Ir o contido principal
Albergue de Peregrinos de Olveiroa

Albergue de Peregrinos de Olveiroa

Tanto se o teu camiño remata en Fisterra coma en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Olveiroa é unha opción ideal para culminar unha das etapas.

 

Trátase dun albergue de carácter público onde a hospitaleira Puri che dará a benvida e che asesorará sobre o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.

Está situado nunha antiga aldea de trazado medieval onde poderás gozar do encanto do lugar e da gastronomía que ofrecen os seus restaurantes.

Información práctica:

  •  Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h . ABERTO TODO O ANO
  •  Teléfono: 658 045 242
  •  Número de prazas en liteira: 40
  • Número salas con liteiras: 6
  • Prezo por persoa: 8 euros
  •  Servizos: accesibilidade, calefacción, neveira, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
  • Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas, establo-hípica, lavandaría.
 
  • Roupa de cama: sabas, almofadas e mantas incluídas.
  • Lavandería: lavadora e secadora de pago e lavadoiro e tendeiro gratuíto.
  • Características do aloxamento: ten terraza, sala de reunión, xardín, calefacción, neveira e é accesible.
  • Comunicación: hai internet, WIFI e enchufes para cargar os dispositivos electrónicos.
  • Bicicletas: conta cun lugar onde gardar as bicicletas.
  • Información útil: non se admiten reservas nin pago con tarxeta de crédito.
 

#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo