Ir o contido principal

Concurso de fotografía DumbríaÉ

 

ENVÍA AS TÚAS FOTOGRAFÍAS ATA O 30 DE SETEMBRO DO 2025

Amosa o mellor de Dumbría a través da túa cámara!

Este concurso ten como principal obxectivo promover e difundir o Concello de Dumbría.

#Dumbríaé simboliza dende o 2011 un movemento de etiquetado social tanto para fotos e vídeos coma para as diferentes áreas nos que o concello desenvolve accións e actividades (#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura #DumbríaéNatureza #DumbríaéHistoria #DumbríaEsti #DumbríaéCamiño…).

Son moitas as persoas que dende os inicios do primeiro concurso do #Dumbríaé crean e difunden contidos nos que promoven o noso territorio e actividades e, como en anteriores edicións do concurso, queremos premiar e recoller esas fotografías auténticas e xenuínas que formarán parte do material promocional e divulgativo do noso concello.

TEMÁTICA

A temática centrarase en fotografías representativas de Dumbría con diversas temáticas (patrimonio, natureza, festas, actos, eventos, tradicións, deporte, persoas, cultura, Camiño de Santiago, actividades, dos ríos, dos montes, da gastronomía local, da hostalería, etc.), que puideron ser tomadas en calquera época do ano. Poden ser fotografías antigas ou actuais. Poden ser sacadas de día ou de noite.

Buscamos esas espectaculares imaxes que representan o noso concello e coas que chegamos a tantos recunchos de todo o territorio.

CONDICIÓNS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Para poder participar, o usuario encher un formulario que se encontra na web do Concello de Dumbría .

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

- As persoas participarán neste Concurso Fotográfico a través da web do Concello de Dumbría subindo un máximo de 5 fotografías que se encadren nalgunha das temáticas do concurso, acompañadas dun título ou frase que describa a mesma.

  • A fotografía deberá ter calidade suficiente para ser imprimida sen diminución da calidade. O arquivo orixinal previo a calquera edición ha de ter un mínimo de resolución de 300x200mm a 300ppp.
  • Sen ser esixible, recoméndase o encadre horizontal das imaxes.
  • As fotografías poderán presentarse tanto en cor coma en branco e negro.
  • As fotografías que non cumpran os requisitos anteriormente esixidos non poderán someterse a votación
  • A participación é libre e gratuíta.
  • Poderán participar as persoas maiores de 14 anos de idade, sexan ou non do Concello de Dumbría, exceptuando as persoas que formen parte do xurado.
  • Cada participante poderá enviar un máximo de 5 fotografías.
  • As fotografías non deben estar premiadas en ningún outro certame ou concurso, na data de presentación a este.
  • Os participantes serán os responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías debendo, se así é necesario, contar por escrito cos permisos de cesión de dereitos de imaxe das persoas retratadas.
  • As fotografías presentadas e premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores, os cales ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello de Dumbría, que as poderá utilizar para promover o concello. O nome do autor figurará na difusión das fotografías; pero non se aceptarán aquelas fotografías que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.
  • As fotografías deberán cumprir os requisitos técnicos indicados nas bases.
  • Os participantes, polo simple feito de selo, manifestan coñecer e aceptar as bases de participación e as decisións do xurado.

PRAZO

O concurso comezará unha vez publicado na web e/ou nas redes sociais do Concello de Dumbría e rematará ás 23:59 h do 30 de setembro do 2025

PREMIOS

Premiaranse un total de 12 fotos. Cada foto gañadora obterá un premio consistente nun bono de 100 € a consumir nun establecemento hostaleiro/comercial do concello de Dumbría que virá indicado en dito bono.

Cada participante pode optar como máximo a 3 premios.

A entrega de premios realizarase nun acto público no concello de Dumbría.

 

CANDIDATOS:

Sen resultados