Ir o contido principal

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ, DE 0 A 6 ANOS.

Miniatura Noticia

Que é a atencion temperá?

Entendese a atención tempera como un conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantilde 0 a 6 anos,

a sua familia e o contorno, 0 seu obxectivo e dar resposta

o antes posible as necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave e que, canto mais axina se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores.

A quen se dirixe a atencion temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no

desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos,

as familias e ao contorno empadroados nos

Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do

desenvolvemento nun neno?

As propias familias, as escolas infantis, os servizos sociais

comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.

No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse a mesma para que acudan ao servizo de pediatria.

A onde debo dirixirme para obter mais informacion?

> Ao servizo de pediatria que deriverá no caso de que

considere a unidade de AT.

> Aos servizos sociais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra,Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

> Aos servizo de orientación do centro educativo no que estea

matriculado o neno ounena.

> Ao servizo da agrupación dos concellos anteriormente

indicados do Servizo de Atención


 


 

Temperà Costa da Morte, chamando aos teléfonos

696 557 782 en PedraMaior,97 Ezaro-Dumbría e ò 696 557 782 Avda Finisterre,12-1º Vimianzo,

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

RUTAS XACOBEAS NA COSTA SOSTIBLE 2024-2025

Miniatura Noticia

Creando a Volta de Gloria


Rutas Xacobeas na Costa Sostible é a nova inciaiativa para o reforzo dos produtos de turismo xacobeo nos que participa a Ría de Muros Noia.

Dous son os obxectivos principais, o reforzo do Camiño de Santiago da Ria de Muros Noia e a creación dun novo produto xacobeo, a Volta de Gloria, que une esta ruta co Camiño de Fisterra Muxía, creando o primeiro itinerario xacobeo circular.

Rutas Xacobeas na Costa Sostible implica á Ría de Muros Noia, a través da ARD Ria de Muros Noia e a varios concellos veciños  da Costa da Morte: Carnota, Cee e Dumbría.  O proxecto ten un presuposto de 220.000 €, e conta co apoio GALP Costa Sostible, grazas ao cal obtivemos unha axuda total de 198.000 €, financiada polo FEMPA-Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (70%, 138.600€) e a Consellería do Mar (30%, 59.400,00).


Compoñentes do proxecto.

-Delimitación dun novo tramo, entre Cee e Muros, que conecta ambos Camiños (o da Ria e o de Fiesterra), creando a Volta de Gloria.

-Sinalización das rutas xacobeas, incluíndo o deseño dos sinais.

-Estratexia de calidade, coa creación dun manual de marca e accións piloto de mellora dos tramos.

-Estratexia dixital de comunicación dos Camiños.

-Edición de material promocional, coa primeira guía por etapas do Camiño da Ría de Muros Noia e a edición de planos específicos: Camiño da Ria, Camiño Marítimo e Volta de Gloria.

-Producción dunha coreografía, coa Escola de Danza Oitos, baseada na historia do navegante e peregrino veneciano, Pietro Querini.

-Participación en feiras e programación de eventos de difusión.


A axuda repártese do seguinte xeito.

ARD Ría de Muros Noia: 140.400 €

Concello de Carnota: 27.000 €

Concello de Cee: 9.000 €

Concello de Dumbría: 8.100 €

Concello de Muros: 13.500 €





Renovación das Instalacions de Alumeado do Campo de Fútbol e do Pavillon Polideportivo de O Conco

Miniatura Noticia

Dumbría mellora as instalación de O Conco para o uso e desfrute dos seus veciños. O obxetivo do Proxecto é a mellora da eficiencia enerxética e o aforro de enerxía.

O Concello de Dumbria ven de realizar a Renovación das instalacións de alumeado do campo de fútbol e do pavillón polideportivo de O Conco.

A inversión desta mellora foi por un importe de 55.939, 35 euros, dos cales o GDR COSTA DA MORTE aportou 38.000 euros, financiados polo plan Leader 2014-2020 cofinanciado por:

> Xunta de Galicia Consellería do Medio Rural

> Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

> Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa Inviste no Rural.

PUBLICACIÓN NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DUMBRIA.

Miniatura Noticia

 

Consulta a listaxe de admitidos:



 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Proxecto para a Mellora do Acceso Peonil á Fervenza do río Xallas no Ézaro. FASE 2.

Miniatura Noticia

Este proxecto conta coa financiación da Unión Europea no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), cunha axuda otorgada ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro “Seo Fisterra Ría de Muros-Noia”, e ten por obxecto establecer a continuidade peonil entre dous ámbitos do recorrido peonil de acceso á Fervenza do Ézaro, adoptando as medidas de accesibilidade.

A actuación terá lugar na marxe dereita da desembocadura do río Xallas. A solución plantexada permitirá acceder á zona máis próxima á fervenza, por un camiño totalmente independente, de uso exclusivo peonil, separado da zona industrial ata alcanzar o tramo final, no que xa existe unha pasarela de madeira.

