Ir o contido principal

A Arte no Ézaro 2026

Miniatura Noticia
𝐎 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, 𝗔 𝗔𝗥𝗧𝗘 volve á praia do 𝗘́𝘇𝗮𝗿𝗼 para recrear a nosa historia e poñer en valor o noso patrimonio inmaterial.
A partir das 11:00 h, daremos vida ás seboleiras que retratou Ruth Matilda Anderson alá polo 1924.
 
Será unha xornada viva onde calquera poderá participar tanto dende o areal como dende o paseo marítimo... Pois poderás 💪🪢 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗮 𝗳𝗼𝘁𝗼𝗴𝗿𝗮𝗳𝗶́𝗮 ou 📷 𝘀𝗲𝗿 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝘀𝗲 𝗮𝗻𝗶𝗺𝗲 𝗮 𝗰𝗮𝗽𝘁𝗮𝗹𝗮 𝗰𝗼 𝘀𝗲𝘂 𝗼𝗯𝘅𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼.
E, ao tratarse do Ézaro, como boas seboleiras e seboleiros, as cebolas tamén estarán presentes, xunto co mar.
Para rematar a xornada, teremos unha sardiñada para todos os participantes.
 
🫵 𝐕𝐄́𝐌𝐎𝐍𝐎𝐒 𝐨 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨, 𝐚́𝐬 𝟏𝟏:𝟎𝟎 𝐡, 𝐧𝐚 𝐏𝐑𝐀𝐈𝐀 𝐃𝐎 𝐅𝐎𝐑𝐂𝐀𝐃𝐎!!
 
Recomendacións de vestimenta:
- Saia longa
- Xersei / camisa de manga longa
- Pano da cabeza
- Mandil, mantón, ...
- NON roupa brillante

A fotografía será en branco e negro. Non importa se só tes roupa de cor

Galería de imaxes

39ª Festa da Praia do Ézaro

Miniatura Noticia
Celebrarase o sábado1 e o domingo 2 de agosto de 2026, na praia do Ézaro (Dumbría).
 
Dous días de actividades para a rapazada e para os maiores.
Un sinfín de xogos, obradoiros e música e circo.
A iluminación da Fervenza co espectáculo O Eco do Ézaro.
 
E o domingo non pode faltar a sardiñada popular!! 
Non perdades os xogos populares e o xa mundialmente famoso baile do cañoto, acompañado de moita música!
 
#DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #Dumbría #Ézaro #festapraiaÉzaro2026 #RedeCultural2026

Galería de imaxes

MONTE PINDO 2026

Miniatura Noticia

Os xoves e sábados dos meses de verán, xullo – agosto – setembro, tes unha cita co Monte Pindo. Trátase da Ruta Pegadas da Historia, unha ruta lineal con saída dende O Fieiro.

​O horario da ruta guiada é dende as 9 da mañá ata as 2 da tarde, aproximadamente, dependerá do ritmo do grupo. Un percorrido de 8 km para coñecer os segredos do Olimpo Celta. É imprescindible inscribirse previamente!

 

RECOMENDACIÓNS:

  • Teléfono móbil con batería cargada.
  • Algo de comer e algo de beber.
  • Roupa e calzado cómodos.
  • No caso de sufrir alerxias ás picaduras de insectos, é aconsellable poñer repelente de insectos.
  • Protección solar: crema e gorra.
  • Chaqueta estilo chuvasqueiro ou cortaventos para a cima, onde soe ventar.

 

​​INSCRICIÓN: https://forms.gle/1pyXKzvhtvmehxN26

Na véspera da ruta, as persoas inscritas serán informadas sobre a ruta, confirmándoselles si se fai ou non, en función do cumprimento do número mínimo de persoas (5) e da previsión meteorolóxica.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro
  • Oficina de Turismo do Ézaro
  • cirmontepindo@gmail.com
  • 662 34 69 27

O ECO DO ÉZARO 2026

Miniatura Noticia

Este verán, 2026, estrease unha nova pasarela dende a cal gozar do novo espectáculo audiovisual O ECO DO ÉZARO. Arranca o sábado 10 de xullo. É un espectáculo único que hai que vir ver!!

Ten lugar nas noites dos venres e sábados dende as 22:30 ata as 00:30 horas.

O acceso é gratuíto, pero é aconsellable vir con tempo para poder estacionar con calma.

--

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea, o Fondo Marítimo da Pesca e Acuicultura 2023-27. Galp Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible. Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Galería de imaxes

O ECO DO ÉZARO 2026

Miniatura Noticia

Este verán, 2026, estrease unha nova pasarela dende a cal gozar do novo espectáculo audiovisual O ECO DO ÉZARO. Arranca o sábado 10 de xullo. É un espectáculo único que hai que vir ver!!

Ten lugar nas noites dos venres e sábados dende as 22:30 ata as 00:30 horas.

O acceso é gratuíto, pero é aconsellable vir con tempo para poder estacionar con calma.

--

Proxecto cofinanciado pola Unión Europea, o Fondo Marítimo da Pesca e Acuicultura 2023-27. Galp Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible. Xunta de Galicia. Consellería do Mar

Galería de imaxes

Campionato de España Sub 17 Volei Praia

Miniatura Noticia

Volve a Dumbría o Campionato de España Sub 17 de Volei Praia.

Será do 13 ao 15 de xullo, no areal do Ézaro

24ª Festa da Familia

Miniatura Noticia
Volve a Festa da Familia á Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas, na que será a súa vixésimo cuarta edición.
Será o 19 de xullo!
 
Reserva de mesa ata o 16 de xullo nas oficinas municipais.
‼️No concello non se dispensarán tíckets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA.
 
Haberá unha pulpeira na que se poderán mercar diversas racións: polbo á feira, churrasco, criollos,...
Coma sempre, tamén podedes traer a vosa propia comida.
 
Actuacións musicais das orquestras Finisterre e Los Key, da charanga O Rumbo e do grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela

Galería de imaxes

ACTIVIDADES CULTURAIS XULLO 2026

Miniatura Noticia

ACTIVIDADES CULTURAIS XULLO 2026

HORARIOS DE VERÁN 2026 NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Miniatura Noticia

HORARIOS DE VERÁN 2026 NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

VIAXE A CANTABRIA

Miniatura Noticia
𝐕𝐢𝐚𝐱𝐞 𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐚𝐛𝐫𝐢𝐚
 
📆 Do 17 ao 20 de setembro de 2026
❗️PRAZAS LIMITADAS. Por rigorosa orde de inscrición
 
Inscricións: ata o 24 de xullo, nas oficinas municipais (𝒑𝒆𝒄𝒉𝒂𝒓𝒂𝒔𝒆 𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒔𝒆 𝒔𝒆 𝒆𝒔𝒈𝒐𝒕𝒂𝒏 𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒂𝒔)
📞981 744 001
Prezo: 350 € / pax.