Pasar al contenido principal

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Dende o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ofrécese atención e apoio no propio domicilio ás persoas e unidades de convivencia que o precisen, coa finalidade de favorecer a súa autonomía persoal, a permanencia no entorno habitual e a mellora da súa calidade de vida.

Este servizo diríxese a persoas que presentan limitacións na súa autonomía persoal ou dificultades para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria, así como a persoas e familias en situación de especial vulnerabilidade social para as cales resulte un recurso idóneo.

O programa de Axuda no Fogar inclúe, entre outras actuacións:

  • Atención persoal no domicilio para a realización das actividades básicas da vida diaria.
  • Apoio doméstico e tarefas relacionadas co mantemento da vivenda.
  • Acompañamento persoal e apoio social.
  • Apoio á unidade familiar e de convivencia.

O servizo contribúe á prevención de situacións de risco ou exclusión social, á redución de situacións de crise persoal e familiar, e ao fortalecemento dos vínculos sociais e comunitarios, favorecendo a participación das persoas usuarias na vida da comunidade.

Persoas destinatarias:

  • Persoas maiores.
  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en situación de dependencia.
  • Unidades familiares ou de convivencia en situación de dificultade.

O acceso ao servizo realízase previa valoración profesional por parte dos Servizos Sociais municipais, tendo en conta a situación persoal, familiar, social e económica, de acordo coa normativa vixente.

Programa de información, orientación e asesoramento

Dende o Programa de información, orientación e asesoramento ofrécese unha atención profesional á cidadanía, co fin de facilitar o acceso aos recursos sociais e dar resposta ás necesidades de benestar social das persoas, familias e grupos.

Este programa inclúe entre outras actuacións:

  • Información e orientación sobre dereitos, recursos e prestacións sociais dispoñibles.
  • Asesoramento e acompañamento na realización de trámites e solicitudes.
  • Intervención social básica, a través de atención individual e familiar.
  • Valoración e diagnóstico social das demandas presentadas.
  • Derivación e coordinación cos recursos máis axeitados en cada caso.

Áreas de actuación:

  • Vellez
  • Discapacidade
  • Familia
  • Infancia e mocidade
  • Muller
  • Dependencia
  • Comunidade e exclusión social
Recursos

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2025

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2024

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2023

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2022

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Literario Territorio Vákner. Edición 2025

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Literario Territorio Vákner. Edición 2024

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.

Certame Literario Territorio Vákner. Edición 2023

Miniatura Noticia

Esta página está en proceso de actualización. Próximamente estará disponible el contenido.