Dumbría mellora para tí !

 

DENOMINACION DO PROXECTO

Proxecto para a mellora do acceso peonil á fervenza do río Xallas no Ézaro. Fase 2

BENEFICIARIO > Concello de Dumbría

IMPORTE TOTAL DO PROXECTO > 359.677,98

IMPORTE TOTAL SUBVENCIONABLE > 297.254,53 €

PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN > 61,25%

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA > 182.068,40 €

PROXECTO DE COOPERACIÓN (SI/NON) > NON

PROXECTO PLURIANUAL (SI/NON)

> SI

> ANUALIDADES: 2018-2019-2020

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2018 > 31/10/2018

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2019 > 31/10/2019

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN ANO 2020 > 31/05/2020

 
 

 

PROGRAMACIÓN NADAL 2023/2024

Miniatura Noticia

 




Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.



Do 15 ao 21 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática. Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.


> Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.


> Teremos actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.


> Organizamos unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.


Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.


Podes descargar aquí a solicitude:


> E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




PROGRAMACIÓN NADAL 2022/2023

Miniatura Noticia

 




Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.



> Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e doces de Nadal.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.

> Asistiremos a actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.
> Ademais, este Nadal recuperamos a Festa Infantil no Conco. Así que toca xuntarnos todos alí e compartir un día completo de xogos, obradoiros, risas e diversión.

Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.


Podes descargar aquí a solicitude.



> E, por último, tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.


PROGRAMA

> Do 12 ao 16 de decembro

Papá Noel conectará cos nenos e nenas nas clases de informática


> Xoves 22 decembro

>17-20 h. BUSTELO. Manualidades

>17-20 h. BUXANTES. Cociña


> Venres 23 decembro

>16-20 h. CONCO. Manualidades

>18:30 h. BERDEOGAS- MAXIA.

Dani García. Tin


> Luns 26 decembro

>16-20 h. BUXANTES. Manualidades

>16-20 h. CONCO. Cociña


> Martes 27 decembro

>16-20 h. ÉZARO. Manualidades

>16-20 h. OLVEIRA. Cociña


> Mércores 28 decembro

>11-17 h. CONCO. Festa Infantil

Xogos música obradoiros xantar servizo de

transporte polas parroquias... e a actuación de Talía Teatro - Voa voa!

Rede Cultural da Deputación da Coruña.



> Xoves 29 decembro

>16-20 h. BERDEOGAS. Manualidades

>16-20 h. BUSTELO. Cociña


> Venres 30 decembro

>16-20 h. OLVEIRA. Manualidades

>18:30 h. ÉZARO - CONTACONTOS

Fran Rei - Barriga Verde


> Luns 2 xaneiro

>16-20 h. BERDEOGAS. Cociña Martes 3 xaneiro

>16-20 h. ÉZARO. Cociña

>18:30 h. BUXANTES - CONTOS Bandullo Azul. Filipa cos contos de Nadal


> Mércores 4 xaneiro

>18:30 h. OLVEIRA - MÚSICA Paco Nogueiras. Radio BuleBule


> Xoves 5 xaneiro



> Os Reis Magos nas Casas Culturais

15:30h Berdeogas

16:30 h Olveira

17:30 h Buxantes

18:30 h O Ézaro

19:30 h Bustelo

20:30 h Conco


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




PROGRAMACIÓN NADAL 2021/2022

Miniatura Noticia

 


Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.

> Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.
> Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.
> A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.
> Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.
> A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.
> OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.

Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Presentación da primeira novela de Noelia Castro "En brazos de otro amor".

Miniatura Noticia

O venres 22 de xuño terá lugar nas instalacións do Conco a presentación da primeira novela de Noelia Castro, veciña de Buxantes.

Trátase dunha novela romántica ambientada no século XIX e titulada En brazos de otro amor.

Convidámosvos a todos e todas a que a acompañedes ese día.

 

DATOS BIOGRÁFICOS >

Noelia Castro Lourido (Anseán, Dumbría, 1979) acaba de publicar a súa primeira obra titulada "En brazos de otro amor". Escritora afeccionada, publicaba as súas historias na rede social Wattpad, unha aplicación que permite crear e compartir contidos con outras persoas. Os usuarios poden publicar artigos, relatos, blogs, fan-pics, ciencia fición e historias sobre temas diversos, xa sexa en línea ou a través da aplicación. Podedes seguir as creacións da autora, que agora sae á luz pública coa publicación do seu primeiro libro. Con este motivo quixemos facerlle esta entrevista, e tamén convidarvos á presentación do mesmo, que terá lugar o venres 22 de xuño ás 20:00h na Biblioteca do Conco, no Concello de Dumbría.

