Olveiroa: O patrimonio como recurso

Miniatura Noticia

Esta pasada fin de semana o xornal "La Voz de Galicia" adicaba un artigo a unha das parroquias do noso concello: "Olveiroa encuentra el buen Camino" .
 Nel amósase  Olveiroa como exemplo de puxanza, de localidade renovada, froito dun proceso de restauración do patrimonio enfocado cara o turismo do Camiño de Santiago.


O Concello de Dumbría decide apostar pola ruta xacobea coa construción de dous albergues de peregrinos, un deles na parroquia de Olveiroa (inaugurado no 2001) e o outro no Conco - Dumbría (2010).


 
A transformación deste núcleo de 160 habitantes  esperta o interese do CSIC ( Consejo Superior de Investigaciones Científicas), quen, a través do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), acaba de publicar o traballo de investigación "En torno a las ausencias y presencias del concepto de Patrimonio. Prácticas y discursos patrimonializadores en el Camino de Santiago a Fisterra"  das científicas Cristina Sánchez Carretero y Paula Ballesteros Arias.

A investigación é froito dun exhaustivo traballo de campo con numerosas entrevistas e datos e enmárcase nun traballo máis amplo que inclúe a análise sobre a incidencia da vía peregrina a través dos nosos camiños cara Fisterra, traballo que estará rematado este mesmo ano.



Velaquí algunhas fotos do Albergue de Olveiroa:

















OS "ENTROIDIÑOS" VISITAN O CONCELLO

Miniatura Noticia
Os nenos e nenas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría visitaron o venres a Casa do Concello.
Foron recibidos polo Sr. Alcalde, a Concelleira María Agulleiro e os técnicos do Concello.
Entre os visitantes da casa consistorial había roqueiros, cubanitos, gaiteiros, romeiros andaluces, membros dunha tribu africana, ..., que amenizaron a mañá ó son da gaita.

CONCURSO DE DISFRACES - ENTROIDO 2012

Miniatura Noticia
O domingo, 19 de marzo,celebrouse en Dumbría o concurso de disfraces deste Entroido 2012.
Participaron 7 comparsas e numerosos disfraces individuais.
O público, un ano máis, abarrotou a carpa situada na praza da Igrexa.
O xurado do concurso estaba composto por Jorge Mira (catedrático de electromagnetismo na Facultade de Física da USC), María Canosa (Escritora e Enxeñeira de Camiños), Santiago Garrido (xornalista do Grupo Voz) e María Lema (Concelleira de Cultura).

Os premiados foron:
Comparsas:
  • 1º premio: "Juralibres" da Asociación As Caldeiras de Gures
  • 2º premio: "Buxantes Calidade" de Buxantes - Dumbría
  • 3º premio: compartido por "Astérix e Obélix nos líos olímpicos" da Asoc. de Baloncesto Costa Da Morte de Cee e a comparsa "Os Rombos" de Fisterra.
Disfraz individual:
  • empate entre un disfraz de cabalo sobre zancos e outro dun globo aerostático
FOTOS DA XORNADA

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar no Colexio de Dumbría

Miniatura Noticia
 Prazo de matrícula do curso 2012-2013


 Recollemos a nova do CEIP de Dumbría:


Dende o día 1 de Marzo e ata o 10 de Abril estará aberto o prazo para novas matrículas para cursar estudos no  centro no curso 2012/2013.
Apertura prazo matrícula curso 2012/13 
A documentación que se deberá aportar  é a seguinte:
  • Instancia de solicitude, debidamente cumprimentada (facilítase no colexio)
  • Fotocopia do DNI do pai e da nai
  • Fotocopia do Libro de Familia (páxinas correspondentes aos pais e ao alumno ou alumna a matricular)
  • Fotocopia da cartilla de vacinación
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Certificado de empadroamento (solicitar no concello)

Neoplasticismo: xeometría, pureza e cor

Miniatura Noticia

Estamos a ver estes días nos informativos de todas as cadeas de televisión, tanto autonómica como nacionais, o novo cemiterio de Dumbría

 Foto: La Voz de Galicia

Dende fai tempo o concello aposta pola vangarda nas súas creacións arquitectónicas, dende un mirador de paxaros no embalse da fervenza á Casa de Cultura de Olveira ou a Oficina de Información turística que simula un catalexo para ollar as postas de Sol cara o Faro Fisterra.

Pieter Cornelis Mondriaan (Amersfoort, 7 de marzo de 1872 - Nueva York, 1 de febrero de 1944), coñecido como Piet Mondrian, foi un pintor de vangarda holandés, membro do De Stijl e fundador do neoplasticismoestilo creado polo pintor e célebre polos cadros plagados de líneas cruzadas  horizontais e verticais, con vivas cores en cada franxa.

 Así son os nichos do noso cemiterio: cada un dunha cor, rodeado por outros de tonalidades distintas.

A arquitecta desta "obra de arte", Rosana Pichel Pichel, asegura que se inspirou neste pintor holandés e no seu estilo.

Neoplasticismo: xeometría, pureza e cor

 Obra de Piet Mondrian






ANIMACIÓN Á LECTURA

Miniatura Noticia


Actividades de animación á lectura nas Casas Culturais durante os meses de marzo, abril e maio.
MARZO: SEMANA DA POESÍA

Do 26 ó 30 de maio: Taller de poesía

ABRIL: MES DO LIBRO

Do 23 ó 27 de abril: Taller de elaboración de marcapáxinas
Troco de libros para adultos e nenos
Visitas guiadas ás bibliotecas para os colexios

 
MAIO: LETRAS GALEGAS

Do 14 ó 18 de maio: taller literario

19 de maio: Celebración Infantil das Letras Galegas nas instalacións do Conco, con merenda e música tradicional. Haberá servizo de autobuses. Informarémosvos máis adiante.


 
HORARIOS DAS ACTIVIDADES NAS CASAS CULTURAIS:

ÁS 17.00 HORAS

LUNS: Dumbría e Salgueiros
MARTES: Ézaro
MÉRCORES: Berdeogas
XOVES: Buxantes
VENRES: Olveira
                                                                         

Programa de formación para moz@s menores de 30 anos

Miniatura Noticia
Trátase do  Programa de Cualificación e recualificación de mozos menores de trinta anos do Ministerio de Traballo.
Os requisitos son os seguintes:
  • Alumnos Menores de 30 anos
  • Inscritos como demandantes de emprego
  • Estas accións formativas inclúen a  realización obrigatoria de Prácticas Profesionais Non Laborais en empresas
 Dentro do programa tedes cursos presenciais, de teleformación (a través de Internet) e de modalidade mixta.

Dito programa inclúe unha amplia oferta formativa  orientada a mozos  e mozas menores de 30 anos que necesiten formarse. Os cursos contan con prácticas en empresas punteiras da nosa comunidade. As accións formativas son totalmente gratuitas e o alumnado en certos supostos pode optar a unha axuda para dietas.
Tedes toda a información dos cursos premendo no seguinte enlace:




Ana María Castro Antonio
Técnica de Soluciones Formativas Integrales
Soluciones Formativas Integrales
aantonio@femxa.com
http://www.grupofemxa.com/
http://www.cursosfemxa.com/
T. 900 100 957
F. 986 494 120