Difusión proxecto Vákner
O Concello de Dumbría creou para a promoción do Territorio Vákner unhas redes sociais propias, que actualiza con asiduidad e na que se difunde o proxecto do territorio no ámbito dixital. Para iso empréga recursos dixitais (fotografías, vídeos,...) que se difunde a través das súas redes sociais (youtube, facebook, instagram, X), da web municipal e do blog do departamento cultura e turismo.
Web municipal: https://dumbria.gal/
Facebook: https://www.facebook.com/Vakner/
Instagram:https://www.instagram.com/territoriovakner/
Blog: https://dumbriaecultura.wordpress.com/
Folleto informativo do Vákner: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://dumbria.sixtema.dev/sites/default/files/documentos/Vakner%20Galego.pdf
A día de hoxe son moitas as interaccións que recibe a figura do Vákner por parte dos usuarios das distintas redes sociais, persoas que crean contidos ao redor da figura do Vákner e a comparten, creando unha seña de identidade no territorio vinculado ao misticismo, ao medo pero tamén á superación e ós valores do camiño.