Ir o contido principal

Onde viven as palabras

Actualmente  o concello de Dumbría conta con 5 puntos de lectura e préstamo de libros; a Biblioteca Pública Municipal do Ézaro e as Axencias de Lectura Municipais de Buxantes, Dumbría, Berdeogas e Olveira.

Tanto a biblioteca coma as ALM están automatizadas, contando neste momento cun total de 22.581 rexistros bibliográficos.

Para poder facer uso do servizo de préstamo de libros das bibliotecas abonda con facerse socio. Cada socio ten dereito a utilizar todas as bibliotecas do concello para o préstamo. Pódense sacar un máximo de tres documentos, durante 14 días e con posibilidade de renovación.

Os catálogos da rede de bibliotecas do concello pódense consultar no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.com.

Tamén podes consultar os libros que temos por biblioteca, só tes que premer na palabra CATÁLOGO e escribir o título da obra que buscas.
 

Ao longo do ano nas bibliotecas desenvólvense actividades puntuais de formación de usuarios, así coma diversas campañas e actividades de fomento da lectura.

 

Bibliotecas

Axencia de lectura de Berdeogas.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Buxantes.

Horario de Inverno

Luns a Xoves de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h

Biblioteca Pública Municipal do Ézaro.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Olveira.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 21:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 18:00 a 21:00 h

Axencia de lectura de Dumbría.

Horario de Inverno e Verán

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Casas Culturais

Ó longo de todo o concello de Dumbría, atoparás repartidas polas parroquias as Casas de Cultura. Son os nosos centros neurálxicos das actividades culturais do concello.

Nestes centros poderás informarte, apuntarte e participar na actividade ou actividades que mais che apetezan.

Goza e comparte.

 

 

HORARIO DE VERÁN.

As Casas de Cultura e as Bibliotecas Municipais, modifican os horarios durante os meses de verán.

Novos horarios:

OLVEIRA
De luns a venres de 18:00 a 21:00 h

ÉZARO
De luns a venres de 17:00 a 20:00 h

BERDEOGAS
Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h

BUXANTES
Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h

O CONCO
De luns a venres de 16:00 a 22:00 h.


HORARIO DE INVERNO.

Casa Cultural de Berdeogas.
​Luns a Venres
de 16:00 a 20:00 h.

Centro Social de Bustelo-Salgueiros.
​Luns e Xoves
Segundo horario de actividades.

Casa Cultural de Buxantes.
​Luns a Xoves
de 16:00 a 20:00 h.

Instalacións do Conco- Dumbría.
​Luns a Venres
de 16:00 a 22:30 h.

Casa Cultural do Ézaro.
​Luns a Venres
de 16:00 a 20:00 h.

Casa Cultural de Olveira.
​Luns a Venres
de  16:00 a 21:00 h.

Eventos Culturais

Actividades estivais nas instalacións do Conco: xunto cos cursos de natación, lévanse a cabo actividades dirixidas ao público infantil de idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, tales coma xogos educativos e para o tempo libre, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, obradoiros de reciclaxe, obradoiros de cociña, manualidades, educación ambiental, educación vial, educación para a saúde,...

Representacións teatrais, musicais, de maxia, de novo circo,...

Actividades de animación á lectura

Festa da Familia, na Devesa da Lúa, carballeira de Berdeogas

Festa da Praia do Ézaro

Programas de Nadal, Entroido,...

Festas infantís de Fin de curso, Clausura de actividades estivais, Nadal,...

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina De Olveiroa á Ponte Peón seguindo o río Xallas

Miniatura Noticia

Continuamos co ciclo de andainas #ExploraDumbría, a través do que podes coñecer o concello camiñando.

·

Esta andaina é 𝐋𝐈𝐍𝐄𝐀𝐋.

As persoas participantes deben 𝐚𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐫𝐬𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐮𝐬 𝐯𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐚𝐭𝐚 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐫𝐢𝐦𝐞𝐧𝐳𝐨, onde estará habilitada unha zona de aparcamento.

