🏡 CONFINAMENTO EN DUMBRÍA 💪
































































































































ℹ INFORMACIÓN - COVID19
COMUNICADO DO CONCELLO DE DUMBRÍA
IMPORTANTE‼

🔴 SE TES ALGÚN DESTE MATERIAL, PONO Á DISPOSICIÓN DO TEU CONCELLO PARA ACHEGARLLO AOS SERVIZOS SANITARIOS.
🖱 Se non o tes, COMPARTE esta publicación para que chegue á xente que si o ten!
☎️981 744 001❗️
RECORDÁMOSVOS QUE DEBEMOS PERMANECER NAS CASAS, SAÍNDO SÓ PARA COUSAS IMPRESCINDIBLES!
O PASEO DE MASCOTAS, TEN QUE LIMITARSE A TEMPOS E DISTANCIAS CURTAS.
NON É O MOMENTO DE REUNIÓNS SOCIAIS. HABEMOS TER TEMPO DESPOIS DE TODO ISTO PARA XUNTARNOS COS VECIÑOS E AMIGOS.
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS.
🙌 GRAZAS!
#covid19
RD 463/2020 ESTADO DE ALARMA POLA CRISE SANITARIA DO COVID-19
🚨 ESTADO DE ALARMA.
🇪🇸 TODO O TERRITORIO NACIONAL.
🗓 15 DÍAS naturais.
👨⚖ AUTORIDADE COMPETENTE: Goberno, Ministra de Defensa, Ministro de Interior, Ministro de Transportes-Mobilidade-Axenda Urbana e Ministro de Sanidade.
👮♂ COLABORACIÓN con: Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos de Policía Autonómicos, Locais e Protección Civil.
⌨ XESTIÓN ORDINARIA dos servizos.
🛑 LIMITACIÓN DE LIBERDADE DE CIRCULACIÓN das persoas. Só permitido:
- 🥖 Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
- 🏥 Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- 🧰 Desprazamento ao lugar de traballo.
- 🏡 Retorno ao lugar de residencia habitual.
- 👵 Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- 🏦 Desprazamento a entidade financeiras e de seguros.
- ‼ Por causa de forza maior.
- Calquera outra actividade similar que terá que facerse de maneira individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por causa xustificada.
- ⛽ Reposición en gasolineiras – estacións de servizo.
EN TODO CASO: respectar as recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias.
Ministro de Interior poderá acordar o peche da circulación de estradas ou tramos por razón de saúde pública, seguridade ou fluidez do tráfico.
Requisas temporais e prestacións persoais obrigatorias.
📚 MEDIDAS no ÁMBITO EDUCATIVO e da FORMACIÓN: actividade presencial suspendida. No caso se ser posible, manterase a través da modalidade a distancia e on-line.
🛒 MEDIDAS no ÁMBITO do COMERCIO, da CULTURA, do OCIO, da HOSTALERÍA e da RESTAURACIÓN: SUSPÉNDESE a apertura ao público, agás no caso da hostalería e restauración o servizo de entrega a domicilio.
EXCEPCIÓN nos seguintes establecementos:
- 🧻 ALIMENTACIÓN, BEBIDAS, PRODUTOS e BENS DE 1ª NECESIDADE.
- 💊 FARMACÉUTICOS, MÉDICOS, OPTICAS E PRODUTOS ORTOPÉDICOS, PRODUTOS HIXIÉNICOS.
- 💇♀ PERRUQUERÍAS.
- 📰 PRENSA E PAPELERÍA.
- ⛽ COMBUSTIBLE.
- 🚬 ESTANCOS.
- 💽 EQUIPOS TECNOLÓXICOS E TELECOMUNICACIÓNS.
- 🐈 ALIMENTOS PARA AMINAIS DE COMPAÑÍA.
- 🖱 COMERCIO POR INTERNET, TELEFÓNICO OU CORRESPONDENCIA.
- 👔 TINTORERÍAS E LAVANDERÍAS.
PERMANENCIA estritamente a necesaria. PROHIBIDO consumir produtos nos propios establecementos. EVITAR aglomeracións. CONTROL de distancia de seguridade dun mínimo de 1m.
⚰ MEDIDAS en LUGARES DE CULTO e CERIMONIAS CIVÍS E RELIXIOSAS: evitar aglomeracións.
