
Albergue Público de Dumbría
Se o teu camiño remata en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Dumbría dispón dunhas modernas instalacións que se complementan co complexo deportivo do Conco, onde poderás gozar de balde da piscina, o ximnasio, a biblioteca, acceso a internet,…
Ao igual que o albergue de peregrinos de Olveiroa, o de Dumbría tamén é de carácter municipal e público polo que o seu custe é inferior ao do ámbito privado, pero no que non se admiten reservas; senón que as prazas cúbrense por orde de chegada dos peregrinos.
Información práctica:
- Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h
- Teléfono: 981 74 40 01
- Número de prazas: 24 + 2 (persoas con mobilidade reducida)
- Servizos: accesibilidade, calefacción, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas.
Prezo: 8€ por persoa.
Datas abertas: todo o ano.
Roupa de cama: sabas, almofadas e mantas incluídas.
Lavandería: lavadora e secadora de pago e lavadoiro e tendeiro gratuíto.
Características do aloxamento: ten terraza, sala de reunión, xardín, piscina no verán, calefacción, ximnasio, biblioteca e é accesible.
Comunicación: hai internet, WIFI e enchufes para cargar os dispositivos electrónicos.
Bicicletas: conta cun lugar onde gardar as bicicletas.
Información útil: non se admiten reservas nin pago con tarxeta de crédito.
#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo #BoCamiño #TerritorioVákner