Ir o contido principal

Gran Festa Infantil de Nadal 2018

Miniatura Noticia

E xa estamos de novo ás portas do Nadal!

Abrimos prazo de inscrición para a festa infantil de Nadal, que se celebrará o xoves 27 de decembro. Será nas instalacións do Conco.

Haberá servizo de autobús para recoller aos nenos/as polas parroquias.

A festa comezará sobre as 11:00 h e prevese que remate ás 17:00 h.

Teremos xogos deportivos e obradoiros de manualidades. Contaremos tamén cunha divertidísima discoteca infaltil, da man de Garabato de Xogos.

Para poder asistir é necesario cumprimentar unha autorización e entregala nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 20 de decembro.

 

Obradoiros infantiles de manualidades.

Vanse levar a cabo nas Casas Culturais ao longo do Nadal.

Mércores 26 de Decembro

16:oo h > O Ézaro

16:00 h > O Conco - Dumbría

Venres 28 de Decembro

16:oo h > O Ézaro

16:00 h > O Conco - Dumbría

Mércores 2 de Xaneiro

16:oo h > Buxantes

16:00 h > Bustelo-Salgueiros

 

Autorización e horarios de Autobús.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría

981 744 001

 

Festa Infantil Fin de Curso 2018

Miniatura Noticia

O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca, e coma tódolos anos temos algo especial para os nosos cativos.

Para ir abrindo boca, o martes 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro.

Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos.

Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

 
 

PROGRAMA

> Martes 26 xuño 2018 na praia do Ézaro.

> Das 11:00 ás 17:00 h.

> Actividades deportivas

> Xogos na praia

> Xogos populares,...

> Xantar para os peques.

> Haberá servizo de transporte.

+ ADEMAIS

Apartir das 11:00 h no paseo marítimo do Ézaro ven desfrutar das actuacións enmarcadas no programa Cultura no Camiño 2018. (Entrada libre)

Saaabor!, Para todos os públicos. Espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.

A Historia de Brancaflor, Lenda popular de Brancaflor-filla do Demo. Unha historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

 

FESTA INFANTIL DE FIN DE CURSO 2023

Miniatura Noticia



Xoves 22 de xuño, na praia do Ézaro, de 11:00 a 17:00 h

Inscrición: entregar autorización, antes do 19 de xuño, nas Casas Culturais ou oficinas municipais

Nenas e nenos do concello, a partir dos 4 anos

Haberá xogos, obradoiros e actividades na praia

E tamén a actuación: Duelirium. Voadores Circus Air. (Rede Cultural da Deputación)

Haberá servizo de transporte


 


 

+ info Concello: 981 744 001 #Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte





 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Fervenza do Ézaro, iluminación Semana Santa 2018

Miniatura Noticia

Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas da Semana Santa de Dumbría.

Os días 29, 30 e 31 de marzo, a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites en horario de 22.00 a 23:00 h.

Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.

Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.

Aviso

Durante a Semana Santa, os autoubuses non poderán acceder á Fervenza do Ézaro co obxecto de evitar problemas de conxestión de tráfico. Haberá unha zona habilitada, de carga e descarga, na entrada para logo continuar a pé ata a fervenza.

Fervenza do Ézaro, iluminación ponte de Abril - Maio 2018

Miniatura Noticia

A Semana Santa xa rematou, pero aínda falta moito para o verán. Por este motivo, a Fervenza do Ézaro volverase iluminar previa tempada de verán, como datas extra durante a ponte de abril-maio.

Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.

Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.

Fervenza do Ézaro, iluminación nocturna verán 2018

Miniatura Noticia

Xa se achega o verán 2018, e coma sempre queremos adiantarche os horarios da iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro, para que fagas coincidir a túa viaxe con este máxico e abraiante espectáculo.

Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.

 

HORARIO

Dende ás 23:00 ata ás 00:00h

 

DÍAS

XUÑO > 23 e 30

XULLO > 7 I 14 I 21 I 24 I 28

AGOSTO > 4 I 11 I 14 I 18 I 25

SETEMBRO > 1 I 8 I 15 I 22

 

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Miniatura Noticia

COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DO CONCELLO DE DUMBRÍA

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante a ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental.

Coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca unhas axudas para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.

Cómpre destacar que a presente estratexia foi realizada grazas ao cofinanciamento nun 80 % do Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (FEDER). A estratexia desustentabilidade ambientalserve paraengadir a adaptación ao cambio climáticocomo unha variable das políticas de xestión e planificación municipal.

Cómpre destacar que a presente estratexia foi realizada grazas ao cofinanciamento nun 80 % do Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (FEDER). A estratexia desustentabilidade ambientalserve paraengadir a adaptación ao cambio climáticocomo unha variable das políticas de xestión e planificación municipal.

O documento realizado utiliza como base a “Guía parala elaboración de Planes Locales de Adaptación al Cambio Climático”realizada pola Fegamp, e os obxectivos perseguidos son os seguintes:

> Recompilar o coñecemento sobre os efectos do cambio climático e as súas consecuencias sobre o medio natural, os asentamentos de poboación e a sociedade.

> Elaborar e centralizar a información e documentación referente aos efectos do cambio climático a nivel do concello, e aumentar a información e concienciación da cidadanía.

> Fortalecer a capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático dos diferentes sectores do concello e potenciar o consumo enerxético racional, a redución de emisións deGEI e a loita contra o cambio climático nos plans e políticas municipais.

> Establecer prioridades e concertar esforzos en medidas de adaptación contra os futuros efectos do cambio climático.

> Establecer unha serie de indicadores, que deberán servir para avaliar o funcionamento da estratexia de adaptación sobre os diferentes sectores do concello.

O resultado final da estratexia é un documento aberto e adaptable que aporta información sobre aspectos importantes respecto a loita e a adaptación do concello fronte ao cambio climático, principalmente:

> Definición do escenario climático futuro do concello.

> Estudo dos elementos clave do concello e valoración da súa vulnerabilidade fronte os posibles efectos do cambio climático.

> Establecemento das medidas de adaptación, orientadas a reducir a vulnerabilidades dos elementos clave.

> Establecemento dos indicadores para o seguimento e control dos plans, políticas e programas implantados.

O documento elaborado serve como referencia para que a administración local e os distintos grupos de interese, desenvolvan as súas actividades dende o punto de vista da adaptación e da sustentabilidade, considerando o futuro escenario climático.

"Estratexia de sustentabilidadeambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático naxestión e planificación do Concello de Dumbría"

OT.5 "Frear o cambioclimático"

Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

ENTROIDO NA COCIÑA DUMBRÍA 2021

Miniatura Noticia

 
 
 
 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

ENTROIDO DUMBRÍA 2025

Miniatura Noticia

 




No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

> No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

Domingo 2 de marzo 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.


> Concurso de disfraces individuais e de comparsas.


> Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 27 de febreiro.


> As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo.


 

Consulta as BASES:

 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




ENTROIDO DUMBRÍA 2024

Miniatura Noticia

 




No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

> No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

Domingo 11 de febreiro 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.


> Concurso de disfraces individuais e de comparsas.


> Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 8 de febreiro.


> As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo.


 

Consulta as BASES: https://acortar.link/KqkACl

 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001