✏️ II edición do Concurso Contos de Misterio no Camiño: Concurso 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫, con dúas categorías nas que poderán participar os centros educativos dos concellos polos que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía:
➡️ 3º ciclo de Primaria: 5º e 6º curso
➡️ Educación Secundaria Obrigatoria
Extensión máxima 1.500 caracteres
✏️ I Edición Certame de Relatos de Misterio no Camiño: dirixida a 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐚𝐬 (maiores de 16 anos).
Extensión entre 4.000 e 6.000 caracteres
A temática gardará relación cos misterios no Camiño de Fisterra e Muxía, a figura do Vákner e terá como escenario esta ruta.
Este ano as Casas Culturais municipais serán o lugar no que os máis pequenos da casa celebren o entroido.
Os días non lectivos (luns e martes de entroido e mércores de Cinsa) poderán participar nas xornadas entroideiras, coa confección de 𝐦𝐚́𝐬𝐜𝐚𝐫𝐚𝐬 e elaborando 𝐝𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 da época de entroido.
Os nenos e nenas que veñan disfrazados recibirán un agasallo.
E haberá 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐨𝐫𝐢𝐱𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 en todas as casas culturais.
🎅 Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.
Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.
📫 Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.
👨🍳👩🎨 A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.
🎼🎭🎩 Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.
👑 A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.
OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.
😷 Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.
Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.
ACTIVIDADES INFANTÍS
Apoio escolar
Inglés
Informática
Teatro Infantil (mín. 6 anos) e Xuvenil
Gaita (mín. 8 anos) e percusión (mín. 4 anos). Gaiteiros de Buxantes
Pandeireta. ACDR As Neves
Zumba infantil ( de 4 a 14 anos)
Fútbol (para nenos e nenas de mín. 4 anos)
Escola fútbol feminino (nacidas de 2008 a 2013)
Voleibol (mín. 8 anos)
Piragüismo (mín. 8 anos e nadar)
ACTIVIDADES ADULTOS
Informática
Teatro
Manualidades
Clases de apoio Educación Secundaria Adultos
Gaita e Percusión. Gaiteiros de Buxantes
Pandeireta. ACDR As Neves
Pilates (+ 14 anos)
Zumba (+ 14 anos)
𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 8 𝐝𝐞 outubro cubrindo o formulario https://bit.ly/3EAE7jr
Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo. + info Concello: 981 744 001
(Se queres que che axudemos a cubrir o formulario, pasa polas Casas Culturais ou chama ao Concello).
PRAZAS LIMITADAS DEBIDO Á NORMATIVA ANTI-COVID. Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.
Este outono continuamos coa programación de actividades nas bibliotecas financiadas a través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Actividades organizadas pola Biblioteca e as Axencias de Lectura Públicas do Concello de Dumbría.