Ir o contido principal

ENTROIDO DUMBRÍA 2023

Miniatura Noticia

 




No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

> No pavillón polideportivo do Conco – Dumbría

Domingo 19 de febreiro 17:00 h. Concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.


> Concurso de disfraces individuais e de comparsas.


> Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 16 de febreiro.


> As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo.


 

Consulta as BASES: https://bit.ly/3kvpx7a

 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




ENTROIDO DUMBRÍA 2022

Miniatura Noticia

 


Este ano as Casas Culturais municipais serán o lugar no que os máis pequenos da casa celebren o entroido.

Os días non lectivos (luns e martes de entroido e mércores de Cinsa) poderán participar nas xornadas entroideiras, coa confección de 𝐦𝐚́𝐬𝐜𝐚𝐫𝐚𝐬 e elaborando 𝐝𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 da época de entroido.
Os nenos e nenas que veñan disfrazados recibirán un agasallo.
haberá 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐨𝐫𝐢𝐱𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 en todas as casas culturais.

LUNS 28 FEBREIRO:
10:30 - 13:00 h. O Conco - Dumbría
16:30 - 19:30 h. Olveira

MARTES 1 MARZO
10:30 - 13:00 h. Berdeogas
16:30 - 19:30 h. Buxantes

MÉRCORES 2 MARZO
10:30 - 13:00 h. Bustelo
16:30 - 19:30 H O Ézaro

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




ENTROIDO DUMBRÍA 2021

Miniatura Noticia

 

 

FAI O TEU DISFRACE NA CASA

Este ano, debido á pandemia que nos está tocando vivir, non imos poder celebrar o festival de entroido de Dumbría o domingo, como tocaría.


Non imos desfrutar das marabillosas comparsas que, chegadas desde todos os concellos da volta, sempre nos fan pasar unha tarde do máis entretida.


Pero iso non quita que celebremos un entroido ben tradicional nas nosas casas. Porque un cocidiño, unhas filloas, unhas orellas,....teremos que facer, non?


É certo que esta vez non podemos desprazarnos para mercar disfraces, pero podemos volver á maneira tradicional de disfrazarse.


Podemos convertirnos en auténticos "entruideiros" con cousas que temos pola casa. Uns farrapos vellos e un pouco de imaxinación poden ser o mellor disfraz do mundo.


Por iso, animámosvos a que vos disfracedes, a que celebredes o entroido cunhas rosquillas caseiras, a que tiredes de imaxinación, e que nos enviedes algunha imaxe do ben que o sabemos pasar en Dumbría.


Compartide con nós as vosas imaxes, empregando o cancelo #EntroidoDumbría2021, ou etiquetándonos nas vosas publicacións e, así, estaremos todos conectados, todos compartindo o noso entroido particular.

Compartide con nós as vosas imaxes, empregando o cancelo #EntroidoDumbría2021, ou etiquetándonos.

 

Ligazóns:


ligazón vídeo disfrace pallaso: https://youtu.be/9ddKF80LTmk

ligazón vídeo careta pallaso: https://youtu.be/i8C40ftqKro

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

Entroido Dumbría 2019, máis de 2.000 € en premios, APUNTATE!!!

Miniatura Noticia

O domingo 3 de MARZO dende as 17:00 da tarde Dumbría énchese de HUMOR!

Sae á rúa, colle 5 amigos e un pouco de imaxinación e xa tés unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E, sobre todo, ven gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, deus nos dea HUMOR!!.

 

BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2019

 

Entroido Dumbría 2018, máis de 2.000 € en premios, APUNTATE!!!

Miniatura Noticia

O domingo 11 de febreiro dende as 17:00 imos poñer Dumbría patas arriba!

Sal á rúa, colle 5 amigos e un pouco de imaxinación e xa tés unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva aos nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E sobre todo ven a gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apuntate, hai máis de 2000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, contigo mellor!!.

ENCONTRO INTERNACIONAL. O VÁKNER, un monstro do medievo
no camiño de Fisterra e Muxía

Miniatura Noticia

Estades a piques de introducirvos nun territorio descoñecido, nun mundo de lenda, misterio e mitoloxía; nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade.

Desde o territorio Vákner, querémosvos dar a benvida e convidarvos a todos e a todas ao Encontro Internacional que se celebra os días 18 e 19 de Outubro en Dumbría, no cal descubriredes a fantástica historia acontecida nestas terras aló polo século XV, e que está vinculada ao Camiño Xacobeo.