👩⚕ MEDIDAS para REFORZAR o SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE.
😷 MEDIDAS para ASEGURAR o SUMINISTRO DE BENS E SERVIZOS necesarios para a protección da saúde pública.
🚌 MEDIDAS en materia de TRANSPORTE.
🥕 MEDIDAS para GARANTIR o ABASTECEMENTO ALIMENTARIO.
❌ TRÁNSITO ADUANEIRO.
🔌 GARANTÍA de SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, produtos derivados do PETRÓLEO e GAS NATURAL.
Operadores críticos de servizos esenciais.
📺 MEDIOS DE COMUNICACIÓN: obriga de emisión de comunicados das autoridades.
💶 RÉXIME SANCIONADOR.
Disposición Adicional 1ª: persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas.
Disposición Adicional 2ª: suspensión de prazos procesuais.
Disposición Adicional 3ª: suspensión de prazos administrativos.
Disposición Adicional 4ª: suspensión de prazos de prescrición e caducidade.
Disposición Adicional 5ª: carácter de axente da autoridade dos membros das Forzas Armadas.
Comunicado de Servizos Sociais. Concello de Dumbría
Ante a situación que estamos vivindo, o Concello de Dumbría ten unha importante labor que facer: INTENTAR QUE NINGUNHA PERSOA QUEDE DESASTIDA NESTES DÍAS ( medicinas, alimentos, atención médica...).
Se precisas axuda, ou coñeces a alguén que poida precisar axuda, chámanos.
Os teléfonos de atención ao público:
De luns a viernes de 9:00 a 14:00 no 981 44001
Fóra de ese horario no 666 45 06 58
Telefono gratuito de información do coronavirus da Xunta de Galicia 900 400 116
Rogamos difusión e un uso responsable das chamadas.
Propostas para estes días...
É importante que todos e todas establezamos horarios e rutinas ao longo destes días, tamén coas crianzas (levantarse á mesma hora, adicar un horario a realizar tarefas con elas, almorzo, xantar e cea á mesma hora, tempo para o xogo libre,...).
Aquí vos van algunhas PROPOSTAS PARA LEVAR A CABO NA CASA ESTES DÍAS QUE IMOS COMPARTIR EN FAMILIA COS/COAS MÁIS PEQUENOS/AS:

Nesta situación que estamos a vivir, temos que manter a calma, a tranquilidade e o sentido común. Debemos facer caso das recomendacións de Saúde Pública e quedar na casa.
Vexámolo como unha oportunidade de pasar tempo en familia. Todo ha pasar e ímonos ver pronto.
SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA EN GALICIA
Resolución 13 marzo de 2020, Xunta de Galicia declara a situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia e actívase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), como consecuencia da evolución da epidemia do 🦠 coronavirus COVID-19. Acorda:
- ☣ Situación de EMERXENCIA SANITARIA GALICIA.
- 🚑 PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS de Galicia.
- 🔴 Centro de Coordinación Operativa (CECOP).
- 📜 Poderán ditarse ordes e instrucións que afecten aos dereitos da cidadanía e adoptar medidas de obrigado cumprimento.
- 🔓 A desactivación do Plan será declarada formalmente polo seu director, unha vez superada a situación de emerxencia.
- ♻ Declaración de emerxencia sanitaria en Galicia enténdese sen prexuízo das competencias estatais e das medidas que aprobe o Goberno, e en coordinación con elas.
- 🎫 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (OCIO) contados dende a publicación no DOG nas seguintes áreas: cines, teatros, auditorios, circos, establecementos de espectáculos deportivos, recintos feirais, casinos, salas de bingo, salóns de xogo, tendas de apostas, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas de uso colectivo, parques acuáticos, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencias, salas polivalentes, salas de concertos, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, establecementos para actividades zoolóxicas-botánicas-xeolóxicas, salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo, furanchos e centros de ocio infantil.
- 🍽 ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN (cafetarías, bares e restaurantes) 🛵 SÓ poderán prestar SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO ou RECOLLIDA NO LOCAL para consumir en domicilio.
- ☕ Bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior de instalacións destinadas á prestación de servizos públicos: actividade limitada estritamente aos clientes aloxados ou a traballadores das instalacións.
- 🛍 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (COMERCIO) contados dende a publicación no DOG; a 🍊 EXCEPCIÓN dos establecementos de ALIMENTACIÓN e PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE (CNAE-2009).
- 🛁 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (TERMALISMO) contados dende a publicación no DOG: balnearios e espazos termais.
