Ir o contido principal

🌞BOLSA FANTÁSTICA- DC

Miniatura Noticia

🌞👩‍🔬🧪 DIVERCONCO 8. UNHA BOLSA FANTÁSTICA.

Desta vez, o #diverconco tráenos un experimento cunha bolsa case máxica. Pero, ollo, non é maxia, é ciencia.

Necesitas:

  • 1 bolsa de peche hermético
  • auga
  • uns lapis ben afiados
  • 1 barreño, por se a cousa se torce 😅
https://www.youtube.com/embed/P-bU8NDyopQ

Unha actividade divertida (tanto se sae ben, coma se sae mal 😉) e adaptada a tódalas idades.
A máis dun maior seguro que tamén vos serve de entretemento.
A ver se vos gusta 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #experimento #bolsafantástica 

🌞ARRANXO FLORAL - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 4. ARRANXO FLORAL

🌞🌹💐 Hoxe, o #diverconco vai para as persoas adultas; aínda que, se cadra, algún peque tamén se anima... Imos facer un centro de flores. Así lembramos o curso que se desenvolveu este ano nas casas culturais.

https://www.youtube.com/embed/t84J5PYq2iA


A divertirse! 😉

#DumbríaéCultura #Dumbría #flores #arranxofloral

🌞GALO SALTARÍN - DC

Miniatura Noticia

🌞📕 DIVERCONCO 7. O RECUNCHO DAS LETRAS. O GALO SALTARÍN

Hoxe no #diverconco, un #conto. No verán tamén é tempo de ler, de contar historias e de escoitalas.

https://www.youtube.com/embed/W9M49sGXrRQ


A ver se vos gusta 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #RecunchodasLetras #conto

🌞CONCOTENIS - DC

Miniatura Noticia

🌞👧👦 Hoxe, no #diverconco, imos xogar a un tenis moi especial. Fabricaremos unhas raquetas moi sinxelas e a pelota será un globo.

Precisas:

  • 2 pratos de cartón (ou plástico)
  • 2 paus (tipo xeado)
  • pegamento forte (nós usamos silicona quente)
  • 1 globo
https://www.youtube.com/embed/6FgLR4Q5QbM


A divertirse! 😉

#DumbríaéCultura #Dumbría #xogo #verán #reciclaxe #tenis

🌞Pedra Papel Tesoiras - DC

Miniatura Noticia

🌞📕 DIVERCONCO 6. Pedra, Papel, Tesoiras. Variante

Hoxe, no #diverconco, unha versión diferente do popular xogo de Pedra, papel, tesoiras.

https://www.youtube.com/embed/bCuhCWJJ_NY


A ver se vos gusta 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #xogo #PedraPapelTesoiras

🗺 Presa da Laxe – ED

Miniatura Noticia

A Presa da Laxe está situada na parroquia de Santiago de Berdeogas, moi preto da aldea de Chaín, aínda que o mellor acceso para chegar a ela é a aldea da Farrapa.

De camiño á presa, accedendo pola Farrapa, atopámonos cun conxunto de seis muíños. O máis grande recibe o nome de Muíño da Laxe, polo que se presume que é o que lle da nome á presa.

Esta presa está no curso do río Alvarellos; o cal nace no monte Cabral e ten aproximadamente uns 9km de longo e uns 350 metros de desnivel. Este río atravesa practicamente toda a parroquia de Berdeogas e vai desembocar ao río Castro.

https://www.youtube.com/watch?v=J_mAHxZVZEw
Explora Dumbría na Presa da Laxe – Berdeogas – Dumbría

Así mesmo, este río tamén e coñecido por ser o que atravesa a Carballeira de Berdeogas, lugar onde se celebra a Festa da Familia. Unha romaría familiar e campestre que, de non ser pola COVID-19, tería lugar este domingo (19 de xullo de 2020).

Estrutúrase en dúas pozas unha máis grande ca outra. Trátase dun lugar moi querido pola xuventude de Berdeogas; o lugar a onde soen ir para aprender a nadar.

#Dumbría #DumbríaéTurismo #PresadaLaxe #Berdeogas #ExploraDumbría

🌞COELLIÑO CARAMELIÑO - DC

Miniatura Noticia

🌞📕 DIVERCONCO 3. O RECUNCHO DAS LETRAS. O COELLIÑO CARAMELIÑO

Hoxe no #diverconco, un #conto. No verán tamén é tempo de ler, de contar historias e de escoitalas.

https://www.youtube.com/embed/dGi43Gor9Ic


A ver se vos gusta 😉

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #RecunchodasLetras #conto

🌞XOGO DE MEMORIA - DC

Miniatura Noticia

DIVERCONCO 2. XOGO DE MEMORIA

🌞👧👦 Hoxe no #diverconco, un sinxelo xogo de memoria.

Seguramente todos e todas xogastes algunha vez ás parellas de cartas.

Propoñémosvos facer as vosas propias tarxetas, debuxando nelas o que vos pareza. Tamén podedes imprimir pequenos debuxos e colorealos.

Necesitas:

  • cartón
  • folios
  • pegamento
  • pinturas ao teu gusto
https://www.youtube.com/embed/X3KRy2soljc

Unha actividade divertida e adaptada a tódalas idades.
Aos maiores tamén vos virá ben entrenar a memoria.
A ver se vos gusta 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #memoria #manualidades

🌞PRESENTACIÓN - DC

Miniatura Noticia

🌞👧👦 DIVERCONCO 0. PRESENTACIÓN DO DIVERCONCO

Chegou o verán e con el nace unha nova sección nas redes sociais do Concello de Dumbría:

🌞 DIVERCONCO!

Este ano non vai ser posible desenvolver as actividades estivais que faciamos no Conco, polo que o equipo de Cultura do concello vai levar O Conco á vosas casas.

Ao longo das próximas semanas achegarémosvos vídeos con actividades facilmente adaptables a todas as idades e para compartir en familia.

🎲🎳 xogos de mesa

👩‍🔬🧪 experimentos

🎨 manualidades

👨‍🍳 cociña

📕 contacontos

🤹‍♀️ xogos populares

https://www.youtube.com/embed/M5KcOpBdWiU

Agardamos que vos gusten. Feliz verán!

#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #veránseguro #covid19

🌞MÁQUINA DE ESPUMA - DC

Miniatura Noticia

🌞👩‍🔬🧪 DIVERCONCO 1. MÁQUINA DE FACER ESPUMA.

Estreamos a sección do #diverconco amosándovos como fabricar a vosa propia máquina de espuma.

Necesitas:

  • 1 medida de auga
  • 2 medidas de deterxente para louza
  • 1 calcetín
  • 1 botella sen a base
https://www.youtube.com/embed/HxTrY4mXGac

Unha actividade divertida e adaptada a tódalas idades.
A máis dun maior seguro que tamén vos serve de entretemento.
A ver se vos gusta 😉
#Dumbría #DumbríaéCultura #diverconco #experimento #máquinadeespuma