 

O LIBRO >

Título: En brazos de otro amor

Autor: Noelia Castro

Editorial: Ediciones Brisa del Sur

Precio de venta: 21€

 

SINOPSE > Heather y Jason son jóvenes y entre ellos surge algo mucho más profundo que no quieren reconocer. Entre tanto aparecen personajes interesados en ni Heather ni Jason se den ninguna oportunidad para que esa relación siga adelante. La propia Heather se encuentra entre lo que siente por Jason, y lo que siente por Gray, un joven lord que conoce en el colegio y cree estar enamorada de él. ¿Quién se ganará finalmente el corazón de Heather?

 

ENTREVISTA > 1. Como xorde a idea de escribir, título do libro? O libro titúlase En brazos de otro amor. A idea de escribir xorde en abril do ano pasado cando coñecín en internet a plataforma Wattpad, na que se poden ler historias de outras persoas ou escribir, como é o meu caso. Xerou en min unha inquietude e fíxome pensar que se outras persoas eran capaces de escribir unha historia ,por que eu non o podía facer tamén?. E aquí estou, presentando o meu libro. Se vos interesa seguirme soamente tedes que descargar a aplicación e buscarme co nome de Noelia Castro Lourido. 2. De que trata a obra? A obra narra a historia de amor entre Heather e Jason, dous rapaces novos que se namoran, ambientada no Londres do século XIX, pero que para ese amor sexa posible, os protagonistas teñen que pasar unha serie de adversidades para, ao fin, poder felices para sempre. Ó longo da historia os protagonistas viven momento felices, pero tamén son moitos momentos difíciles os que teñen que afrontar por culpa de personaxes egoístas e manipuladores. 3. Dende cando escribes, tes outras publicacións? Fai un ano que comencei a escribir. De momento non teño ningún libro máis publicado. 4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras? Para min escribir é algo especial que non podo explicar con palabras. Cando escribes estás transmitindo unha historia que nace do teu interior. Poder chegar a tanta xente a través das letras é todo un honor e un pracer, ver que as horas que pasas escribindo teñen a súa recompensa, que é o que realmente queremos os escritores, que desfruten dunha boa historia e que se sintan en conexión co autor. 5. Cóntanos como estás vivindo este momento no que a túa obra vai ver a luz pública. En este momento estou feliz e moi emocionada de que a miña historia vaia ser publicada. Cando empecei a escribila non pensei que este momento me ía pasar tan pronto. Iso quere dicir que o meu traballo ao longo do ano mereceu a pena por tanto esforzo e horas de dedicación e que é unha bonita historia que a xente merece desfrutar. 6. A quen admiras como escritor ou escritora? Admiro moito as escritoras de novela romántica como Diana Palmer Candace Camp, Brenda Novak, Julia London, entre outras. Admiro a moitas máis, poño estas tres para que as coñezades. 7. Que consellos lles darías os nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis? Pois eu diríalles que ler é algo máxico que che permite desfrutar dun sinfín de aventuras sen moverte de sofá da casa. A parte de que é unha actividade moi boa para manter o cerebro e a mente activos. 8. Tes algún libro máis pendente de publicar? Sí, estou preparando a miña segunda novela "Matrimonio por venganza", que, se todo sae ben, creo que verá a luz o próximo ano. 9. Que libro ou libros estás lendo neste momento? Nestes momentos estou acabando de ler a novela de Julia London "Los peligros de perseguir a un duque". 10. Gústache ler en dixital ou prefires en papel? Gústame ler tanto en papel como en dixital. Pero gústame máis o contacto co libro na man e ir pasando as páxinas segundo vas lendo. 11. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar? Esta é unha pregunta algo complicada porque na Costa da Morte están xurdido escritores fantásticos. Pero o autor que más me chega ao corazón sen dúbida algunha é Xaime Trillo.

 

Preinscrición Actividades Culturais e Deportivas no curso 2021/2022

Miniatura Noticia

 


Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

> Apoio escolar
> Inglés
> Informática
> Teatro Infantil (mín. 6 anos) e Xuvenil
> Gaita (mín. 8 anos) e percusión (mín. 4 anos). Gaiteiros de Buxantes
> Pandeireta. ACDR As Neves
> Zumba infantil ( de 4 a 14 anos)
> Fútbol (para nenos e nenas de mín. 4 anos)
> Escola fútbol feminino (nacidas de 2008 a 2013)
> Voleibol (mín. 8 anos)
> Piragüismo (mín. 8 anos e nadar)

 


ACTIVIDADES ADULTOS

> Informática
> Teatro
> Manualidades
> Clases de apoio Educación Secundaria Adultos
> Gaita e Percusión. Gaiteiros de Buxantes
> Pandeireta. ACDR As Neves
> Pilates (+ 14 anos)
> Zumba (+ 14 anos)


𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 8 𝐝𝐞 outubro cubrindo o formulario https://bit.ly/3EAE7jr

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

+ info Concello: 981 744 001 (Se queres que che axudemos a cubrir o formulario, pasa polas Casas Culturais ou chama ao Concello).

PRAZAS LIMITADAS DEBIDO Á NORMATIVA ANTI-COVID. Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, os horarios e as localizacións das actividades.




 




 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001