Ir o contido principal

Existe un lugar onde o río se funde co Océano Atlántico, un lugar de lendas, un lugar máxico onde o río se convirte en fervenza para abrazar así a auga salgada do mar.

 

Fervenza

Fervenza en directo

Directo cámara Fervenza

(Abrirase unha nova ventana para asegurar a conexión)

 

O río Xallas ou Ézaro determina o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano; a denominada Fervenza do Ézaro, conformando o único exemplo de desembocadura fluvial deste tipo en Europa.

 

 

Antes de converterse en fervenza, o río é retido por catro encoros: A Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Destacan as pías ou caldeiras que se atopan entre o último encoro e a propia fervenza, que son cavidades naturais construídas ao longo dos séculos polo río.  No último tramo do río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros.

 

 

Ata mediados do s.XIX, o río Xallas e a súa fervenza coñecíanse como Río Ézaro ou Lézaro. Así se constata nas fontes cartográficas da época. De feito, a primeira referencia cartográfica coa denominación Ézaro aparece na Descrición do Reyno de Galizia (ano 1598).

Dende abril de 2011 a Fervenza do Ézaro está constantemente con agua; as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Un espectáculo que paga a pena ver, unha combinación máxica de auga, natureza, luces de cores e música. A comezos de cada ano, o Concello de Dumbría publica o calendario de iluminación da Fervenza na web municipal, nas redes socias e nos medios de comunicación

Así mesmo, dende a web http://www.dumbria.com podes acceder á webcam da Fervenza do Ézaro para poder vela en directo sen moverte da casa!


ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO

Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas do verán de Dumbría. Durante os meses de xuño a setembro a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites, e poderás contemplar este espetáculo en primeira fila dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.

Dumbría, NOITES MÁXICAS !

 

HORARIO ILUMINACIÓN DA FERVENZA DO ÉZARO 2026

Dende ás 22:30 ata ás 00:30h dende o 10 de xullo do 2026 ao 19 de setembro, venres e sábados.

Acceso de balde

 

 

CONSELLOS:

  • Evitar empregar un navegador ou GPS (nesta zona non axuda, soe recomendar a peor estrada).
  • Se ves da zona de Santiago – Rías Baixas – Ourense. 2 opcións:
    • Estrada de costa: autovía ata Noia, continuar á dereita pola estrada de costa AC-550 dirección Cee, despois de pasar polo pobo do Pindo, xusto despois da ponte hai un cruce á dereita que indica Fervenza do Ézaro.
    • Estrada de interior e costa: estrada AC-441 dirección Negreira – Muxía, en Boudañeira xirar á esquerda dirección Berdeogas, chegados ao cruce coa estrada AC-552 dirección Fisterra – A Coruña xirar á esquerda dirección Fisterra, ao chegar a Cee xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Se ves da zona da Coruña – Lugo:
    • Autopista AG-55 dirección Arteixo – Carballo, continuar pola autovía dirección Fisterra, continuar pola AC-552 dirección Fisterra, chegados a Cee, xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Unha vez chegados á zona do porto deportivo do Ézaro, aparcar na zona adoquinada que vai paralelamente ao longo da estrada, é aparcadoiro. Non na explanada, posto que é zona amarela. Continuar un leve paseo a pé a carón do río, enlazando coa pasarela de madeira ata os pés da Fervenza do Ézaro onde poderás incluso tocar a súa auga.

 

Teléfono: 662 346 927 
Twitter: @ConcelloDumbria
 
 
#DumbríaéNatureza #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica

Galería de imaxes

🎧🌊 Contos do mar é un proxecto participativo, desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, que pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira a través das historias de vida da xente local e audioguías ficcionadas que recollen a memoria dos lugares.

 

 

QUE É?

A audioguía é unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.

No caso de Dumbría é no Ézaro, vai dende o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ata a propia Fervenza do Ézaro.

 

QUEN PODE REALIZAR O PASEO?

O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.

No caso do Ézaro é un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

 

COMO FUNCIONA?

Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!

 

ONDE SE CONSEGUEN?

Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.

No caso de Dumbría sería na Oficina de Turismo do Ézaro ou no CIR, en función da época do ano.

 

PREZO

Tarifa Básica: 2 €

Tarifa Reducida: 1 € (grupos de máis de 5 persoas)

 

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada

🌍 TURISMO & COVID-19

🌍 TURISMO & COVID-19

‼ Se nos visitas vindo de fóra da comunidade autónoma galega, sexas ou non de Galicia 👇
09/06/2020
17:48:44
🗺 Vilafernández – ED

🗺 Vilafernández – ED

“A Fervenza, un punto de encontro para as aves e os seus amantes”

09/06/2020
17:32:56
🗺 O Carboal - ED

🗺 O Carboal - ED

Unha nova entrega do Explora Dumbría! Hoxe, gravado e non en directo, xa que a cobertura non nolo permitía.

03/06/2020
18:14:52
🗺 Chan das Lagoas -ED

🗺 Chan das Lagoas -ED

Directo emitido desde o Chan das Lagoas, en Berdeogas, o punto de maior altitude do Concello de Dumbría, 530 msnm.

