Ir o contido principal

Dumbría AR, a túa app de Realidade Aumentada

Miniatura Noticia

 




APP DUMBRÍA AR

Dumbría ábrese ao mundo da realidade aumentada para enriquecer a experiencia do turista, grazas á Subvención a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU da convocatoria do ano 2023, liña 2 de Transición Dixital dos recursos con potencial turístico no litoral.


A tecnoloxía avanza a un ritmo vertixinoso e por iso o Concello de Dumbría aposta pola innovación e a modernidade a través desta nova ferramenta de promoción turística. A aplicación móbil Dumbría AR contribúe a diversificar a oferta e a desconxestionar os puntos de maior afluencia, ofrecendo información en tempo real, reducindo o consumo de materiais impresos o que repercute directamente na redución da pegada ecolóxica do turismo, obtendo datos dos recursos máis visitados e das incidencias en tempo real.


O visitante pode descubrir o Concello de Dumbría tanto dende a súa casa, como no propio destino a través do xeoposicionamento. Moverse polo concello nunca antes fora tan innovador cos Pop-Ups interactivos do mapa virtual, o escaneo de marcadores (AR Points) nos recursos e do Tótem virtual en 3D.


Recursos turísticos e rutas para descubrir a través de contido audiovisual e información práctica a través das alertas. Unha APP dispoñible en varias linguas e con audioguíapara unha maior accesibilidade.


Toda unha experiencia inmersiva para os usuarios tanto locais coma visitantes. Tan só é necesario dispor dun smartphone ou tablet con acceso a internet, descargar a aplicación que é gratuíta e comezar a viaxar polas terras de Dumbría.


Unha ferramenta de apoio á Oficina de Turismo do Ézaro para ter o turismo de Dumbría operativo 24/7, unhas das accións marcadas no seu plan de mellora dentro da SICTED.


O obxectivo que se persegue é a xestión intelixente e eficiente do turismo en Dumbría.







 
 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




DESFRUTA E COMPARTE O AUDIOVISUAL DO VÁKNER.

Miniatura Noticia

Uns feitos documentados polo historiador Antón Pombo, cunha música de luxo a cargo de Luar Na Lubre, co actor Marcelino Lobato como protagonista e, na voz, Jorge Santos. Producido por Galopublicidad.

GRAZAS POR TODO!

O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR. COIDA OS TEUS PASOS POLO SEU TERRITORIO.

 

 

Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo

Curso de Iniciación e Perfeccionamento de Volei Praia 2019

Miniatura Noticia

Ven descobrir este apaixoante deporte o aire libre.

  • Idades: nenas e nenos a partir de 10 anos e tamén adultos

  • Meses: Xullo e Agosto

  • Días: Luns, martes e xoves.

  • Horarios: nenas e nenos de mañá, de 11:00- 13:30 h

  • Prezos: 1 mes: 40 euros // 2 meses 70 Euros

 

Podes contactar para máis información con:

David: 692 555 784

Néstor: 603 895 558

 

Cultura Agosto 2023!!!

Miniatura Noticia

Actividades de cultura no mes de agosto: Festa da Praia do Ézaro, maxia, exposicións, bailes, música...

 

 

CORONAVIRUS - TODO O QUE DEBES SABER.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - QUE NINGUÉN QUEDE DESASISTIDO.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - MANEXO DE RESIDUOS
NOS FOGARES.

Miniatura Noticia

FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA POR COVID-19:

Os residuos do paciente, incluído o material desbotable (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo para o lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen facer ningunha separación para a reciclaxe.

Esa bolsa 1 debe cerrarse axeitadamente e introducirse nunha segunda bolsa (BOLSA 2), á saída da habitación, onde ademais se depositarán as luvas e a máscara empregados polo coidador, e cerrarase axeitadamente antes de saír da habitación.

A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa do lixo (BOLSA 3) correspondente ó cubo de fracción resto.

Inmediatamente despois farase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos durante 40 – 60 segundos.

A bolsa 3, pechada axeitadamente, depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.

 

FOGARES SEN POSITIVOS OU CORENTENA

A separación dos residuos farase como vén facéndose habitualmente, tratando de maximizar a separación para reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos contedores correspondentes.

Os guantes de látex ou nitrilo empregados para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - DOA PROTECCIÓN, SALVA VIDAS.

Miniatura Noticia

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

CORONAVIRUS - Axudas a familias do alumnado.

Miniatura Noticia

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo.

NORMATIVA

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG no 62 do 30/3/2020) ED601B.

OBXECTO

Establecer unha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e na ESO.

O outorgamento das axudas realízase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.

IMPORTE DAS AXUDAS

Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Tendo en conta que o importe máximo do prezo público de comedor ou tarifa se fixa en 4,50 euros por menú e día, e que neste concepto se inclúen no só os custos da materia prima senón tamén os do persoal da consellería, consumos e mantemento de instalacións, que continúa a aboar, ou, se é o caso, do persoal de empresas alleas, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de 2,50 €, nos casos de gratuidade total, e 1,50 € nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.

Compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

En consecuencia, aínda que se realizarán en dous libramentos, compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.

O 1o período de libramento corresponderase cos días lectivos afectados pola suspensión da actividade educativa na primeira a e segunda prórroga de emerxencia sanitaria e alarma.

O 2o libramento corresponderase cos días lectivos afectados por unha eventual terceira prórroga, no caso de que finalmente se adoptase tal medida.

BENEFICIARIAS

As familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.

Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do: https://matiass.xunta.es

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.

Habilitaranse os mecanismos de cifrado suficiente para que os datos transmitidos teñan a correcta protección de datos.

PRAZO

Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial que comezará o 31 de marzo e rematará o 6 de abril ambos os dous incluídos.

. O prazo máximo para resolver será de 10 días desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

COPA PRÍNCIPE DE VOLEI 2020

Miniatura Noticia

O Conco acaba de ser elixida sede da Copa Príncipe de Volei, que se desputará os días 11 e 12 de xaneiro de 2020.

Este importante torneo nacional enfronta os dous primeiros clasificados na primeira volta dos grupos A e B da Superliga 2.

A día de hoxe, e a falta de desputarse aínda 3 partidos, os clasificados serían, provisionalmente, Volei Dumbria Oficial e Boiro Voleibol (grupo A) e Club Voleibol Barcelona CVB Barça e Club Voleibol Sant Pere i Sant Pau - Primer equipo (grupo B).

Despois da boa acollida da fase final de ascenso á Superliga 1, desputada o pasado mes de abril en Dumbría, tanto a Real Federación Española de Voleibol, coma a Federación Galega de Voleibol, volven confiar en nós para a organización dun evento desta envergadura a nivel nacional.