Desde alí sairemos en buses ata Olveiroa para iniciar o camiño.


📆 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨

🕘 𝐀́𝐬 𝟗:𝟎𝟎 𝐡, 𝐬𝐚𝐢́𝐝𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐛𝐮𝐬𝐞𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐫𝐢𝐦𝐞𝐧𝐳𝐨 con dirección a Olveiroa


Ao longo do percorrido visitaremos Olveiroa - Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía - ponte de Vao de Ripas - Pedra cabalgada do Brazal - carballeira do Brazal - Fervenza de Xestosa - As Teixoeiras - San Crimenzo - Ponte Peón

·

❗️Prazas limitadas


Imprescindible inscribirse⬇️

https://forms.gle/16SUGik1rpZZRGxm6

·

#Dumbría #ExploraDumbría #Vákner #TerritorioVákner

#DumbríaéCamiño #DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2025

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

💻PREINSCRICIÓNS ata o 20 de xuño, cubrindo o formulario:
  https://forms.gle/XagrtFyQoXbxjnXCA

PRAZAS LIMITADAS!

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬

+ info Concello: 📞 981 744 001

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte

Actividades Culturais

Cremos que os servizos á cidadanía son un dos mellores logros da sociedade, por iso traballamos continuamente neste ámbito. queremos estar ó día e ofrecerche as mellores alternativas... Navega e ponte ó día de todo o que podes facer.

> APOIO ESCOLAR.

> INGLÉS.

> DUMBRÍA SPEAKS.

Iniciativa de inmersión lingüística en inglés, con profesorado nativo.

Está dirixida a nenos/as desde os 2 anos ata adultos.

> INFORMÁTICA.

> MANUALIDADES.

> PALILLO.

> TEATRO.

Grupos de nenos/as, de mozos/as e de adultos.

> CLASES PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA.

Dirixidas a adultos.

> CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN.

Gaiteiros de Buxantes.

> CLASES DE PANDEIRETA E BAILE TRADICIONAL.

Asociación As Neves de Buxantes.

Apoio escolar

Dumbría
Luns

O Ézaro
Martes

Buxantes
Xoves

Salgueiros
Luns

Berdeogas
Mércores

Olveira
Venres

Inglés

Berdeogas
Luns

Olveira
Mércores

Salgueiro
Xoves

Buxantes
Martes

Dumbría
Xoves

O Ézaro
Venres

Dumbría Speaks

Dumbría
Sábado

Informática

Buxantes
Luns

Berdeogas
Xoves

Dumbría
Venres

Olveira
Martes

O Ézaro
Mércores

Manualidades

Dumbría
Xoves 16 - 18 h

O Ézaro
Martes 16 - 20 h

Buxantes
Mércores 18:30 - 20:30 h

Salgueiro
Luns 18:30 - 20:30 h

Berdeogas
Luns 16 - 18 h

Olveira
Martes 16 - 18 h

Palillos

Dumbría
Mércores 16:30 h

Teatro

Dumbría
Martes 18:30 - 21:30 h

Olveira
Martes 17 h

Clases para a obtención do graduado en educación secundaria dirixidas a adultos

Parroquias do Concello

De Luns a Venres

Clases de gaita e percusión / Pandeireta e baile tradicional

Buxantes
Sábado

O pasado 23 de xaneiro, os concellos de Dumbría e Vimianzo presentaron no stand de TurespañaFITUR 2025, o proxecto conxunto miraQvistas.

MiraQVistas pretende promover dous dos mellores miradoiros da Costa da Morte: o miradoiro FURNA DO SAPO en Carnés (Vimianzo) e o miradoiro ÉZARO situado no Ézaro (Dumbría).

O miradoiro de Vimianzo é de recente creación, mentres que o do Ézaro é de comezos dos 90 do século pasado, aínda que a súa maior promoción internacional foi acadada grazas a La Vuelta España de ciclismo, en 2012.

