Os Puntos de Información Catastral son centros de prestación de servizos catastrais, autorizados pola Dirección Xeral do Catastro e situados en entidades públicas. A través dos Puntos de Información Catastral poderanse prestar os servizos establecidos no apartado segundo da Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral, modificada pola Resolución do 19 de decembro de 2023.
Horario de Atención ao Público:
LUNS A VENRES, DE 9:00 A 14:00 HORAS
O servicio municipal de obras leva a cabo unha amplia gama de actividades e servicios para os veciños do Concello, ben sexan de modo propio realizándoas a propia brigada municipal.
Funcións obras e servizos:
– Mantemento de estradas e vías de comunicación tanto no que se refire ao seu firme como aos desbroces de cunetas e masas comúns.
– Tamén ten cabida nesta concellaría o mantemento de servizos como: depuradora municipal, alumeado público, mobiliario urbano, xardíns, saneamento…
Principais actuacións levadas a cabo:
- Renovación de maquinaria e parque automovilístico do Concello dedicado a servizos de mantenemento: tractores para desbroce…
- Mellora de firme e desbroces de pistas no rural.
- Servizo municipal de auga potable en distintas parroquias.
- Plans e obras de saneamento nos núcleos rurais.
- Instalación de contedores soterrados na vila e incremento do reciclaxe tanto nas parroquias como nas vilas.
- Creación do punto limpo.
- Establecemento dun minipunto limpo no centro da vila.
Entre as tarefas que desenvolve as máis importantes son as seguintes:
- Mantemento das vías públicas (rúas, beirarúas e camiños) do concello.
- Mantemento de parques e xardíns
- Mantemento do alumeado público
- Mantemento da rede de sumidoiros
- Construcción e mantemento dos locais sociais das parroquias
- Limpeza de locais públicos
- Recollida de lixo
- Limpeza e mantemento dos edificios e instalacións educativas
- Limpeza e mantemento dos edificios deportivos e culturais do municipio
Aquí atoparás o enderezo e teléfono de Protección Civil de Dumbría.
Se queres formar parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil descubre como podes facerte voluntario!
Faite voluntario! Se tes 16 anos en adiante e queres formar parte da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, non o dubides e contacta para formar parte da asociación, clave no apoio para a organización e desenvolvemento das actividades municipais e atención en situacións de emerxencia e seguridade.
Estamos en:
Teléfono:

Está distinguida polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destino SICTED, proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR).

Un referente de información para os amantes do Olimpo Celta e da Fervenza do Ézaro. Neste espazo poderás obter toda a información relativa a esta paraxe natural, as lendas que vertebran este lugar, a súa flora e fauna, os acontecementos históricos acontecidos no Monte Pindo, así como as rutas de sendeirismo.