A este Encontro acoden relatores a nivel internacional, especialistas cada un no seu campo, que nos situarán en contexto, historia e argumentos para poder conectar e comprender toda a realidade que envolve esta fantástica historia.

Encontro financiado através do Programa O Teu Xacobeo, do Xacobeo2021.

Descubre un novo territorio, vive o Vákner.

 
 

Máis información

> Nas oficinas municipais do Concello

> Chamando o 981 744 001

 

Datas e lugar

> Dumbría, 18-19 Outobro 2019

> Salón de Actos do Albergue de Peregrinos do Conco

 

PROGRAMA

Venres 18 de Outubro

 

9:30 h.

Inauguración do Encontro. A cargo de Dª CECILIA PEREIRA MARIMÓN, Comisaria do Ano Santo 2021; D. XOSÉ REGUEIRA VARELA, Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña; e D. JOSÉ MANUEL PEQUEÑO CASTRO, Alcalde do Concello de Dumbría.

10:00 h.

Presentación do Proxecto ‘Terras do Vákner’ e proxección do audiovisual temático.

10:30 h.

D. FERNANDO ALONSO ROMERO, catedrático xubilado de Filoloxía Inglesa na USC. O vákner, do “límite da terra e o mar”.

11:15 h.

Dª AURORA LESTÓN MAYO, doutora en Filoloxía Inglesa. O vákner e o medo. 12:00 h. Descanso (pausa café).

12:30 h.

D. IGNACIO IÑARREA LAS HERAS, catedrático de Filoloxía Francesa na Universidade de La Rioja. Un longo percorrido e un breve encontro: Mártir bispo de Arzendjan e mailo vákner.

13:15 h.

D. ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ, director do Museo das Mariñas (Betanzos). Os axentes da tentación no Gótico de Galicia.

16:30 h.

D. JAVIER CASTROVIEJO BOLIBAR, ex director da Estación Biolóxica de Doñana (CSIC) e do programa MaB da Unesco. O lobo e maila inocencia ecolóxica.

17:15 h.

D. MARTIÑO NERCELLAS MÉNDEZ, biólogo. Quen encarnou ao vákner? Outra interpretación do que puido ser este ‘animal grande e moi daniño’.

18:00 h.

O vákner no seu contexto espacial e temporal (Mesa Redonda): D. MANUEL VILAR ÁLVAREZ, Director do Museo do Pobo Galego; D. FRANCISCO SINGUL LORENZO, Xefe do departamento de Cultura Xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo; D. JOSÉ ANTONIO DE LA RIERA AUTRÁN, fundador da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

 

Sábado 19 de Outubro

 

10:30 h.

D. BERNARD SOULIER, creador e director do Musée Fantastique de la Bête de Gévaudan (Saugues). A experiencia divulgativa ó redor da besta de Gévaudan.

11:30 h.

Presentación do proxecto “TERRAS DO VÁKNER”:

D. JOSÉ MANUEL PEQUEÑO CASTRO, alcalde de Dumbría.

D. ANTÓN POMBO RODRÍGUEZ, coordinador do proxecto “Terras do Vákner”.

D. CÁNDIDO PAZOS, autor da escultura do Vákner.

D. DAVID GARCÍA REY, director de Galo Publicidade.

13:00 h.

Presentación do audiovisual sobre o Vákner e coloquio coa prensa.

13:30 / 14:30 h.

Degustación de tapas de Dumbría.

16:00 h.

Visita guiada polas “Terras do Vákner”.

> Centro de Información ao Peregrino no Hospital do Logoso.

> Lugar de Marco do Couto.

> Igrexa de San Pedro de Buxantes.

> Pedra do Brazal.

> Fervenza do Ézaro.

 
 
 

Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo

DUMBRÍA presenta en Fitur o Gran Fondo Ézaro e a súa Etapa da "Vuelta Ciclista a España 2020&qu

Miniatura Noticia

O 5 de xullo disputarase o Gran Fondo Ézaro, con 1.500 corredores. O 1 de setembro, unha inédita contrarreloxo da Volta Ciclista a España 2020, que rematará no miradoiro do Ézaro, tras o rompepernas do muro de cemento.

Son dúas citas internacionais de máximo nivel que, ademais da vertente deportiva, teñen outra turística, e, un ano máis, foron as estrelas do espazo de Galicia.