Dous miradoiros situados nas desembocaduras dos maiores ríos da Costa da Morte: o río Grande que desemboca na ría de Camariñas e o río Xallas-Ézaro que desemboca na ría de Cee-Corcubión.

 

 

#Dumbría #Vimianzo #CostaDaMorte #DumbríaéTurismo #MiraQVistas #Ézaro #OÉzaro #mirador #viewpoint #cereixo #fitur #fitur2025 #turespaña 

O Vákner é unha besta salvaxe, cunha presenza tan fugaz e enigmática como perigosa e daniña, que moraba nos montes que separaban a meseta do Xallas e a costa de Fisterra. Nas terras que se interpoñen no Camiño Xacobeo dende Santiago de Compostela ata a fin do mundo dos antigos.

O bispo armenio, Mártir de Arzendján, peregrinou dende o mosteiro de Santo Ciriaco de Norkiegh (península de Anatolia, a actual Turquía) onde residía ata Fisterra. Foi el quen deixou constancia da presenza do Vákner nas terras de Dumbría.

Todo comezaba o 29 de outubro de 1489, cando o bispo Mártir inicia a súa peregrinación por gran parte do mundo entón coñecido e que non concluiría ata 1496. O seu periplo lévao por Constantinopla, Venecia, Ancona, Roma, Constanza, Basilea, Frankfurt, Friburgo, Estrasburgo, Colonia, Espira, Aquisgrán, Besaçon, Flandes, Normandía, París, Étampes, Tours Poitiers, Bayonne, Donostia, Portugalete, Santander, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Oviedo e Betanzos, dende onde chegou a Santiago de Compostela e, tras permanecer alí 84 días, ata o Cabo Fisterra.

O breve relato da travesía ata a vila do Santo Cristo e ao Cabo Fisterra é o seguinte:

“Recibín a bendición de Santiago, púxenme ao camiño e cheguei á extremidade do mungo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo San Pablo e que os francos chaman Santa María de Finisterre.

Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, na cal me topei con gran cantidade de bestas salvaxes e perigosas. Atopamos o vákner, animal salvaxe grande e moi daniño. Dicíanme: Cómo puideches salvarte, cando compañías de vinte persoas non puideron pasar?

Fun de seguido ao país de Holani, cuxos habitantes alimentábanse tamén de peixe e cuxa lingua eu non comprendía. Tratáronme coa maior consideración, levándome de casa en casa e admirándose de que puidese ter escapado do vákner.”

De qué animal aparentemente grande, solitario e temible está a falar Mártir cando menciona ao vákner, singularizado como o peor dunha xeración de bestas salvaxes e perigosas que axexaban aos usuarios desta ruta? É todo un misterio!

Pois só nos queda ir na súa procura para descubrilo! Anímaste?

#DumbríaéTurismo #DumbríaéCamiño #BoCamiño  #TerritorioVákner


Galería de imaxes

O certame literario TERRITORIO VÁKNER ten 2 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬⤵

🐺✍️👨 𝗜𝗜𝗜 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝗘𝗟𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (adultos)

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: maiores de 16 anos.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ á Delegación de La Voz de Galicia, rúa Gran Vía, 84, 1º, 15100, Carballo.
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 🥇 1º premio: 2.000€
    • 🥈 2º premio: 1.000€
    • 📜 10 primeiros: diploma e peza distintiva.
  • 𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 RELATOS DE MISTERIO NO CAMIÑO 

🐺✍️🚸 𝗜𝐕 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (escolar)

  • 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: 2 categorías⤵
    • 🎒 Alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
    • 📁 Alumnado na ESO dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía.
  • 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ a eventos.carballo@lavoz.es
  • 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
    • 🥇 750€ para o colexio ao que pertenza a persoa gañadora de cada categoría.
    • 🎁 3 primeiros: obsequio.
    • 📜 Demais seleccionados: diplomas.
  • 𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 CONTOS DE MISTERIO NO CAMIÑO ⤵

Podes consultar as bases do concurso aquí.