- 👣 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CAMIÑO) contados dende a publicación no DOG: albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.
- ⚰ REDUCIÓN DA CAPACIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CULTO) contados dende a publicación no DOG: edificios de culto, tanatorios, … Reducindo a súa capacidade máxima a 1/3. Nos cortexos fúnebres reducirase a un máximo de 25 persoas.
#COVID19 #FREEMOSACURVA 🤚 📈 #QUEDANACASA 🏠 #EUQUEDONACASA
Os empregados da sanidade, dos supermercados, das farmacias, da limpeza, ... Grazas a todos eles que están traballando arreo para superar esta crise sanitaria! GRAZAS!
Pénsao ben, ti tan só tes que quedar na casa e lavar as mans, tan difícil é?
LEMBRA:
- Non todo o que se publica en internet é real, moito ollo coas fake news que poden facer moito mal.
- Mantén a calma.
- Queda na casa.
- Busca algunha ocupación para facer na casa. Seguro que hai algo que tiñas ganas de facer dende hai tempo e non tiñas tempo para facelo. Agora pode ser o momento!
- Lava as mans con auga e xabón.
- No caso de ter síntomas relacionados co COVID-19 (dificultade respiratoria, tos seca e febre) chama ao 900 400 116.
Fervenza do Ézaro accesible
💦💙♿
Son moitos os monumentos, museos, espazos naturais, aloxamentos e restaurantes de España que ofrecen servizos, entornos e actividades parcial ou totalmente accesibles. Aínda así non son tantos... Cada vez os destinos están máis preparados no referente ao turismo accesible e por isto apostou o Concello de Dumbría, en facer que un recurso natural tan emblemático e espectacular como a Fervenza do Ézaro sexa para todas e todos.
Chegou o día, fíxose derrogar pero por fin a Fervenza do Ézaro é accesible. É o momento de que tanto as persoas con mobilidade reducida, coma as que non, as que leven carriños de bebés, etc... poidan gozar por igual da Fervenza do Ézaro.
Ata hai uns días para chegar á Fervenza do Ézaro era necesario baixar por unha antiga escaleira de pedra para logo enlazar coa pasarela de madeira. Pois agora, grazas á senda das sensacións xa non hai que empregar esa antiga escaleira, senón que tan só hai que gozar desta nova construcción, unha liña branca suspendida sobre a auga. Obra de enxeñería do arquitecto Antonio González Serrano, executada polas empresas Ogando e López Cao e financiada polo GALP Costa Sostible, o canon eólico, a Deputación da Coruña e o Concello de Dumbría.
Aínda queda moito por facer para que sexa accesible a todos os niveis, pero a Fervenza do Ézaro vai por bo camiño, nunca mellor dito, eliminado barreiras.
#DumbríaéTurismo #DumbríaParaTodos #DumbríaéAccesible
X BTT do Concello de Dumbría
O Concello de Dumbría e o CLUB Ciclista Dumbría organizaron a décima edición da ruta BTT Dumbría https://eventos.emesports.es/inscripcion/x-btt-concello-de-dumbria/clasificaciones/.
A proba disputouse o domingo 1 de marzo do 2020 con case 220 inscritos.
DISTANCIAS:
〰 35 km ruta curta
➿ 54 km ruta longa
+INFO: www.dumbria.es
Ven vivir o deporte en Dumbría!!
#DumbríaéDeporte
Fotos do evento de Antonio González Franco no álbum de Facebook https://www.facebook.com/antonio.gonzalezfranco.3/media_set?set=a.3861344070557359&type=3
Fotos do Club Ciclista de Dumbría en https://www.facebook.com/ClubCiclistaDumbria/
Fotos de Antonio González Franco

Asesoramento dirixido a asociacións
Tes dúbidas sobre cómo solicitar subvencións ao concello ou á Deputación?
O luns, 2 de marzo de 2020 de 10:00 a 11:00 h un, un axente atenderá as túas dúbidas.
Ven e pregunta o que necesites!!
DIRIXIDO A ASOCIACIÓNS.
Plan Emprego Local - PEL Deputación da CoruñaDeputación Provincial da CoruñaConcello de Dumbría
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
















































































































