Este mércores 22 de xaneiro, o concello de Dumbría, presentou en Fitur 2020 O Gran Fondo Ézaro para este ano e a presenza da Dumbría na "Vuelta Ciclista a España 2020"; na que terá lugar unha das etapas decisivas cunha contrarreloxo de inferno, durísima xa que remata no mirador do Ézaro.

Técnicamente, as bicis de contrarreloxo non están capacitadas para subir o Gran Muro do Ézaro. Por este motivo, o espectáculo está garantido. TODOS TEMOS QUE ACUDIR A VER COMO RESOLVEN OS CICLISTAS ESTE MISTERIO TÉCNICO.

O acto foi presentado por Terio Carrera. Invitados: Javier Guillén (director general de La Vuelta), Óscar Pereiro (ganador de 1 tour de Francia), e Javier Ares comentarista deportivo,

Tamén estiveron presentes Federico Pérez, humorista Galego; Morris Durán, actor, e padriño do Gran Fondo xunto con María Agulleiro tenente alcaldesa de Dumbría, Carlos González de Red Eléctrica; e pechando o acto, José Manuel Pequeño Castro, alcalde de Dumbría.

Ademais, proxectáronse tres vídeos épicos e paisaxísticos, nos que se sobrevoa o Territorio Vákner, a nova marca de Dumbría.

Será a terceira meta no Ézaro en oito anos, algo que poden dicir moi poucas localidades de España.

 
 

Dumbría en Sportur Galicia.

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría participa en Sportur Galicia, o salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra esta fin de samana en Ourense, os días 17, 18 e 19 de novembro. Esta feira é un evento destinado a tódolos públicos, tanto para deportistas, afecionados ou principiantes, coma para maiores e nenos.

Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte e coñecer de primeira man un sinfin de actividades Turístico - Deportivas.

O interese de Dumbría neste evento, e dar a coñecer as ofertas turísticas e deportivas do Concello así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades para chegar as súas ofertas a unha maior cantidade de público.

Para acadar estes obxetivos, o alcade en persoa José Manuel Pequeño Castro, desprázase o evento para establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como para establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico

A fin de continuar ca labor de posicionamento do Concello de Dumbría e da Costa da Morte no sector turístico coma unha grande referencia e opción para particulares e operadores.

Dumbría en Sportur Galicia 2018.

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría participa en Sportur Galicia, o salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra en Ourense, os días 15, 16 e 17 de novembro. Esta feira é un evento destinado a tódolos públicos, tanto para deportistas, afecionados ou principiantes, coma para maiores e nenos.

Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte e coñecer de primeira man un sinfin de actividades Turístico - Deportivas.

O interese de Dumbría neste evento, e dar a coñecer as ofertas turísticas e deportivas do Concello así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades para chegar as súas ofertas a unha maior cantidade de público.

Para acadar estes obxetivos, o alcade en persoa José Manuel Pequeño Castro, desprázase o evento para establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como para establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico.

A fin de continuar ca labor de posicionamento do Concello de Dumbría e da Costa da Morte no sector turístico coma unha grande referencia e opción para particulares e operadores.

Ademáis este ano presentou “Siente Dumbría” un video promocional do Concello de Dumbría, onde de forma evocadora poderemos facer un percorrido polas distintas actividades turístico deportivas para gozar no concello. É un spot de minuto e medio cheo de máxia e motivación. Un resumo audivisual do turismo activo en Dumbría. Pódese ver no canal de youtube de Dumbría e Cultura.

 
 
 
 
 

 

DUMBRÍA Calidade Turística en Destinos (SICTED)

Miniatura Noticia

 




A Oficina de Turismo do Ézaro é distinguida polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED)

O ano pasado, 2023, implantouse na Costa da Morte o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino SICTED, grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, a través das axudas aos entes de xestión turística da provincia, e á Costa da Morte Asociación Turística CMAT.


O SICTED é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), que conta cunha metodoloxía propia baseada nunha visión global de destino, que contribúe a implantar un sistema de xestión da calidade nos destinos turísticos.


Esta metodoloxía conta con varios ciclos de implantación e cada ciclo require do cumprimento de determinados requirimentos: formación, plataforma tecnolóxica, asesoramento individualizado, documentación, plans de mellora, obradoiros colectivos,…


Tras ter rematado o Ciclo 1, e polo tanto pasar ao Ciclo 2, a Oficina de Turismo do Ézaro (Dumbría) recibiu o seu diploma e o distintivo de Compromiso de Calidade Turística, que a acredita e recoñece o seu esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua.









 

Descarga la app: www.calidadendestino.es

 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001