30/05/2020
12:35:46
REBECA RAMA SANTIAGO

REBECA RAMA SANTIAGO

20/05/2020
16:53:10
👶👦👧 Orde SND/370/2020, 25 de abril, condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da poboación infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

👶👦👧 Orde SND/370/2020, 25 de abril, condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da poboación infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

MINISTERIO DE SANIDADE

25/04/2020
12:44:26
SUSANA SAMBADE

SUSANA SAMBADE

23/04/2020
18:15:16
ANA ESCUDERO

ANA ESCUDERO

16/04/2020
22:14:00
LAURA SUÁREZ

LAURA SUÁREZ

Laura Suárez Fernández
10/04/2020
15:50:51
RD-LEI 10/2020, 29 marzo, PERMISO RETRIBUÍDO RECUPERABLE PARA TRABALLADORES POR CONTA ALLEA QUE NON PRESTEN SERVIZOS ESENCIAIS

RD-LEI 10/2020, 29 marzo, PERMISO RETRIBUÍDO RECUPERABLE PARA TRABALLADORES POR CONTA ALLEA QUE NON PRESTEN SERVIZOS ESENCIAIS

👥 ÁMBITO SUBXECTIVO DE APLICACIÓN: todos os traballadores por conta allea cuxa actividade non foi paralizada como consecuencia da declaración do estado de alarma (RD 463/2020, 14 marzo).

30/03/2020
18:04:42
Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo

Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo

30/03/2020
12:17:25
🏡 CONFINAMENTO EN DUMBRÍA 💪

🏡 CONFINAMENTO EN DUMBRÍA 💪

28/03/2020
10:42:34
Dumbría en Sportur Galicia 2018.
19 / 11 / 2018

Dumbría en Sportur Galicia 2018.

AVISO DE APRAZAMENTO.
11 / 11 / 2018

AVISO DE APRAZAMENTO.

Certificado de profesionalidade de nivel 3: Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e
11 / 11 / 2018

Certificado de profesionalidade de nivel 3: Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e

Actividades Culturais e Deportivas do Concello de Dumbría 2018 - 2019 .
18 / 10 / 2018

Actividades Culturais e Deportivas do Concello de Dumbría 2018 - 2019 .

Proxecto para a Mellora do Acceso Peonil á Fervenza do río Xallas no Ézaro. FASE 2.
02 / 10 / 2018

Proxecto para a Mellora do Acceso Peonil á Fervenza do río Xallas no Ézaro. FASE 2.

3 Concertos históricos en  Dumbría, PARA TI
26 / 07 / 2018

3 Concertos históricos en Dumbría, PARA TI

XXXIII FESTA DA PRAIA DO ÉZARO, "unha praia en pé de festa".
26 / 07 / 2018

XXXIII FESTA DA PRAIA DO ÉZARO, "unha praia en pé de festa".

GRAN FONDO EZARO 2018
05 / 07 / 2018

GRAN FONDO EZARO 2018

18 FESTA DA FAMILIA, Feliz Cumple.
28 / 06 / 2018

18 FESTA DA FAMILIA, Feliz Cumple.

"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.
18 / 06 / 2018

"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.

Presentación da primeira novela de Noelia Castro "En brazos de otro amor".
15 / 06 / 2018

Presentación da primeira novela de Noelia Castro "En brazos de otro amor".

PARABÉNS DUMBRÍA, un ano máis a nosa fermosa praia ten Bandeira Azul 2018
13 / 06 / 2018

PARABÉNS DUMBRÍA, un ano máis a nosa fermosa praia ten Bandeira Azul 2018

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2023/2024
actividades, actividades culturais, actividades deportivas, casas culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2023/2024

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

20/09/2023
12:40:35
Xacarandaina volve a Dumbría!
actividades culturais

Xacarandaina volve a Dumbría!

Xacarandaina chega a Olveiroa cun espectáculo de música e baile tradicional galego

Non o perdas!

23/08/2023
14:51:31
Cultura Agosto 2023!!!
11/08/2023

Cultura Agosto 2023!!!

Programación agosto 2023
actividades culturais, casas culturais, cultura, deporte, FERVENZA DO ÉZARO, turismo, verán

Programación agosto 2023

📢Programación agosto 2023

Este mes arranca forte coa 36ª edición da Festa da Praia do Ézaro, que, un ano máis, vén cargada con actividades para todos os públicos.

02/08/2023
16:32:28
36ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.
01/08/2023

36ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.

FESTA DA PRAIA 2023 · XXXVIª edición
ézaro, cultura, deporte, Dumbría, festa da praia, maxia, música, O Ezaro, OCR, playa, praia, sardiñada, turismo, xogos

FESTA DA PRAIA 2023 · XXXVIª edición

📆 5 e 6 de agosto 2023

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.

01/08/2023
13:02:19
FESTA DA FAMILIA 2023
Berdeogas, cultura, Dumbría, familia, FESTAS, romaría, turismo, verán

FESTA DA FAMILIA 2023

Estimadas veciñas e veciños:

10/07/2023
11:00:00
XXI FESTA DA FAMILIA 2023!!!
07/07/2023

XXI FESTA DA FAMILIA 2023!!!

FESTA INFANTIL DE FIN DE CURSO 2023
13/06/2023

FESTA INFANTIL DE FIN DE CURSO 2023

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023
13/06/2023

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023

FESTA INFANTIL FIN DE CURSO 2023
actividades culturais, actividades deportivas, cultura, deportes, infantil

FESTA INFANTIL FIN DE CURSO 2023

📆Xoves 22 de xuño, na praia do Ézaro, de 11:00 a 17:00 h

📝Inscrición: entregar autorización, antes do 19 de xuño, nas Casas Culturais ou oficinas municipais

12/06/2023
16:45:40
ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023
actividades culturais, actividades deportivas, Conco, cultura, deporte, O Conco, piscina, verán

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2023

12/06/2023
16:01:06

test

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident, sunt in culpa qui officia deserunt mollit anim id est laborum.