FUNCIONS AEDL
Os traballos do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local están directamente relacionados coa mantemento e creación de emprego no concello de Dumbría, a promoción de proxectos destinados ao desenvolvemento e á promoción económica, apoio á veciñanza e á interrelación con outros servizos do Concello como un ente operativo único, moderno e adaptado a unha realidade económica e social que está en continuo movemento. Concretamente podemos destacar:
- Colaboración na implantación de políticas activas de emprego relacionada coa creación de actividade empresarial.
- Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.
- Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, naqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.
- Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial disponibles, así como facilitar o seu acceso a eles.
- Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
- Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
- Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante a prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, a difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades e o acompañamento técnico na iniciación do proxecto de empresas de nova creación como ás xa constituídas.
- Xestión das contratacións de persoal por parte do concello, nomeadamente o Plan de Emprego Local.
- Información catastral.
- Información e xestión de demandas para a defensa dos consumidores.
- Xestión do pantalán municipal.
- Interrelación coas entidades supramunicipais (GDR, GALP, Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía).
- Información sobre os montes e a prevención e defensa de riscos forestais.
- Información e prevención sobre os riscos de inundacións.
- Xestión de subvencións financiadas con fondos europeos.
- Colaboración cos órganos xestores do concello na xestión e seguimento de distintos procesos administrativos municipais.
O Concello de Dumbría é a rexión onde se atopa a bifurcación do Camiño de Santiago a Fisterra Muxía.
Este é un concello onde finaliza unha etapa para dar comezo a unha nova, onde hai que repoñer forzas e onde hai que gozar do camiño. Por todo isto, aquí está o listado de establecementos privados de restauración e aloxamento que hai no Concello de Dumbría.
DUMBRÍA
- BAR SUÁREZ – 981 74 41 49
- BAR-SUPERMERCADO TRUANÉS 981 74 40 79
- PENSIÓN-RESTAURANTE O ARGENTINO – 981 74 40 51
CHEO – DUMBRÍA
- CASA O LEITEIRO (VT) – 609 649 252
CAFORRA – DUMBRÍA
- ALBERGUE CASA CREGO – 881 083 471 / 679 579 232
CASTRO – DUMBRÍA
- CASA A PICHONA – 609 649 252
HOSPITAL – DUMBRÍA
- BAR-ALBERGUE O CASTELIÑO – 981 74 73 87
XESTOSA – BUXANTES
- BAR XESTOSA – 981 72 54 63
ANSEÁN – BUXANTES
- BAR ANSEÁN – 981 72 54 64
O LOGOSO
- PENSIÓN-RESTAURANTE A PEDRA – 981 72 76 02 / 652 864 623
- ALBERGUE-BAR O LOGOSO – 981 72 76 02 / 659 505 399
OLVEIROA
- PENSIÓN-RESTAURANTE CASA LONCHO – 981 74 16 73
- ALBERGUE HÓRREO – 981 74 16 73
- PENSIÓN-RESTAURANTE AS PÍAS – 981 74 15 20
- ALBERGUE-RESTAURANTE CASA MANOLA – 981 74 17 45
SANTA UXÍA
- CASA DE SANTA UXÍA – 671 630 365
REGOELLE – OLVEIRA
- CAFÉ-BAR-TAXI CARREIRA – 981 74 16 59 / 689 831 319
OLVEIRA
- CAFÉ-BAR-CERVEXARÍA HIGINIO – 981 74 15 81
O ÉZARO
- CERVEXARÍA-HELADERÍA O FORCADO – 981 71 25 96
- RESTAURANTE MAR E TERRA – 981 71 26 37
- CAFÉ-BAR A CASCADA – 981 71 27 00
- BAR BITÁCORA – 661 534 431
HOTEL** MAR DO ÉZARO 981 19 44 16 www.hotelmardoezaro.com
CASA MIRANDA 659 13 40 18
MOLEDO 650 54 82 97 / 981 71 27 32
BERDEOGAS
- RESTAURANTE O CRUCEIRO DE BERDEOGAS – 981 75 00 03
#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo #DumbríaéGastronomía
Se o teu camiño remata en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Dumbría dispón dunhas modernas instalacións que se complementan co complexo deportivo do Conco, onde poderás gozar de balde da piscina, o ximnasio, a biblioteca, acceso a internet,…
Ao igual que o albergue de peregrinos de Olveiroa, o de Dumbría tamén é de carácter municipal e público polo que o seu custe é inferior ao do ámbito privado, pero no que non se admiten reservas; senón que as prazas cúbrense por orde de chegada dos peregrinos.
Información práctica:
- Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h
- Teléfono: 981 74 40 01
- Número de prazas: 24 + 2 (persoas con mobilidade reducida)
- Servizos: accesibilidade, calefacción, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas.
Prezo: 8€ por persoa.
Datas abertas: todo o ano.
Roupa de cama: sabas, almofadas e mantas incluídas.
Lavandería: lavadora e secadora de pago e lavadoiro e tendeiro gratuíto.
Características do aloxamento: ten terraza, sala de reunión, xardín, piscina no verán, calefacción, ximnasio, biblioteca e é accesible.
Comunicación: hai internet, WIFI e enchufes para cargar os dispositivos electrónicos.
Bicicletas: conta cun lugar onde gardar as bicicletas.
Información útil: non se admiten reservas nin pago con tarxeta de crédito.
#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo #BoCamiño #TerritorioVákner
Tanto se o teu camiño remata en Fisterra coma en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Olveiroa é unha opción ideal para culminar unha das etapas.

Trátase dun albergue de carácter público onde a hospitaleira Puri che dará a benvida e che asesorará sobre o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.
Está situado nunha antiga aldea de trazado medieval onde poderás gozar do encanto do lugar e da gastronomía que ofrecen os seus restaurantes.
Información práctica:
- Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h . ABERTO TODO O ANO
- Teléfono: 658 045 242
- Número de prazas en liteira: 40
- Número salas con liteiras: 6
- Prezo por persoa: 8 euros
- Servizos: accesibilidade, calefacción, neveira, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
- Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas, establo-hípica, lavandaría.
Roupa de cama: sabas, almofadas e mantas incluídas.
Lavandería: lavadora e secadora de pago e lavadoiro e tendeiro gratuíto.
Características do aloxamento: ten terraza, sala de reunión, xardín, calefacción, neveira e é accesible.
Comunicación: hai internet, WIFI e enchufes para cargar os dispositivos electrónicos.
Bicicletas: conta cun lugar onde gardar as bicicletas.
Información útil: non se admiten reservas nin pago con tarxeta de crédito.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- Páxina Seguinte
- Last page